8 mar. 2017

MARZO "MES DA MULLER"

Este ano,relacionado co noso PDI, na entrada do colexio temos unha pequena exposición sobre "Mulleres Dcine". Partindo dela propoñemos un concurso no que os nenos e nenas poderán participar cubrindo un breve cuestionario sobre unha desas mulleres famosas.

 



 Lecturas de mulleres destacadas na historia, polos recunchos para autoempréstito, na Hora de Ler.



Celebramos o  "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"  asistindo,os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, ás estreas das curtas realizadas polo alumnado dos colexios e institutos do concello a favor da igualdade. Estas curtas forman parte do proxecto ExpresArte! patrocinado polo Concello de Bueu, CIM de Bueu e a Deputación de Pontevedra.O acto tivo lugar no Centro Social do Mar de Bueu .







Os demais nenos e nenas visionaron a película ZOOTRÓPOLIS no colexio.
Agardamos estrear no colexio, en datas próximas, as curtas protagonizadas polos nosos alumnos e alumnas: "Sara e Bruno" e "Igualdade sen fin,igualdade interminable" !!


No hay comentarios: