10 oct. 2014

PREMIO NOBEL DA PAZ

Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi, Premios Nobel da PAZ 2014



                                      Malala Yousafzai            Kailash Satyarthi

 De Kailash Satyarthi, o Comité destacou a súa "gran valentía persoal" que lle levou a liderar protestas e manifestacións pacíficas, para denunciar a explotación infantil. "Contribuíu ademais ao desenvolvemento de importantes convencións internacionais dos dereitos dos nenos".

No caso de Malala Yousafzai,  recalcouse que "a pesar da súa xuventude, xa loitou durante varios anos polo dereito das nenas á educación e mostrou co seu exemplo que nenos e mozos tamén poden contribuír a mellorar a súa propia situación". 
Ao premiar un hindú e unha musulmá, a un indio e a unha paquistaní, quixeron tamén apostar por "unha loita conxunta en favor da educación e en contra dos extremismos".

No hay comentarios: