12 de maio de 2025

MINUTOS MUSICAIS!


 


A Sombra dos Soños é un proxecto de rock en galego formado por músicos que xa tocaran xuntos noutros proxectos, como Requiem ou Khitara.

A agrupación móvese entre diferentes estilos de rock e metal con influencias variadas que abranguen desde o rock dos 70 ata o folk galego, pasando por momentos máis progresivos e outros máis acústicos.

Este ano bailamos a súa versión da Muiñeira do Areal o Día da Muiñeira na Semana das Letras Galegas.

Ningún comentario: