3 de feb. de 2025

21 DÍAS EN GALEGO

 

Esta actividade, aínda que é a primeira vez que a imos levar a cabo no noso centro, xa se ven desenvolvendo dende o ano 2013. A idea partiu do IES da Pobra do Caramiñal e fóronse unindo a este programa s centros do Morrazo e Galicia ao longo destes anos.

Do luns 03 ao domingo 23 de febreiro, este centro botará a andar o programa de 21 DÍAS EN GALEGO, no que pretendemos que a nosa Comunidade Educativa se comunique, dentro e fóra do centro, as 24 horas do día en galego.

Para conseguir este obxectivo escribimos cartas ás familias, informamos ao alumnado´e asinaron un papel de compromiso voluntario, creamos un pasaporte 21 Días en Galego no que cada día que cumprían o compromiso conseguían un selo dun lugar do mundo e os que conseguiron os 21 selos puideron asistir a unha sesión de cine en galego coa película de Pé Feliz do Xabarín club e no que puideron degustar zumes, auga e flocos de millo.










(Podes premer na imaxe e ver a película)

Ningún comentario: