Amosando publicacións coa etiqueta Día dos Museos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día dos Museos. Amosar todas as publicacións

16 de maio de 2024

18 de maio: Día dos museos

 O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos.

Desde a arte, a historia, a ciencia, a tecnoloxía os museos axúdannos a comprender o mundo.

O lema deste ano é "Museos pola educación e a investigación".

Son espazos educativos dinámicos que fomentan a curiosidade, a creatividade, a investigación e o pensamento crítico.

Sempre é unha gran idea visitar un museo, sobre todo os que están preto de ti. O Museo do Mar en Moaña, o Museo do Videoxogo en Cangas, o Museo Massó...


O museo Massó convídanos a unha experiencia inmersiva a través do tempo: "Unha salgadura que ven e vai"

Feliz Día das Letras e dos Museos!


14 de maio de 2023

Actividades Museo Massó

 Co gallo do Día Internacional dos Museos, 18 de maio, o Museo Massó convídate, previa incrición, a diferentes actividades.

Ven a celebralo no Museo do noso concello!




23 de maio de 2020

Día 69: 23.05.20 SEMANA DOS MUSEOS. CONTO

MUSEOS POLA IGUALDADE: DIVERSIDADE E INCLUSIÓN

Para rematar esta SEMANA DOS MUSEOS escoitade este fermoso conto titulado EL MUSEO, texto de Susan Verde e ilustracións de Peter H. Reynolds, editado por RBA.

https://mediateca.educa.madrid.org/video/9kkaa3xsxrt8mjbg?fbclid=IwAR2VTlPf5t5VkRzt-0TtcSxpFI5_TUai01kCVre6nMdjVuZv7RZmy_AqKP4


22 de maio de 2020

SEMANA DOS MUSEOS. MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA

MUSEOS POLA IGUALDADE: DIVERSIDADE E INCLUSIÓN

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) está situado en Santiago de Compostela, especializado en materia educativa. 

O seu obxectivo é recuperar, protexer, mostrar e difundir o patrimonio educativo de Galicia.

Mostra a evolución da escola galega. Pódese ver recreacións de aulas desde o século XIX, obxectos escolares, xoguetes antiguos, especialmente un futbolín (inventado por un galego, despois da Guerra Civil, para que todos os nenos e nenas feridos xogasen ao fútbol). Interesante é unha copia da Carta Geométrica de Galicia elaborada por Domingo Fontán entre 1817 e 1834  (primeiro mapa físico elaborado con criterios científicos e matemáticos). Unha das actividades estrela para conmemorar o  Día dos Museos 2020 foi a renovación dun "Parchís inclusivo". 


Durante a visita fíxate ben na procedencia dos obxectos xa que o noso centro aportou diferentes recursos!








21 de maio de 2020

SEMANA DOS MUSEOS. MUSEO DO FERROCARRIL DE GALICIA

MUSEOS POLA IGUALDADE: DIVERSIDADE E INCLUSIÓN

O Museo do Ferrocarril de Galicia (MUFERGA) está situado en Monforte de Lemos (Lugo).

A chegada do ferrocarril a Galicia supuxo un gran avance para a nosa comunidade. No ano 1883 tivo lugar a viaxe inaugural entre Madrid e A Coruña.

Neste museo podemos ver unha locomotora de vapor e outras máis modernas a diesel e eléctricas. Un exclusivo coche moi similar os do mítico Orient Express. Tamén un tren histórico das Forzas Armadas, con material empregado polo Exército de Terra, incluído un tanque.

Este museo é un dos mellores de España.









20 de maio de 2020

SEMANA DOS MUSEOS. MUSEO DO XOGUETE

MUSEOS POLA IGUALDADE: DIVERSIDADE E INCLUSIÓN
Cada día un museo...
Hoxe recomendamos o MUSEO GALEGO DO XOGUETE en Allariz (Ourense).


Foi creado en 1995, a partir de doazóns. Na actualidade ten un fondo museístico de preto de 1500 xoguetes do século XX.

Marabilloso espazo donde os maiores lembran o seu pasado e os nenos e nenas descubren a que xogaban os seus pais e avós!




19 de maio de 2020

SEMANA DOS MUSEOS. MUNCYT

MUSEOS POLA IGUALDADE: DIVERSIDADE E INCLUSIÓN

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) atópase en A Coruña. 


O seu fondo consta de máis de 15.000 obxectos entre aparellos tecnolóxicos, instrumentos científicos, máquinas, ferramentas, vehículos de transporte e ferramentas industriais desde o século XVI ata a actualidade.
O primeiro que ve o visitante é unha avioneta de acrobacias colgada do teito e tamén o primeiro coche fabricado en serie en Europa (un Citroen de 1922), a primeira lanterna eléctrica da Torre de Hércules, o primeiro computador que funcionou en España, o primeiro acelerador de partículas...

Na Sala Iberia está a cabina do Boeing 747 "Lope de Vega", que trasladou o Guernica de Nova York a España en 1981. Pódese ver a cabina por dentro, cos mandos, o tren de aterraxe dianteira, o radar ou a súa caixa negra.


Unha visita máis que recomendable!


Visita e actividades virtuais en: http://www.muncyt.es/portal/site/MUNCYT/menuitem.8dbda8254659d9883c791a1801432ea0/?vgnextoid=412429e265202710VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=9ec5e42baddea410VgnVCM1000001d04140aRCRD

18 de maio de 2020

18 de maio: DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

MUSEOS POLA IGUALDADE: DIVERSIDADE E INCLUSIÓN
Este é o lema do Día Internacional dos Museos 2020, que nós celebraremos toda a semana.
Os Museos favorecen o intercambio cultural desenvolvendo a colaboración e a paz.


Cada día desta semana propoñémosvos unha visita a un museo. 
Iniciamos esta andaina polo que temos máis preto o MUSEO MASSