16 de xuño de 2025

MINUTOS MUSICAIS!


 


Rematamos os minutos musicais deste curso co grupo Monoulious DOP. Grupo Noiés de música Pop.  En 2012 publicaron o seu primeiro sinxelo, "Cansión jallejo americana", e desde entón publicaron os discos LP Padre e LP Madre, este último un compilatorio dos 12 sinxelos lanzados con anterioridade á publicación do dobre álbum. Da súa formación orixinal seguen no grupo Julio Mayo (Ula) e Xoán Montes (Mon).


9 de xuño de 2025

MINUTOS MUSICAIS!




Festicultores Troupe é un proxectode vangarda que busca innovar dentro dos pasarrúas, desmarcándose por completo do resto de charangas xa existentes, achegando un espectáculo para bailar todos os públicos


2 de xuño de 2025

MINUTOS MUSICAIS!


 



Álex Cassen é un artista vigués cuxas obras zumegan honestidade. Logo de publicar dous poemarios, o artista decidiu afondar na disciplina que máis lle apaixona desde pequeno; a música. “Las cartas sobre la mesa” (2025) é o seu primeiro EP, un traballo no que Cassen leva a electrónica por bandeira, sen estar encasillado nun só xénero. O artista narra as súas vivencias dun xeito tan íntimo como universal, polo que calquera persoa poderá sentirse identificada coas súas letras