19 nov. 2013

ELENA PONIATOWSKA, PREMIO CERVANTES 2013

   O  Premio Cervantes 2013 concedeuselle  a Elena Poniatowska , autora de máis de 40 libros, é unha das máis destacadas periodistas e escritoras mexicanas, moi vinculada con temas sociais. 
   Naceu en París no 1932, ten o título de princesa por ser tataraneta do último rei de Polonia. Con 10 anos a familia estableceuse en México, nacionalizouse no 1969. Di que é "máis mexicana que o mole".

     Só catro mulleres recibiron este galardón nos seus 38 anos de historia: as españolas María Zambrano (1988) e Ana María Matute (2010) e a cubana Dulce María Loynaz (1992). Este Cervantes con nome de muller coincide co Nobel 2013 a Alice Munro
   Entre os galardóns de Poniatowska estánRómulo Gallegos no 2007 por "El tren pasa primero", o Biblioteca Breve no 2011 por "Leonora", o  Alfaguara de novela no 2001 con "La piel del cielo".


"As mulleres son as grandes olvidadas da historia. Os libros son a mellor forma de rendirlles homenaxe"

No hay comentarios: