11 may. 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS!

Onte, no salón de actos, estiveron Quique Mauricio (autor) e Carlos Taboada (ilustrador ) dos libros da  colección MULLERES GALEGAS da editorial LELA.
Con eles descubrimos a vida e obra da pintora Maruja Mallo. Rematamos facendo, coa axuda de Carlos, unhas caricaturas chulísimas!!
Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil fixeron un traballo en colaboración co alumnado de 3º de primaria sobre o libro "Meiga nova,metade anxo,metade marisco"  que onte nos presentaron, aquí vos deixamos o enlace para que lle botedes unha ollada:http://educacioninfantilbeluso.blogspot.com.es/

 Tamén nos firmaron os nosos libros,cunhas  fermosas adicatorias!!!

Moitísimas gracias por adicarnos parte do voso tempo, un verdadeiro placer!!!

No hay comentarios: