CLUB DE LECTURA OS BELULECTORES
CURSO 2023-2024
1º Trimestre
Alma de elefante
Coincidindo co Día das Bibliotecas, 24 de outubro, iniciaron a súa andaina as dúas seccións do Club de Lectura de 6º de Primaria, Os Belulectores.
O primeiro libro que imos ler é Alma de elefante, escrito por Andrea Maceiras e publicado por Xerais.
RAMI
SAÍNZA
Visita de ANDREA MACEIRAS:
O martes 27 de febreiro, no club de lectura de 6º de Primaria, Os Belulectores, recibimos a visita de Andrea Maceiras, autora do libro Alma de Elefante, por xentileza da editorial Xerais.
Con ela viaxamos polo sueste asiático e descubrimos que hai moitas maneiras de viaxar lendo, escribindo, debuxando...
Dialogamos arredor do seu libro, de que hai cousas pequenas que son fortes e cousas grandes que son delicadas, de que todas e todos temos o noso lugar no mundo.
E ti... De que animal tes alma?
Grazas Andrea por compartir as túas experiencias con nós!
Intentaremos seguir o teu consello: "Non deixedes de LER"
3º trimestre
A memoria dos pingüíns
Autor: Xavier Estévez
Ilustrador: Carlos Gallego Domínguez
Editorial: Xerais. Colección: Merlín, nº 331
ISBN: 978-84-1110-261-2
Temas: os cambios durante a vida, os puntos de inflexión, a vida na vila, a síndrome de Down, a memoria, o amor adolescente, a superación do pasado...
Compartindo lectura:
Visita de XAVIER ESTÉVEZ
Por xentileza de Faro da Escola, recibimos a visita do escritor
Xavier Estévez na nosa biblioteca para dialogar sobre o seu libro "A
memoria dos pingüíns". Tamén comentamos outros títulos seus que nos
gustan moito "Avións de papel", "O corazón da maxia".
Respondeu a todas as nosas preguntas arredor do libro, do seu proceso creativo.
Comentounos
que se basea en situacións reais, que incluso algúns dos seus
personaxes existen na realidade. "Resultou ser unha charla motivadora
para a vida".
Animounos a subir na escaleira das lecturas para entender o mundo e coñecernos mellor.
Mil grazas Xavier por compartir tempo e lecturas!
3º Trimestre
Wolfram
Club de lectura ao sol!
Aproveitando unha mañá soleada, despois de tantos días chovendo, saímos ao patio para seguir coa lectura e comentar o cómic Wolfram de Alberto Varela Ferreiro.
Falamos de historia, de xeografía, de arte, de debuxo...
O martes 30 de abril, o Club de Lectura, os Belulectores estivo de CINE.
Visualizamos e comentamos a película "El maestro que prometió el mar" ambientada na mesma época, primeira metade do século XX, ca novela gráfica "Wolfram".
ROTEIRO POR VIGO: "VÍA-VIGO"
O xoves 9 de maio, como actividade complementaria, despois da lectura do cómic Wolfram realizamos un roteiro cultural e literario pola cidade de Vigo.
Visitamos diferentes lugares da cidade: os silos do cable, a estación marítima, a concatedral, a praza Compostela, a Porta do Sol, a fortaleza de San Sebastián, as rúas da zona vella...
Situamos os lugares que aparecen no libro e observamos a importancia estratéxica que converteu a Vigo nun niño de espías na primeira metade do século XX, especialmente durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945).
Conversamos das viaxes da espía Mata Hari a Vigo en 1916, do espía Garbo e a súa muller Araceli González Carballo, galega de Lugo, que segundo investigacións recentes, ela era a verdadeira espía que conseguiu enganar os nazis co desembarco de Normandía. Da importancia dos cónsules...
A
chegada de estranxeiros tivo unha grande influencia na ría de Vigo.
Trouxeron os primeiros clubes de fútbol, de tenis, de billar. Nos
exteriores do Cable Inglés había un reloxo que os vigueses empregaban
coma guía para axustar os seus propios, dicindo que “levo a hora do
Cable”. Varios deles, ingleses e tamén alemáns, casaron e ficaron en Galicia.
Foi unha xornada fantástica!
CLUB DE POESÍA
Esta mañá de martes 21 de maio, a poesía foi a protagonista no Club de Lectura.
Eliximos un libro da sección de Poesía, dedicamos un tempo á lectura silenciosa e eliximos un poema para compartir con todos e todas.
A continuación, escribimos acrósticos co noso nome.
Proximamente veredes o resultado en fermosos e orixinais marcapáxinas!
MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A POESÍA!
Creamos fermosos marcapáxinas con acrósticos dos nosos nomes
CLUB DE LECTURA: OS BELULECTORES DEVORALIBROS
CURSO 2022-2023
1º trimestre
O mércores 26 de outubro iniciou a súa andaina o Club de Lectura de 6º de Primaria, baixo o pseudónimo de OS DEVORALIBROS.
Esta é unha actividade voluntaria para fomentar o hábito da lectura nun ambiente diferente á aula. Ao mesmo tempo, ser un espazo de inclusión e socialización.
Nunha primeira reunión establecemos, de forma consensuada, as normas e os compromisos que asumimos coa nosa participación no club.
O primeiro libro deste curso será O NENO DE LUME.
Autora: Ledicia Costas
Ilustrador: Iván R.
Editorial: Xerais. Colección: Merlín, nº 321
ISBN: 978-84-1110-084-7
1ª edición, marzo 2022
Premio Merlín de Literatura Infantil 2021
Temas: autoestima, infancia diferente, importancia da comunidade.
Detalle dun caderno do club:
Rematamos a lectura de "O neno de lume" acadando unha valoración moi positiva e convidando a amigas e amigos a súa lectura.
Unha particulidade é que a autora nos fala en segunda persoa. Un detalle que fai que nos metamos na historia.
A comida tamén aparece pero de dúas maneiras diferentes: unha é comer por necesidade e a outra é comer por pracer.
A miña valoración é moi positiva. É un libro moi recomendable.Uma
-O libro gustoume moito porque fala dos sentimentos, da imaxinación, do tempo atmosférico e de como enfrentarte aos teus medos. Mara
-Gustoume moito o libro porque fala de como se senten as persoas e porque a narradora fala co lector. Outro tema interesante é a metereoloxía. Raúl
-O libro gustoume moito e pareceume moi divertido. Tamén que Ledicia Costas falase conmigo como se fose unha protagonista máis do libro. Aroa
-O libro gustoume moito xa que é de aventuras fantásticas e sentimentos. Cris
2º trimestre
Iniciamos trimestre, iniciamos libro no Club de Lectura de "Os Belulectores"
AUTORA: Iria Misa ( Gondomar 1983, )
ILUSTRADORA: Alba Barreiro ( Cangas 1996,)
EDITORIAL: Edicións Xerais, 2018; Sopa de libros, 70; ( A partir de 10 anos)
ISBN: 978- 84-9121-415-1, 6ª edición,feb 2022
Finalista do premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade.
ESTRUCTURA: 17 capítulos + epílogo.
TEMAS: Igualdade, identidade, familia, música, amizade.
OPINIÓNS:
- Pareceume un moi bo libro, que trata sobre varios temas coma a transexualidade. Gustoume moito como están ambientados a historia e os seus personaxes, e o seu significado. É un libro que sen dúbida recomendaría. Óliver
Encontro intercentros con Iria Misa! 21-abril-2023
O venres 21 de abril, o alumnado de 6º de Primaria do CEIP P. A Torre-Cela e do CEIP P. Montemogos mantivemos un encontro coa autora Iria Misa, por xentileza da editorial Xerais, na Sala Amalia Domínguez Búa en Bueu.
Durante o 2º trimestre lemos no Club de Lectura o libro "Mamá quero ser Ziggy Stardust" e como actividade final tivemos esta xuntanza.
Conversamos con Iria Misa arredor do proceso creador da novela, da figura e da música de David Bowie, dos amigos imaxinarios, de Aine e do seu amigo Thomas que lle axuda a facer o tránsito social de xénero.
Destacamos a importancia das ilustracións feitas por Alba Barreiro.
Foi unha xornada de convivencia moi positiva.
Esta xuntanza forma parte das actividades de tránsito do alumnado de Primaria á ESO, organizada en colaboración co Departamento de Orientación, xa que os dous centros estamos adscritos ao IES Illa de Ons.
Grazas ao Concello por facilitar este encontro!
Grazas a Iria por compartir con nós o seu tempo arredor da lectura!
3º trimestre
A primeira lectura deste trimestre vai ser:
Autora: Eva Mejuto
Ilustradora: Bea Gregores
Colección: Pequena Memoria
Editorial: Xerais
Premio Follas Novas 2021. Selección OEPLI 2020 (de 9 anos en diante)
CLUB DE LECTURA INTERXERACIONAL 30-maio-2023
Grazas á lectura de A lavandeira de San Simón, escrita por Eva Mejuto, levamos a cabo unha xuntanza de club de lectura interxeracional entre as persoas do Taller de Memoria da Casa do Pobo e o noso club.
Recibimos a súa visita na biblioteca e conversamos arredor do libro e da vida. Dos diferentes tipos de lavadoiros, dos xogos (bonecas de trapo, as cunchas, o tutelo). Da praia de Beluso, da recollida de algas tipo correa e carrumeiro na praia da Roiba. Da illa de Ons. Dos alcumes. Da protección entre uns e outros, da axuda mutua para traballar no campo, na matanza do porco, para mallar o trigo, a herba...
Aprendemos novo vocabulario: esfanicada, artesa, trepia, bosta... Aprendemos a facer un molido para levar tinas na cabeza e non molestara.
Outra historia que nos sorprendeu foi o comercio coas zonas da montaña. De como nenos e nenas de aquí íanse con familias da montaña para poder comer e traballar na agricultura e gandería.
Escoitamos atentamente que era a roupa de mahón, que na Graña había unha costureira que cosía roupa desta tela para os presos de San Simón. Tamén que lles levaban latas de peixe en escabeche, peixe seco, queixo... toda a comida que se podía cociñar na casa.
A valoración desta xuntanza entre diferentes xeracións foi moi positiva, de 10 sobre 10.
Desexamos que se repita.
Grazas por compartir as vosa historias!
Un pracer escoitarvos!
VISITA ÁS ILLAS DE SAN SIMÓN E SAN ANTÓN 8-xuño-2023
Os integrantes do Club de Lectura visitamos ás illas de San Simón e San Antón, na ría de Vigo, como remate á lectura de A lavandeira de San Simón, escrito por Eva Mejuto, ilustrado por Bea Gregores e publicado pola editorial Xerais.
San Simón recibiu ataques piratas, acubillou a cabaleiros templarios, a persoas que tiñan que facer cuarentena cando regresaban de América, foi campo de concentración, orfanato e hoxe debe a súa fama a un particular festival de música, o Sinsal.
Gozamos coa súa historia e as súas lendas que estimularon a nosa imaxinación.
Evocamos a historia, o ambiente e aos personaxes narrados no libro.
Foi unha mañá emocionante para todas e todos os que formamos parte do club de lectura!
Un verdadeiro pracer compartir viaxe literaria, histórica e xeográfica!
CLUB DE POESÍA Mércores 14 de xuño 2023
Para rematar este curso, os integrantes do Club de Lectura convidamos a todas as compañeiras e compañeiros de 6º a que nos acompañasen a ler poesía ao Lago Mansiño, fonte e lavadoiro situado na Cabada preto do noso centro.
Recitamos poemas de diferentes autores ao son do gurgullo da auga, alí con tranquilidade un a un fomos recitando os poemas elixidos.
Foi unha experiencia máxica!
Mil grazas por todo este tempo compartido arredor da lectura!
__________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________
CURSO 2021-2022
CLUB DE LECTURA: OS BELULECTORES 2021-2022
1º trimestre
O xoves 21 de outubro, iniciamos o CLUB DE LECTURA de 6º de Primaria, con dous grupos. O primeiro libro é "A folla azul"
Autora: Andrea Maceiras
Ilustradora: Sonia García
Editorial: Xerais
Colección Merlín, 304
Premio Merlín de Literatura Infantil 2020
- Paréceme un libro moi bonito e con moita relación coa natureza e coidar o medio. CANDELA👏
- Encantoume o libro "A FOLLA AZUL" porque é moi entretido, déixate coa intriga ata o final. Recoméndoo!!!!😀
- CARLOTA
Recoméndoo, gustoume moito. É moi divertido. Encántame o tema do que fala. Ten un final inesperado.👍 NEVES
Gustoume moito. É moi divertido.Recoméndovos este libro. 😃YOEL
O libro é moi interesante. Recoméndovos a súa lectura. Ten un final inesperado.😎. ANXO
Encantoume o libro pola historia e a súa ubicación.😎 XULIÁN
Estivo moi chulo por como explica o que lle ocorre á Terra. 😎 HUGO
Gustoume un montón. É moi entretido. ÁLVARO
A min gustoume moito porque fala da Natureza e da Nai Terra.👍 DAVID
A min encantoume o libro porque paréceme moi interesante. Gustoume moito como acabou. SABELA
A historia e os personaxes son moi interesantes, sobre todo o final. Intrigoume que se fixera avogada xa que a súa misión principal era salvar a súa tribo. En resumo, gustoume moitísimo, recoméndoo!! AITOR
Gustoume moito porque ensina que máis alá do "noso mundo" hai NATUREZA e debemos coidar á NAI TERRA. Sorprendeume o final, non o esperaba. IRIA
O que máis me gustou foi descubrir como viven as tribos indíxenas da Amazonia. LUCÍA
Gustoume porque a protagonista é unha nena valente que quere protexer á Natureza. SHEILA
Rematamos a lectura de "A FOLLA AZUL", un libro que nos gustou a todas e todos!
2º trimestre
"INVISIBLE"
Autor: Eloy Moreno
Editorial: Nube de Tinta
As nosas valoracións:
CARLOTA: Pareceume un libro moi bonito. Trata un tema moi importante e delicado, do que non lle gusta falar a todo o mundo.
CANDELA: Pareceume un libro moi bonito. Explícanos en que clase de sociedade vivimos. Encantoume. Recoméndoo moito!
ANXO: Pareceume moi interesante xa que trata dun neno ao que lle fan bullying.
IRIA: Este libro gustoume moito porque móstrache os problemas qque están pasando na vida real, aínda que non os miremos seguen aí. En vez de xirar a cabeza deberiamos intentar solucionalos.
MARIANA: Me gustó mucho el libro porque habla sobre la adolescencia y el bullying, sobre las personas que se sienten invisibles y que les falta afecto.
SHEILA: Gustoume o libro porque explica que si vemos que unha persoa o está pasando mal, temos que axudala e non ignorala.
LUCÍA: Gustoume moito porque fala sobre o bullying.
ASIER: Me pareció un libro muy divertido, con metáforas muy interesantes.
YOEL: Muy buen libro, lo recomiendo mucho.
ÁLVARO: O libro gustoume moito e ensinoume que teño que axudar aos demais.
AITOR: La verdad era un poco confuso al principio, pero con el paso del tiempo fue a mejor. Me gustó mucho y me sorprendió el final.
SABELA: Me pareció un libro moi interesante, lleno de emociones y muchas cosas de las que aprender.
As valoracións foron moi positivas. Emocionounos moito.
3º trimestre
"A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN"
Bea Gregores (Ilustrador/a)
VISITA ÁS ILLAS DE SAN SIMÓN E SAN ANTÓN (20/05/2022)
Como broche de ouro á lectura de A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN, escrito por Eva Mejuto e ilustrado por Bea Gregores, publicada por Xerais; visitamos as illas de San Simón e de San Antón, na ría de Vigo.
Gozamos coa súa historia e as súas lendas que estimularon a nosa imaxinación.
Foi unha mañá emocionante para todas e todos os compoñentes do club de lectura!
Un verdadeiro pracer compartir viaxe literaria, histórica e xeográfica!
O CLUB DOS POETAS!
Para rematar o CLUB DE LECTURA de 6º, saímos a recitar poemas de diferentes autores ao parque Joe Novas.
Ao chegar estaban celebrando unha clase de zumba ao aire libre, polo que tivemos que buscar outro sitio.
No medio da natureza, rodeados de árbores, de rechouchíos de paxariños está un fermoso lugar secreto " A guarida". Alí con moita tranquilidade, con moita paz e silencio, un a un fomos recitando os poemas que eliximos.
Foi unha experiencia fantástica!
Ao regresar, fomos convidados a bailar zumba no parque Novas!
CLUB DE LECTURA INTERCENTROS
O alumnado de 6º de Primaria do CEIP TORRE de Cela e máis o do noso centro visitaron o día 1 de xuño o instituto Illa de Ons, onde o próximo curso van ser compañeiros e compañeiras.
Na biblioteca do IES reuníronse para comentar xuntos a última parte de INVISIBLE, unha actividade dentro do club de lectura intercentros que celebramos conxuntamente co Departamenro de Orientación.
ENCONTRO CON EVA MEJUTO
O luns 13 de xuño, mantivemos un encontro literario, por xentileza da editorial Xerais, con EVA MEJUTO, xornalista, tradutora, escritora. Amante dos libros, das historias ben contadas, das ilustracións que complementan o texto.
Gozamos dun tempo para conversar arredor de A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN, dos seus protagonistas, dos lugares, das redes de axuda, da Historia contada a través dos ollos dunha nena e un neno e das mulleres silenciadas e imprescindibles.
MIL GRAZAS POR COMPARTIR TEMPO E LECTURAS CON NÓS!
-----------------------------------------------------------------------------------------------------
CURSO 2019-2020
CLUB DE LECTURA "OS BELULECTORES"2019-2020
1º TRIMESTRE
Este curso o CLUB DE LECTURA de 6º de Primaria inicia a súa andaina con "KUSUMA"
Resumo:
Con xaneiro chegou "OJO DE NUBE"e a visita do seu autor por xentileza da editorial sm.
Resumen:
En una tribu de indios crow nace un niño. Al principio le ponen de nombre Cazador Silencioso, a los pocos días descubren que es ciego y empiezan a llamarle Ojo de Nube. Su madre decide ser sus ojos. A través de las palabras de su madre y de lo que percibe por el resto de los sentidos, se hará su composición del poblado y de todo lo que lo rodea y alcanzará unas facultadas impensables para otras personas.
Valoración:
Le a entrada no blog:
https://bibliomontemogos.blogspot.com/2020/02/ojo-de-nube.html
POESÍA, pasado o Entroido, iniciamos a nosa pequena homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO comentando poemas de CANTARES GALLEGOS e de FOLLAS NOVAS, gustou tanto que algunha persoa memorizou e recitou os poemas.
Lectura de "MÚSICA NO FAIADO"
Resumo:
Valoracións:
Faime chegar o teu resumo e a túa valoración ao correo belulectores@gmail.com. Cóidate e non perdas as rutinas. QUEDA NA CASA!
PRESTADE ATENCIÓN......Os rapaces e rapazas de 6º convértense en BOOKTUBERS!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS dos nosos belulectores:

GOZADE COA INTERPRETACIÓN DE JOSÉ ÁNGEL E A CANCIÓN DE ANDRÉS:
Como di Andrés no seu rap:
__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
CURSO 2018-2019
Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia.Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.
''Kusuma'' é unha historia de aventuras, de cooperación, de superación e de amizade; un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos ao descoñecido son o camiño máis enganoso e máis inxusto para tratar de entender o mundo.

O alumnado de 6º está lendo no seu CLUB DE LECTURA EN INGLÉS, o libro THE THURSDAY THIEF de Mark Foster and Philip Burrows.
UNHA GRAN AVENTURA!
______________________________________________________________________________
TALLER DE POESÍA:
Durante os meses de febreiro e marzo estivemos lendo e comentando poemas de Rosalía de Castro: CAMPANAS DE BASTABALES, XAN,...
Escribimos acrósticos, recitamos os nosos poemas favoritos e gravamos poemas para os nosos amigos e familiares...
MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A POESÍA!
_____________________________________________________________________________
Este segundo trimestre estivemos lendo "MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STAR

- AUTORA: Iria Misa ( Gondomar 1983, )
- ILUSTRADORA: Alba Barreiro ( Cangas 1996,)
- EDITORIAL: Edicións Xerais, 2018; Sopa de libros, 70; ( A partir de 10 anos)
- ISBN: 978- 84-9121-415-1
- MATERIAS: Igualdade, identidade, familia, música, amizade.
- Finalista do premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade.
- ESTRUCTURA: 17 capítulos + epílogo.
Conta unha historia, na que ensina que todos/as somos iguais e non se pode descriminar a alguén por ser así. NOA
- Me parece un libro inspirador e que me representaba de pequeno. MARCOS
- Gustoume este libro porque fala dunha nena que loita por ser o que quere, sen dúbida leeríao outra vez e o recomendaría a outra xente, a verdade encantoume o que puido transmitir Iria Misa con esta historia. ROCÍO
- É un libro moi entretido e divertido, pero tamén hai partes un pouco tristes, o que máis me gustou foi o final. O que menos me gustou foi que o pai non aceptara que Aine cortara o pelo, tampouco gustoume que houbese un rapaz que lle chamaban "Gay" pola súa vestimenta, e Aine xogou con él, porque non tiña amigos.
- O libro encantoume, pareceume moi entretido. O final gustoume moito, porque conseguiu o que quería. Tamén me pareceu moi bonita a parte na que Fran defende a Aine.
- A miña opinión é que me encantou o libro e todos os capítulos, debuxos etc. O capítulo que sempre me gusta é o primeiro capítulo. O que mais me gusta do neno como lle gusta que lle chamen e a súa forma de ser e como é. A min ensinoume que un soño pode conseguirse.
__________________________________ ______________________________
Este curso xa iniciamos a andaina do Club de Lectura de 6º de Primaria. Reunímonos todos os xoves na Biblioteca para ler e comentar un libro.
Agora que está a piques de rematar o primeiro trimestre compartimos algunhas das opinións sobre o primeiro libro escollido "A SEÑORITA BUBBLE".
Autora: Ledicia Costas
Ilustrador: Andrés Meixide
Editorial: Xerais, Sopa de libros, 65
ISBN 978-84-9121-254-6
OPINIÓNS DOS NOSOS XÓVENES LECTORES:
-O libro é fermoso e moi divertido. Encantoume! Ademais, xa o lera una vez. As historias que ocorren son moi entretidas e gustaríame poder participar nelas. As personaxes que máis me gustaron son: Noa, Sofi, Señorita Bubble e Vicent. ANA
-Este libro gustoume moito porque pareceume moi divertido. É moi curioso, a verdade! Eu xa o coñecía e o lera anteriormente, pero seguro que o volvo a ler nun futuro. Gustáronme moito as ilustracións da Señorita Bubble, a Buldog e a caniche, Noa, Sofi, Nefertiti e máis personaxes como Vicent. Parecéronme moi chistosos e rinme moito con este libro. É xenial para as tardes aburridas! INÉS
-Pareceume un libro moi interesante e sobre todo ensinounos que as apariencias, ás veces, enganan. ENARA
-Gustoume moito este libro porque é moi entretido e divertido. Foi unha historia que ensina moitas cousas e da que se pode aprender. Gustoume tamén unha das protagonistas que se chamaba igual ca min (Noa). É unha historia que non cansa porque cando les un capítulo, queres seguir lendo outro e outro máis. Encantoume que escolleran este libro para o club de lectura porque xa o lera antes e é un dun meus favoritos. NOA
-A señorita Bubble foi discriminada sen ser coñecida pero, en realidade, era moi boa por exemplo con Noa e Sofi, como cos demáis. LUCÍA
-O libro pareceume moi bo e interesante. O capítulo que máis me gustou foi o número dous. MIGUEL
-Encantoume o libro! O que máis me gustou foron os inventos tan xeniais e creativos que facía a Señorita Bubble e as súas mascotas. Recoméndollo a todos os rapaces e rapazas que lles gustan as historias divertidas e imaxinativas. PEDRO
-Este libro foi unha marabilla, gustoume moito o seu contido porque trataba de moitas aventuras e fantasías nos que dúas nenas non podían faltar. Tamén me gustaron as ilustracións porque todo xiraba entorno o Stink Pank. Encantoume a vestimenta da Señorita Bubble porque facía xogo con todo o que había na súa enorme mansión e no seu laboratorio. A verdade é que nunca pararía de lelo porque é un libro xenial. ROCÍO
-É un libro moi interesante que nos ensina unha lección moi importante que é non facer afirmacións en falso. É moi divertido e tamén aprendes algo que non esperas. DAMIÁN
-É un libro moi interesante que nos ensina a non xulgar aos demáis e que trata dunhas nenas que as castigan por incumprir as normas do colexio no que están. Se atopan cunha inventora inglesa con seis dedos e un brazo metálico e tamén hai un neno chamado Vincent que ten un xersei todo esfiañado e un gato que se chama Nefertiti. Dicían que a Señorita Bubble era unha meiga que secuestraba nenos e que os comía xunto á cheminea do salón da súa casa. BRAIS.
-O libro da "Señorita Bubble" é incrible ao mesmo tempo que che fai rir, poder facerte chorar ou enfadarte. Tamén nos ensina a respetar aos demáis e a non xuzgalos por fóra. Resumindo, este libro básase nos valores e está contado dunha maneira moi graciosa. CARLA SANTOS.
