Remata o curso, pero o ano continúa. O alumnado de sexto de primaria despídese dunha etapa na que comezaron a percorrer o camiño da autonomía, o razoamento estruturado e a responsabilidade. Quédanlles agora desafíos vindeiros que terán que confrontar coas ferramentas conseguidas, o que de seguro acadarán, porque todos eles e elas amosaron as súas calidades en múltiples ocasións. Moito ánimo!
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
Páginas
24 de xuño de 2025
18 de xuño de 2025
OBRADOIRO DE MINILIBROS
Obradoiro a cargo de Electra Menéndez titulado “Creación de minilibros”. Neste obradoiro, dirixido ao alumnado de infantil e primaria, tiñan que crear un minilibro mediante a técnica do collage e partindo dunha palabra e galego. Empregaron para o collage espurgo bibliográfico da biblioteca.
16 de xuño de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
9 de xuño de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
Festicultores Troupe é un proxectode vangarda que busca innovar dentro dos pasarrúas, desmarcándose por completo do resto de charangas xa existentes, achegando un espectáculo para bailar todos os públicos
2 de xuño de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
26 de maio de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
19 de maio de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
16 de maio de 2025
DÍA DA MUIÑEIRA
Rematamos a Semana das Letras Galegas co Día da Muiñeira. Este ano bailamoa a "Muiñeira do Areal" versionada A Sombra dos Soños, grupo de rock galego e en galego.
15 de maio de 2025
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Este curso celebramos aSemana das Letras Galegas coas as seguintes actividades previo ao día da muiñeira:
· Luns, 12 de maio.
Actividade: Charla Cofraría de
Bueu.
Cursos: Educación Infantil e Educación Primaria
· Martes, 13 de maio.
Actividades: Marcapáxinas e
traballar as Unidades Didácticas do
Seminario Galán e os carteis enviados por Educación.
· Mércores, 14 de maio.
Actividade: Visita das Cantareiras
da Asociación Cultural Retrouso. Entrevista alumnado de sexto a Paula e Alba de
Retrouso.
Cursos: 3°,4°,5° e 6°.
· Xoves, 15 de maio.
Actividade: Obradoiro "Música de
raíz" impartido por Xabier Blanco.
Cursos: Infantil, 1° e 2°.
12 de maio de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
7 de maio de 2025
CORRELINGUA 2025
O martes 7 de maio celebramos, en Cangas, o Correlingua 2025! Reunímonos todos os centros ao lado da Praza de Abastos e fixemos unha marcha ata o aparcamento da praia de Rodeira. Unha vez alí, despois de merendar, o alumnado dos IES de Cangas leron o manifesto a favor da lingua e rematamos cunha gran actuación de Paco Nogueiras na que cantamos e bailamos.
5 de maio de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
Francisco Nogueiras Nodar, coñecido artisiticamente como Paco Nogueiras, nado en Santiago de Compostela en 1970, é un actor e músico galego.
28 de abr. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
Zavala é o proxecto musical de Carla Romalde (voz, frauta traveseira), Ana Lage (baixo, piano, acordeón, coros), Elena Zas (piano, viola, coros), Carlos “Kos” Castro (programacións, bases, visuais) e Víctor Ledo (guitarra, coros).
22 de abr. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
14 de abr. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
NAO foi un grupo galego de música rock orixinario da Estrada, Pontevedra. Estivo activo de 2005 a 2019, tempo no que editou catro álbums de estudio
ademais de tres EPs. As letras das súas cancións caracterízanse polo
compromiso político e a crítica social
Membros:
·
Pablo
Carracedo "Jasper": Guitarra e voz
·
Gustavo Brea
"Gus": Guitarra
·
Antón
Fernández "Torroncho": Baixo
·
X. Ramón
Iglesias "Amós": Batería
7 de abr. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
Carlos Núñez Muñoz, nado en Vigo o 16 de xullo de 1971, é un músico galego recoñecido como intérprete de gaita galega, frauta galega, ocarina, frauta irlandesa,[1] whistle[2] e low whistle
31 de mar. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
24 de mar. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
— Zeltia Acuña: voz e guitarra acústica.
