25 feb. 2013

ALBORADA PARA ROSALÍA

Hoxe, 25 de febreiro, conmemoramos o 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Este ano ten maior relevancia por se cumprir 150 anos da publicación de CANTARES GALLEGOS, obra que da inicio ao Rexurdimento da literatura galega.
Iniciamos a xornada escoitando unha ALBORADA e o poema de Cantares co mesmo título.
Durante a Hora de ler tivemos APADRIÑAMENTOS ROSALIANOS. Os padriños e madriñas leron e ilustraron cos seus afillados poemas de Cantares Gallegos.




Todos os alumnos levaron como agasallo un MARCAPÁXINAS cun anaquiño do primeiro poema  do libro CANTARES GALLEGOS.
Cos poemas dos apadriñamentos fixemos un libriño.
 

No hay comentarios: