Nada mais chegar, foron recibidos polos monitores do lugar cun gran sorriso e lles contaron as actividades que farían ao longo do día. Velaiquí as temos!

Como podedes ver, alegría non faltou!
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
Nada mais chegar, foron recibidos polos monitores do lugar cun gran sorriso e lles contaron as actividades que farían ao longo do día. Velaiquí as temos!

E desta maneira rematou o curso 2025/2026, cunha actuación levada a cabo por 6ºEP, guionizada, dirixida e representada por eles e elas! Esperamos que lles vaia moi ben na nova etapa que continúa!
Tivemos na biblioteca a visita de Electra Menéndez, profesional que nos ensinou a crear monicreuques empregando materiais tan sinxelos como o papel periódico, cinta de carrocero e... as mans! Parece máis doado do que realmente é, pero logramos saír adiante ;)
Familia Caamagno, é unha banda galega de rock creada en Sigüeiro no ano 2011. No ano 2012 editaron os seus dous primeiros traballos, o primeiro deles de título homónimo, Familia Caamagno, e un sinxelo Cantan polo Nadal!. Rematamos os minutos musicais deste curso cun tema deles: "O mundo está derrotado”.
Un ano máis publicamos a nosa revista escolar Fiadeiro.
Ao longo do curso 25/26 leváronse a cabo distintas actividades participadas pola biblioteca. Temos a nosa obra de teatro inicial representada epublicitada polo noso alumnado, para dar a coñecer, un ano máis, o PDI do centro e os personaxes que representan a biblioteca.
No mes dos oficios tradicionais visitáronnos redeiras de Bueu, que nos amosaron os segredos dos seus oficios.
Tivemos tamén os acompañamentos lectores.
Por outro lado, fixemos un contaconto con Paco Nogueiras ao que estiveron invitados os máis pequenos e pequenas do colexio. Sempre é un espectáculo.
Co gallo Día de Rosalía, tivemos a actividade "Bordando a Rosalía", coa que aprendemos unha nova ferramenta para expresar e representar ideas e, neste caso, alegorías da nosa poetisa principal. Ao final, foron varias as mestras que empregaron esta técnica con novos motivos ao longo do ano.
O Día das Letras Galegas celebrómolo como unha homenxa a Bernardino Graña, recentemente falecido, invitando as familias a participar, durante toda a semana, nun recital no que podían estar acompañados dos seus familias. Houbo algunhas que incluso se atreveron a facelo fronte a todo o centro!
A biblioteca non so é lectura, senón tamén xogos. Promovimos actividades para potenciar o uso do xadrez e do go, un xogo tradicional asiático de gran complexidade, a través de obradoiros e compra de mangas ilustrativos. Tivemos batallas!
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.