Páginas

16 de dec. de 2024

MINUTOS MUSICAIS!


        Rematamos este trimestre coa fermosísima canción de Nadas da TVG "Vivamos xuntos o Nadal" de Noa Antepazo, Juan Antonio Antepazo e Arturo Sabugueiro.


CALENDARIO ESCOLAR

 Este curso o calendario vai sobre o PEI Imos de viaxe! Nel aparece un lugar de Galicia cada mes para poder ir a visitar e coñecer.






                                            XANEIRO

                                           FEBREIRO
                                        

                                           MARZO

E así, ata completar os meses do ano.

9 de dec. de 2024

MINUTOS MUSICAIS!

 



                Esta semana comezamos con esta fermosa canción que leva por título "O teu nome por mar e terra"

5 de dec. de 2024

Obradoiro de "Abrapalabra" con Pablo Otero

 Bo día

O mércores 04, o alumnado de 5º e 6º de primaria puido disfrutar do obradoiro "Abrapalabra" a cargo de Pablo Otero. Foron dúas horas máxicas! As actividades plantexadas buscaron motivar a participación das nenas e nenos, mostrándolles como as palabras poden dar moito máis xogo do que pensaran. 

Saúdos






3 de dec. de 2024

Mes da Ciencia nas Bibliotecas: Parte 3

 Bo día!

O venres, a piques de rematar novembro, tivemos a vista de Álex e Guadalupe, familiares do colexio que se transformaron en científicos para aproximarnos diversas experiencias sobre a luz e o vacío cunha enchente de materiais que nos deixaron abraiados. Moitísimas grazas pola vosa dedicación. Dende infantil ata sexto de primaria non podíamos facer outra cousa que mirar coa boca aberta!







2 de dec. de 2024

MINUTOS MUSICAIS!

 



Heredeiros dá Crus é un grupo de rock galego fundado en 1992 no municipio coruñés de Ribeira. Caracterízanse pola súa música a ritmo de rock setenteiro.