28 oct. 2016

"UNHA BIBLIOTECA DE MEDO"

Nesta semana do Samaín organizamos diversas actividades.
Comezamos o luns con curtametraxes de medo,como xa vos contamos, para celebrar o Día das bibliotecas. Ademais todo o alumnado foi enchendo a entrada do colexio con cabazas "Dcine".
O xoves os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria percorreron todas as aulas para "asustarnos"a todos e todas facendo unha posta en escena da Santa Compaña.
Rematamos a semana de medo coa saída ao cine de Seixo (alumnado de 4º,5º e 6º e primaria) para ver "Maléfica , así como visitar a antiga sala de proxección que data do ano 1943!!!
 O resto do alumnado disfrutou de sesión de cine na biblioteca coa curtametraxe "Fiz o coleccionista de medos" , baseado no conto homónimo da editorial OQO.













 UNHA SEMANA TERRORÍFICA!!

No hay comentarios: