30 de maio de 2013

"LINDA Á ESPREITA"

Hoxe visitounos na BIBLIOTECA Iago o contacontos. Contounos a divertida historia dunha vaca chamada Linda.

 Temos o libro no noso catálogo por si alguén lle interesa volvelo a ler.

29 de maio de 2013

OBRADOIRO DE NÓS MARIÑEIROS

   Hoxe estiveron con nós LUÍS, o papá de Ainara e Aixa, e JOSUHA, exalumno do centro, impartindo unha clase maxistral de nós mariñeiros, imprescindibles no traballo do mar.
   Nós fixemos un ÁS DE GUÍA.

























 

MOITAS GRAZAS POLO VOSO TEMPO


UNHA OBRA DE ARTE DE JOSUHA PARA A NOSA BIBLIOTECA!!!



28 de maio de 2013

OBRADOIRO DE REDES

  Dentro da programación da Semana Cultural e coa temática do mar, hoxe visitou a nosa biblitoteca Manola Bamio, expresidenta da asociacíon de redeiras do Morrazo.
   Pensabamos que as redeiras só cosían as redes cando estaban rotas, pero o seu traballo consiste en facelas. Ten un gran coñecemento das artes de pesca.
  AGRADECEMOS MOITO A SÚA VISITA.

   Bibliotecas escolares de Galicia amosa polo miúdo este oficio tan importante na actividade marítima das nosas costas.

24 de maio de 2013

TELEXORNAL MONTEMOGOS

  No 150 aniversario da publicación de "CANTARES GALLEGOS", a comunidade educativa de BELUSO quere facer unha pequena homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO, unha muller da nosa terra que foi quen de por en valor a LINGUA
GALEGA.


                   

A QUÉ SABE A LÚA?

Os nenos e nenas de 6º de infantil actuaron nos XOVES DE CONTO. O conto que nos trouxeron foi: A qué sabe a Lúa?.
MOITAS  GRAZAS POR FACELO TAN BEN!!!
POR CERTO A NOSA LÚA SABE A...PAN!!!

22 de maio de 2013

DÚAS MAMÁS CONTACONTOS

  Nesta ocasión os contos veñen das familias a visitar a nosa biblioteca.
  Sari e Azucena prepararon dous contos con sorpresas. "A LÚA LADRONA" e "HAMBRE DE LOBO"





ESPERAMOS QUE HAXA MÁIS VISITAS. MOITAS GRAZAS!!!

21 de maio de 2013

MIRO MAGARIÑOS

  Un ano máis Miro Magariños visita o noxo  colexio na Semana Cultural.
Nesta ocasión sorprendeunos co TEATRO DE SOMBRAS titulado "O DERRADEIRO DRAGÓN"



Moitas grazas!


Podemos ver máis noutros blogues do colexio.


20 de maio de 2013

Lili y la perla

  Dentro da programación da semana cultura e coa temática do MAR, hoxe  gozamos  da compañía de  SARI, unha  mamá  CONTACONTOS.
  GUSTOUNOS  MOITÍSIMO!
GRAZAS  E  ATA  PRONTO.
 
Máis no blogue de infantil.

18 de maio de 2013

18 MAIO DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Inauguración del Día Internacional de los Museos 2013


Hoxe 18 de Maio celebramos o DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS. Aquí moi preto,  temos un muy interesante o " MUSEO MASSÓ". Aproveitade para visitalo.

17 de maio de 2013

17 de maio

CELEBRAMOS O DIA DAS LETRAS GALEGAS. ESTA É A NOSA HOMENAXE A NOSA LINGUA

16 de maio de 2013

O MEU LIBRO FAVORITO

    Despois da masiva participación na ilustración do "meu libro favorito", algúns  alumnos quixeron tamén contalo.

15 de maio de 2013

SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS 2013

Un ano maís iniciamos a "SEMANA ESPECIAL" do curso.
Este é o programa deste ano


11 de maio de 2013

"O GALEGO, A CHAVE DO MUNDO". CORRELINGUA 2013

    Un ano mais, alumnado do CEIP Montemogos, participou no Correlingua do Morrazo. 
   Nas diferentes titorías decoraron unhas camisetas, quedaron moi mariñeiras.
   Os máis cativos disfrutaron de xogos como a pita cega, pica parede, trompos, aros... e na confección do mural, mentres os maiores acompañaron a marcha polas rúas de Bueu.
      Logo todos asistiron a sesión de maxia e bailaron coas cancións de LUIS  PREGO.
 
UN DÍA MOI DIVERTIDO! 
    Nos diferentes blogues dos ciclos podedes ver o ben que o pasamos todos.
   
    A organización do Correlingua fixo un traballo excelente, MOITAS GRAZAS.
 

1 de maio de 2013

PRESENTACIÓN NO MUSEO MASSÓ


PRESENTACIÓN DO VIDEO

Historia dun museo que medrou dentro dunha fábrica de conservas, o MUSEO MASSÓ
A presentación e primeira proxección deste breve filme de 8 minutos de duración está adicado ao público máis cativo.

Tralo visionado, escoitaremos un Conto ilustrado relacionado co mundo do mar a cargo do colectivo Polo Correo do Vento.

A entrada é de balde e para todos os públicos

QUE SUBA O PANO

 As vindeiras semanas poderemos disfrutar  da exposición itinerante 
"Fondo Teatral María Casares" de material bibliográfico  sobre teatro. 
 Este fondo da Biblioteca Central de Cangas, é o resultado dun convenio 
asinado no ano 1995 entre o Concello de Cangas, a compañía 
 "Teatro de Ningures" e a "Revista Galega de Teatro"
MARIA  CASARES