14 nov. 2014

UNHA SEMANA CON XOGOS

Ao longo de toda a semana tivemos no colexio unha estupenda colección de xogos populares que nos cederon  dende o Concello de O Grove.

Para esta actividade, enmarcada no MES DA CIENCIA e aproveitando a festa do MAGOSTO eleximos dentro da colección os XOGOS MATEMÁTICOS E DE HABILIDADE sobre todo para 5º e 6º.

Nas fotos podedes ver o interés que despertaron no alumnado e a habilidade que demostran.
 Lectura comprensiva e interpretación de textos( fichas dos xogos), coñecemento da cultura popular galega, emocións,  xogo colaborativo e moito máis, permítenos traballar co alumnado esta colección, dun xeito moi atractivo para eles.


Totalmente recomendable esta colección de xogos, se queredes solicitala solo tendes que poñervos en contacto co Concello.
Grazas as persoas que os deseñan, elaboran e comparten de maneira totalmente altruista.



No hay comentarios: