Zavala é o proxecto musical de Carla Romalde (voz, frauta traveseira), Ana Lage (baixo, piano, acordeón, coros), Elena Zas (piano, viola, coros), Carlos “Kos” Castro (programacións, bases, visuais) e Víctor Ledo (guitarra, coros).
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
Páginas
▼
28 de abr. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
A banda mestura os aspectos máis orgánicos e melódicos da música con texturas e bases electrónicas, sons contemporáneos con matices, ás veces, do tradicional. As letras, intimistas e persoais, colorean o amplo abano musical, que vai desde o máis acústico e simplista a pasaxes máis sintéticas.
Este tema "Retrouso do Barqueiro" tamén colaboran as cantareiras Atalaias de Caión.
22 de abr. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
Treixadura comezou en xullo de 1990 cos gaiteiros Antón e Xan López, Xaquín Xesteira e Xabier Martínez como membros orixinais. Ao ano seguinte súmaselles Ramón Vázquez, oChilro, e comezan a desenvolver un estilo propio que ten como eixo fundamental os ritmos, as cantigas e os instrumentos tradicionais galegos.
14 de abr. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
NAO foi un grupo galego de música rock orixinario da Estrada, Pontevedra. Estivo activo de 2005 a 2019, tempo no que editou catro álbums de estudio
ademais de tres EPs. As letras das súas cancións caracterízanse polo
compromiso político e a crítica social
Membros:
·
Pablo
Carracedo "Jasper": Guitarra e voz
·
Gustavo Brea
"Gus": Guitarra
·
Antón
Fernández "Torroncho": Baixo
·
X. Ramón
Iglesias "Amós": Batería
7 de abr. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
Carlos Núñez Muñoz, nado en Vigo o 16 de xullo de 1971, é un músico galego recoñecido como intérprete de gaita galega, frauta galega, ocarina, frauta irlandesa,[1] whistle[2] e low whistle