30 de set. de 2024

MINUTOS MUSICAIS!






A compañía pontevedresa Migallas Teatro foi constituída como compañía profesional no ano 1996 aínda que como grupo afeccionado a súa creación data de 1992.



 

23 de set. de 2024

MINUTOS MUSICAIS!


 




"QUIXERA"



Guezos (en barallete -antiga fala dos afiadores ourensáns- rapaces, nenos, cativos) naceu en 1999 como proxecto de grupo musical tradicional. Pouco a pouco, o grupo comezou a evolucionar cara o folk, e no 2000 grava a maqueta "Guezos" (convertida posteriormente en álbum), e dá os seus primeiros concertos.

A formación inicial estaba composta por Arturo Fernández, Xabier Domínguez "Morta", Pablo Rodríguez, Roberto Reboiro,Anxo Fernández e Carlos Rivera "Puntxa". Estes comezan a buscaren influencias novas en eidos musicais variados como o Rock ou o Pop, de onde xorde a incorporación dunha guitarra eléctrica ao grupo.







20 de set. de 2024

Imos de FICBUEU!

Bos días a todos e todas!

Iniciamos este ano cunha actividade "curta" pero enchente! Puidemos ver cinco cortos animados no festival FICBUEU. Cada un deles deixounos aprendizaxes e reflexións que logo desenvolvimos na aula segundo as posibilidades de cada etapa. 

Debémoslle o cine ós irmáns Lumière, que en francés tradúcese como luz, e así volvimos iluminados ó colexio despois de velos! Con razón Belusiña adora esta arte...

Moitas grazas Bueu :D



16 de set. de 2024

MINUTOS MUSICAIS!

 



Malvela é un grupo de folk galego, creado en Sanguiñeda (Mos).

Está integrado por 13 cantareiras (Matilde, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Señora Carmen (falecida), Lina, Maruxa, Dina (falecida), Aurita, Teresa, Merche e Adela (falecida)), acompañadas por 6 músicos: Gustavo Domínguez (acordeón), Raquel Domínguez (gaita), Pablo Ces (bombo), Anxo Pardo (tamboril), Abilio Santos (cavaquiño) e Ana Senlle (dirección vocal).


12 de set. de 2024

Imos de viaxe!

IMOS DE VIAXE é o título do noso novo Proxecto Documental que ten por obxectivo coñecer mellor o noso mundo, investigando e aprendendo sobre diferentes lugares xunto coa nosa Belusiña.

Aquí deixámosvos algunhas fotografías das actividades realizadas ao redor do proxecto o primeiro día de curso:

  • Traballo cooperativo sobre os continentes e algúns dos seus países



  • Convivencia a través de xogos; algúns deles de diferentes países do mundo.








11 de set. de 2024

MINUTOS MUSICAIS!

 



Botamos a andar un novo curso con Ruxe Ruxe!!

Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.

Membros:

·        Vituco Neira - guitarra e voz

·        Xaco Barona - Gaita.

·        Xulia Neira. - Baixo.

·        Iago Jorge - Batería.

·        David Barbas - Guitarra.

·        Xan Rico "Xan Pericán" - Saxofón.