Páginas

25 de abr. de 2013

XOVES DE CONTO

    Outro grupo de 2º de primaria representou hoxe o conto "COCORICO".  
Os máis pequenos do cole disfrutaron moito coa actuación e participaron do PICO TI, PICO TA.
   FOI ESTUPENDO!   
            
 APLAUDIRON A RABIAR.
Recomendamos que visitedes o blogue "OS LARETAS"  do 1º ciclo de primaria. Podedes ver o vídeo da actuación.

24 de abr. de 2013

A VISITA DE OLI



Hoxe os nen@s de Infantil e os do 1ºCiclo recibiron a visita de OLI .
Estiveron moi atentos as súas historias: Once damas atrevidasArturO pirata pata de lata ...
Falounos tamén de "Leocadio,o León"co que disfrutamos moito no 1ºCiclo.
Ao final,firmou os nosos exemplares .
Grazas OLI por compartir con nós uns momentos tan agradables!

Oli

O mércores 24 de abril estará con nós un escritor da nosa contorna:  Xosé  Manuel González, OLI
Nacido e residente en Cangas. É profesor, escritor, traductor e especialista en literatura infantil.

Os libros de Oli 
OBRAS:

1989: Este é o medo?
1997: Iria e a lúa
1998: O pirata pata de lata
2001: Aníbal quere encoller
       Once damas atrevidas
2002: Un problema grande
2005: Conto para non comer
2009: Leocadio, o león
2011: Artur



22 de abr. de 2013

ABRIL LIBROS MIL

ABRIL, mes dos libros.

Aquí vos deixamos o programa de actividades para esta semana. Esperamos que vos resulten interesantes!

Martes 23
    - Entrega na biblioteca do libro aberto co fragmento do teu libro favorito. 
    - Durante a Hora de ler Apadriñamentos lectores.                                                        
Mércores 24: Visita de Oli.
Xoves 25: Xoves de conto.


 O mellor agasallo, un libro.



20 de abr. de 2013

COCORICO en "XOVES DE CONTO"

Un xoves máis na Hora de Ler  tivemos na biblioteca  a actividade: "XOVES DE CONTO".
Esta vez foron os nenos e nenas de 2º curso os que nos dramatizaron  "COCORICO".
Fixéronno realmente ben!



12 de abr. de 2013

JOSÉ LUÍS SAMPEDRO

   
José Luis Sampedro, un escritor e humanista español que nos deixou o domingo 7 de abril.

Sampedro era un lúcido xenial do noso tempo. Criticou ata a saciedade a preeminencia dos "intereses" en detrimento dos "valores". Prologuista da obra de Stephahe Hessel, "Indignaos", tamén recentemente falecido, deixou  dito no prólogo unha boa dose de sentido común, de implicación social e de humanidade.
Autor de obras tan importantes como : "La sonrisa etrusca", "Octubre,Octubre","La vieja sirena"...

9 de abr. de 2013

Vidal Bolaño

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo, entre outras mil actividades que levou a cabo; home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral. El mesmo defíníase como "un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas."
As bibliotecas escolares galegas iniciaron xa o seu labor de sensibilización, información e apoio ao profesorado dos seus respectivos centros, co fin de que o alumnado coñeza e goce da obra deste autor e procurando, tamén, que aprendan a amar a través das actividades, un xénero literario e unha expresión cultural esencial para unha sociedade democrática e unha poboación culta. Seleccións de recursos, propostas de actividades, materiais para a busca documental, iniciativas para espertar o gusto polo teatro, comezan a difundirse. Velaquí algúns exemplos:
CEIP Condesa de Fenosa (O Barco): Roberto Vidal Bolaño. Unha vida de teatro (Presentación Prezi)

Procura do tesouro: Roberto Vidal Bolaño

Outros recursos dispoñibles:

 Seminario Galán (Seminario Permanente do CEIP Galan, Oseiro-Arteixo): Roberto Vidal Bolaño

Real Academia Galega

Rede Lectura: Ai veñen as Letras!

Espazo Abalar: Roberto Vidal Bolaño. Recursos


Os mozos e mozas do CPI dos Dice-Rois (Rois, A Coruña) remítennos o seu telexornal sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño. Parabéns a todos e todas, e o noso agradecemento pola xenerosidade de poñer estes materiais a disposición de todos os centros.


5 de abr. de 2013

PIRATA PATA DE LATA

O xoves, 4 de abril, os compañeiros e compañeiras de 5º de Infantil recitaron na Biblioteca "O pirata pata de lata" escrito por Oli. É a historia dun pirata especial narrada en verso.
Moitas felicitacións pola vosa marabillosa interpretación!!!

3 de abr. de 2013

A VISITA DE MARC TAEGER E OLALLA GONZÁLEZ

Unha visita especial por cortesía da editorial KALANDRAKA
O video contén un pequeno fallo. O nome de MARC  aparece  rematado en K, cando debera estar rematado en C. As nosas desculpas polo erro

Máis fotos e debuxos no BLOGUE E.I.