Como remate final, aquí tendes unhas recomendacións para pasar un bo verán!
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
Páginas
▼
22 de xuño de 2015
19 de xuño de 2015
MOITO QUE CELEBRAR!
Hoxe foi un día de celebracións por todo o alto! Por un lado,os nenos e nenas de 6º curso celebraron o seu acto de GRADUACIÓN coa representación da obra de teatro "O traxe do emperador",bailes e recollida de diplomas.
Por outro lado, celebramos o premio ao "Voluntariado de lectura" otorgado dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares polas actividades desenvolvidas ao longo deste curso por un grupo de nenos de 6º curso e polo cal a consellería lle otorgou uns Diplomas de recoñecemento e unhas camisetas chulísimas.
Todo un orgullo para a nosa biblioteca.Continuaremos para o vindeiro curso traballando nesa dirección.
Deixamos unha mostra deste día cargado de emocións!!!

ENHORABOA A TODOS E TODAS !!!
18 de xuño de 2015
ARTISTAS!!
Temos na entrada do colexio unha mostra de cadros de nenos e nenas do colexio fermosísima!
Aquí tendes unha mostra:
Aquí tendes unha mostra:
ANIMÁDEVOS A VISITALA!!
17 de xuño de 2015
ÚLTIMO DÍA DE VOLUNTARIADO!
OS PITIÑOS!!
10 de xuño de 2015
PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS 2015!
O escritor cubano Leonardo Padura(A Habana, 1955) gaña o Premio Princesa de Asturias das Letras 2015.
UNHA GRAN CLARINETISTA!
Hoxe, os nenos e nenas de Ed.Infantil poideron escoitar ,en directo, o son do CLARINETE da man de Ainara (alumna de 6º de Primaria).Un concerto estupendo, quedamos encantados!
MOITÍSIMAS GRACIAS , ESPERAMOS ESCOITARTE EN MÁIS OCASIÓNS!
5 de xuño de 2015
UN DRAGÓN A DIETA!
Hoxe, na Hora de Ler , o alumnado de 1º e 2º curso de primaria tiveron unha sesión de "contacontos" a cargo de dúas nais de alumnos de 2º curso ,a nai de Marcos e a nai de Jose, que viñeron acompañadas dun dragón moi tragón. Velaí os deixamos unha mostra da súa actuación:
Moitísimas gracias pola vosa fantástica participación!
AMANDA E O DRAGÓN !
Onte, os menos e nenas de infantil poideron escoitar unha preciosa historia da man de catro nenos de quinto de primaria: Carmen, Iris, Alex e Giovanni .
MOITAS GRACIAS POR COMPARTIR CON NÓS AS VOSAS CREACIÓNS!!!
1 de xuño de 2015
DIA DA CIENCIA EN GALICIA
A Real Academia Galega de Ciencias(RAGC) celebra hoxe, día 1 de xuño, o "DÍA DA CIENCIA EN GALICIA" que este ano rende homenaxe por vez primeira a unha muller, a oceanógrafa ferrolana Ángeles Alvariño(1916-2005), pioneira no estudo do medio mariño.
![]() |
(Preme na imaxe para máis información) |