-Gustoume moito a Señorita Bubble, especialmente, cando se fala de Vincent e de cando coñece ás nenas (Noa e Sofi). O que non me gustou foi cando a Bulldog mandoulle a Noa escribirlle a carta á Sr. Bubble. En resume, é outra xenialidade de Ledicia Costas e Andrés Meixide. Gustáronme os papeis de Noa, Sofi, Sr. Bubble, Vincent e Nefertiti. Non me gustaron os papeis da Bulldog e da Caniche. O capítulo que máis me gustou foi o quinto. DIEGO
-Non me gustou nada. Pareceume moi aburrido. Non o recomendo. As personaxes que menos me gustaron foron Noa e Sofi. A verdade que nunca fun fan deste libro. BREIXO
-As persoas hai que querelas tal como son.
SAÚDOS A TODOS E A TODAS.
__________________________________________________________________________________
"OS BELULECTORES". 2017-2018
Saúdos a todos. Xa iniciamos o club de lectura. Estamos a ler "Veinte mil leguas de viaje submarino" Julio Verne. Clásicos a medida. ANAYA
______________________________________________________
CURSO 2016-2017
Club de Lectura"OS BELULECTORES". 2016-2017
Este curso arrancamos unha nova andaina co "Club de Lectura" formado polos dez nenos e nenas de sexto de primaria . Desde o día dez de outubro, reunímonos todos os luns , na Hora de Ler, para ler e falar do libro escollido para esta primeira volta "Oliver Twist".
Unha vez fimalizada a lectura,visionamos a película musical OLIVER!
Rematamos a actividade cunha posta en común sobre a literatura e o cine da que concluímos a seguinte valoración:
-"Paréceme unha novela excelente , podes ver como era a vida e a xente naqueles tempos. Gústame como describe Dickens os personaxes. Parece que o que ri último, ri mellor.
A película é maravillosa, a música lévate ás emocións. Recomendo ler antes a novela porque son moi diferentes" RAMÓN.
-"O libro pareceume increíble e interesante. A película é única e divertida" RAQUEL
-"Gustoume moito a película e o libro, aínda que hai algunhas diferencias entre eles. Moi recomendable" ANDREA
Desta volta, a lectura facíamola na casa e comentabamos os capítulos no club.
A valoración final foi moi positiva. Destacamos:
-Poder ler a novela e ver a película.
-Ler libros que seguramente nunca o farían.
-A convivencia entre os compañeiros.
-Unha suxestión foi que o club debería ser máis días.
___________________________________________________________________________________
CURSO 2015-2016
Club de Lectura"OS BELULECTORES". 2015-2016
"Nata y chocolate" de Alicia Borrás e "Palabras de caramelo" de Gonzalo Moure son as lecturas escollidas para este curso.
Hoxe é luns e coma todos os luns, o Club de lectura "Os belulectores" xuntámonos para falar do libro "Palabras de Caramelo".
Antes de lelo recomendamos o visionado deste video cedido polo colexio de Aldán onde se pode ver como e donde vive o pobo saharauí.https://www.youtube.com/watch?v=UcQof6M4jAY
Axudaravos moito a entender a lectura deste fermoso libro.
Despois da charla fixemos unha pequena festa de fin de club, unha experiencia que valoramos moi positiva e que recomendamos.
4 comentarios:
Hola eu son unha nena do club e este ano estamos lendo un libro chamado "Nata y Chocolate".
Eu o recomendaría porque hay nenos e nenas que están pasando pola mesma situación de Sonia, e gustaríame que histo se acabara.Por iso o recomendo para que o BÚLLING se acabe.
Eu son unha nena do club de lectura e quero dar a miña opinión do libro que estivemos lendo titulado "NATA Y CHOCOLATE".Eu recoméndollo a nenos e nenas que teñen albinismo como Sonia ou que os estén acosando na escola como Lola lle fai a Sonia.
Cando o comezas a ler non eres capaz de parar; sei que vos vai gustar.
ANIMÁDEVOS A LELO.
Recomendo que leades o libro de "NATA Y CHOCOLATE" de Alicia Borrás porque é moi bonito e se os insultan, os pegan, etc... axudáravos a ter forzas.
Hola, son unha nena de sexto de educación primaria e asisto ao club de lectura e o libro que estamos a ler chámase "ALMA DE ELEFANTE" de Andrea Maceiras. Eu son sinceira, pero a min non me gustou o libro xa que me pareceu un pouco aburrido e era moi repetitivo, o que máis me chamou a atención foi o final xa que para min foi inesperado.
Publicar un comentario