Realizamos as seguintes actividades polo Entroido:
- Decoración entrada con Belusiña para colocar os mandados.
- Os mandados: o alumnado viu disfrazado cunha prenda diferente cada día, que tiñan que ver cada día nos mandados de Belusiña da entrada do centro.
- Desfile pola rúa por comparsas e elaboración de disfraces relacionados co PDI.
- Elaboración das coplas e actuación das comparsas na nosa lingua: cada nivel escolleu unha canción, cambiou a letra e cantouna para a comunidade educativa despois do desfile. O alumnado de sexto interpretou a máis un recital rítmico con ritmos propios do entroido.
- Elaboración dos libros das coplas: elaboráronse libros das coplas coas letras das cancións.
- Merendas tradicionais.
- Pasarrúas por Beluso
- Interpretación das cantigas para as familias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario