26 abr. 2017

SAIDA AO COLEXIO DE "A PEDRA"

Con motivo do "día do libro",o  CEIP "A Pedra" de Bueu invitou ao alumnado de 4º e 6º de primaria a compartir unha xornada moi especial.
Primeiro, na biblioteca de  "Papirus" que é así como chaman á súa mascota, coñecimos aos nenos e nenas de 4º A de primaria que farían de padriños lectores para os nosos nenos e nenas de 4º, aos que con anterioridade lle enviaron unha invitación personalizada.



Despois vimos a  exposición de "O Principiño"que teñen na súa biblioteca.Trátase de 78 libros de diferentes partes do mundo, cedidos por unha nai de alumnos do colexio.
 Gustounos moitísimo!!!




 Fixemos unha parada para merendar todos xuntos.Todo estaba riquísimo!!


Na Hora de ler, disfrutaron lendo en compañía dos seus "padriños" polo patio:


Os nenos e nenas de 6º Curso "Voluntarios lectores", do noso colexio, agasallaron aos nenos e nenas de 1º de Primaria coa dramatización do conto "O monstro de cores". Fixéronno mi ben!!

Rematamos a xornada cunha breve "Historia do cine" contada pola encargada da biblioteca do Ceip "A Pedra"axudada por alumnos/as  de 4º de primaria do noso cole.


Un día realmente enriquecedor, moitísimas grazas pola invitación.
 Agardamos a vosa visita. Estades convidados!!!!

No hay comentarios: