19 de maio de 2025

MINUTOS MUSICAIS!

 


' Equilibrar' representa "a unión de dúas das grandes figuras" da música en galego actual. Hugo Guezeta e Guadi Galego xúntase para buscar a balanza entre o pasado e o presente nun sinxelo producido por Peter Petrowski e que conta co acompañamento ás guitarras de Arón Ferreiro (AROI). O videoclip está dirixido por Adrián Diaño



MINUTOS MUSICAIS!


 


Poema "Aí vén o Maio" de Florencio Delgado Gurriarán, musicado e interpretado
polo alumnado do Ceip Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras).

12 de maio de 2025

MINUTOS MUSICAIS!


 


A Sombra dos Soños é un proxecto de rock en galego formado por músicos que xa tocaran xuntos noutros proxectos, como Requiem ou Khitara.

A agrupación móvese entre diferentes estilos de rock e metal con influencias variadas que abranguen desde o rock dos 70 ata o folk galego, pasando por momentos máis progresivos e outros máis acústicos.

Este ano bailamos a súa versión da Muiñeira do Areal o Día da Muiñeira na Semana das Letras Galegas.

5 de maio de 2025

MINUTOS MUSICAIS!


Francisco Nogueiras Nodar, coñecido artisiticamente como Paco Nogueiras, nado en Santiago de Compostela en 1970, é un actor e músico galego.