— Migui Carballido: coros, bouzouki, bodhran e outras percusións.
— Cibrán Seixo: violín e sintetizador de baixo.
17 de mar. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
Dakidarría é unha banda galega de música,
creada no ano 2003 entre Nigrán e
o Val Miñor, que fusiona ska, punk e reggae.
As súas letras comezaron sendo en castelán pero, co paso dos anos, a banda foi tomando conciencia do problema lingüístico en Galiza e comezaron a gravar as súas cancións en galego, ademais de ter cantado noutra decena de linguas durante a súa traxectoria. As súas letras lanzan unha mensaxe de crítica política e social contra o capitalismo, a globalización, o consumismo e a alienación, e defendendo o internacionalismo, a liberdade dos pobos e a diversidade cultural.
- Gabriel Reigosa (guitarra e voz principal).
- Iñaki (guitarra e voces)
- Antón Torroncho (baixo).
- Paulinha (Trombón e voces)
- Jorge Guerra (batería)
- Anxo Iglesias (saxo barítono)
- Joaquín Fuentes "Juaqui" (trompeta e voces)
- Laura Mercy
- Pol (mesturas e voces)
10 de mar. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
Para conmemorar o Día Internacional da Muller, 8M, escollemos o "Himno feminista" do grupo Habelas Hainas.
6 de mar. de 2025
28 de feb. de 2025
ENTROIDO 2025
Realizamos as seguintes actividades polo Entroido:
- Decoración entrada con Belusiña para colocar os mandados.
- Os mandados: o alumnado viu disfrazado cunha prenda diferente cada día, que tiñan que ver cada día nos mandados de Belusiña da entrada do centro.
- Desfile pola rúa por comparsas e elaboración de disfraces relacionados co PDI.
- Elaboración das coplas e actuación das comparsas na nosa lingua: cada nivel escolleu unha canción, cambiou a letra e cantouna para a comunidade educativa despois do desfile. O alumnado de sexto interpretou a máis un recital rítmico con ritmos propios do entroido.
- Elaboración dos libros das coplas: elaboráronse libros das coplas coas letras das cancións.
- Merendas tradicionais.
- Pasarrúas por Beluso
- Interpretación das cantigas para as familias.
24 de feb. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
Que non pare a festa no Entroido con este tema que recolle as personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo co propósito de organizar unha boa festa.
17 de feb. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada,
á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas
localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como
grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos
equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
10 de feb. de 2025
3 de feb. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
!
Esta semana imos desfrutar dunha viaxe por Porto da man de Monoulious Dop e o seu tema "Oporto vice"
21 DÍAS EN GALEGO
Esta actividade, aínda que é a primeira vez que a imos levar a cabo no noso centro, xa se ven desenvolvendo dende o ano 2013. A idea partiu do IES da Pobra do Caramiñal e fóronse unindo a este programa s centros do Morrazo e Galicia ao longo destes anos.
Do luns 03 ao domingo 23 de febreiro, este centro botará a andar o programa de 21 DÍAS EN GALEGO, no que pretendemos que a nosa Comunidade Educativa se comunique, dentro e fóra do centro, as 24 horas do día en galego.
Para conseguir este obxectivo escribimos cartas ás familias, informamos ao alumnado´e asinaron un papel de compromiso voluntario, creamos un pasaporte 21 Días en Galego no que cada día que cumprían o compromiso conseguían un selo dun lugar do mundo e os que conseguiron os 21 selos puideron asistir a unha sesión de cine en galego coa película de Pé Feliz do Xabarín club e no que puideron degustar zumes, auga e flocos de millo.
30 de xan. de 2025
DÍA DA PAZ 2025
Para celebrar o Día da Paz deste ano cantamos e bailamos a canción "Imagine" de John Lennon", unha versión desta canción en galego.
(PRESIONA SOBRE A IMAXE PARA PODER ESCOITALA)
Fotos do baile do Día da Paz