Páginas

27 de nov. de 2024

Mes da Ciencia nas Bibliotecas: parte 2

 Bo día 

Como vos adiantara na derradeira mesaxe, polo Mes da Ciencia nas Bibliotecas íamos ter máis actividades e vaia se tivemos. O venres todo o colexio pasou en distintas horas polo laboratorio a ver, disfrutar e parender cun experimento sobre a reflexión da luz, empregando un láser, espellos e auga. Os cursos máis altos aprenderon tamén a diferencia entre un láser e unha linterna, así como solucionaron as dúbidas que foron xurdindo. Comezaron algo tímidos e tímidas, pero logo non paraban de preguntar!

E aínda queda algo máis que chegará a semana que ven! (Aínda que non sexa novembro, pero alargámolo 😎).













25 de nov. de 2024

MINUTOS MUSICAIS!


 



Uxía lambona e a Banda Lambona é un grupo formado por Serghaño, Roscon, Ñoc, Pali, Abraham e Uxía que recollen os clásico populares galegos e dánlle o seu toque particular.

19 de nov. de 2024

Mes da Ciencia nas Bibliotecas: parte 1

 Boas tardes!

Novembro é o Mes da Ciencias nas Bibliotecas, polo que temos nos corredores unha interesante selección de obras relacionadas con mundo que nos arrodea: hai algúns lixeiros, outros máis densos; algúns cheos de experimentos e outros con explicacións teóricas aos misterios do universo coñecido... Se queres descubrir todo soamente tes que escoller un!


Hai máis! Dentro de pouco comezará un ciclo de experimentos onde todo o colexio participará. Dentro da temáticas "Imos de viaxe!", veremos como funciona o láser e como o podemos empregalo para escoller o destino ao que nos gustaría viaxar... Que tentador!

Por último e non menos importante, celebramos que Arturo Sánchez Cidrás será nomeado fillo adoptivo de Bueu polas súas contribucións. El fora un antigo profesor e gran colaborador da bilbioteca, así que participante do club de lectura. Noraboa Arturo!



18 de nov. de 2024

MINUTOS MUSICAIS!


 



María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés ou SES, nada na Coruña, é unha cantautora galega de orixe bergantiñá.


12 de nov. de 2024

MINUTOS MUSICAIS!


 


A semana que imos celebrar o Magosto imos entrar ao cole a ritmo de rap co "Rap do Magosto".

MAGOSTO 2024

 O martes 12 de novembro celebramos o Magosto  con xogos e castañas.

Este ano participou con nós na elaboración de xogos a Asociación Corredoiras. Estiveron moi divertidos e moi ben explicados polos usuarios e usuarias polos membros de Corredoiras.

Os equipos estaban formados por nenas e nenos de diferentes idades que ían rotando polas diferentes estacións. Rematamos cunha castañada moi ben asada por membros da ANPA.































4 de nov. de 2024

MINUTOS MUSICAIS!

 



Os grupos Dakidarria e Nao uníronse baixo o nome Dakidanao para gravar este temazo que leva o nome de "Poñer a vida en proa".