Páginas

30 de out. de 2024

SAMAÍN 2024

Un ano mais celebramos a nosa festa tradicional “O Samaín” ao longo da mañan do día 30    de outubro, pero xa durante a semana estivemos decorando as portas monstrosas, calacús  en familia, o recuncho das lecturas de medo e a decoración do corredor e entrada da ANPA. O día 30 tivemos a Santa  Compaña polos corredores do centro, a merenda terrorífica, os obradoiros Samaín e os premios para a mellor porta monstrosa e calacú. Tamén tive



O     PASEO POLO CORREDOR DO ALUMNADO DE SEXTO COMO “A SANTA COMPAÑA”










· 

         CALACÚS SAMAÍN, AS PORTAS MONSTROSAS REALIZADAS POR CADA AULA E              MONSTRUÍÑOS PARA AS PAREDES DOS CORREDORES.








   







       OBRADOIROS SAMAÍN















EXPOSICIÓN CALACÚS DAS FAMILIAS










O RECUNCHO DAS LECTURAS DE MEDO







DECORACIÓN ANPA



















 












O









28 de out. de 2024

MINUTOS MUSICAIS!


 


Para a semana do Samaín escollemos a canción O Samaín de Uxía lambona e a Banda Molona.

24 de out. de 2024

Día das Bibliotecas

 Hoxe tivemos unha representación teatral polo Día das Bibliotecas. Cinco xéneros literarios tiveron que descubrir o misterio de quen eran e de onde viñan, todo organizado polo terrible... teatro!

Coa participación de catro familias (Álex, Antía, Arantxa e Maika) e dous profesores (Xosé Manuel e Bruno), a obra foi representada para todo o alumnado que se mostrou moi participativo e entusiasmado. Ao final, fomos, como non podía ser de outra maneira, á biblioteca para crear unha historia improvisada e dialogar sobre os motivos polos que nos gusta este espazo. 










Presentación de "As tres vidas e as catro mortes de Roberto Seoane"

 Mañá, 25 de outubro, o escritor Serafín Parcero Pérez presentará o seu último libro na Casa do Pobo de Beluso: "As tres vidas e as catro mortes de Roberto Parcero".


 Animádevos a asistir!

Grazas a ASBEL por organizar este encontro literario!

22 de out. de 2024

Apertura da biblioteca!

 O venres 18 visitounos Tito Otero, un mestre xubilado que dende os 15 anos anda a percorrer o mundo. As súas viaxes levárono a cinco dos seis contenintes (na Antártida non estivo), e en algún deles visitou todos os países contidos! Menudas historias viviu e cantos recordos trouxo consigo.

O proxecto documental deste ano é "Imos de viaxe!" así que pareceunos que podía ser unha boa idea relacionar as súas aventuras con algúns títulos da biblio para que as rapazas e rapaces sepan que, se teñen curiosidade, poden atopar todo nestas catro paredes (son algunhas máis, pero quen as conta...).

Os/as estudantes puideron escoitalo en dúas tandas: unha primeira de 40 minutos para infantil ata 2º de primaria; e unha segunda de 55 minutos de 3º a 6º de primaria. 

Quedaron abraiados!







21 de out. de 2024

MINUTOS MUSICAIS!

 




Tanxugueiras é un grupo de pandeireteiras  formado por Aída Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co xénero da música tradicional galega tratando de darlles ás pezas unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao estilo da world music ou mesmo do pop.

14 de out. de 2024

MINUTOS MUSICAIS!


 



Esta semana que imos celebras o Día do Libro escollemos para os Minutos Musicais a canción de Paco Nogueira "Nun libro".

7 de out. de 2024

MINUTOS MUSICAIS!


 






A banda da Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando popbluesfolkrock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular.

Discografía:

·       Bailando as rúas (2017)

·       Fábrica de luz (2019)

·       Hasme oír (2021)

·       Xabón lagarta (2022)

·       Lovismo (2025)