30 ene. 2017

DÍA DA PAZ!!

Ao longo desta segunda quincena de xaneiro vimos desenvolvendo diversas actividades relacionadas coa paz e non violencia.
Partindo da película Toy Story traballamos valores : A AMIZADE, O RESPETO, A CONVIVENCIA, A LEALDADE,A AUTOESTIMA...presentes no film.
Elaboramos un mural colaborativo para entrada do colexio baixo o título Que é a un amigo/a?.
Traballamos á poeta Gloria Fuertes´, pacifista a ultranza, con motivo do "Centenario do seu nacemento", e poemas como "Sólo tres letras", "Vendría la paz"...
Hoxe, como colofón, xuntámonos todos e todas no Salón de Actos para cantar a canción "Hay un amigo en mí" da banda sonora da película   e facer o  "Baile da Paz" do disco "A bruxa da discordia" de Mamá  Cabra.
Rematamos cun video-conto realizado polo alumnado de 5º de Ed.Infantil "A pomba Mari Paz" axudados por Diego e Lara de 4º curso de primaria que lle puxeron voz á narración.









No hay comentarios: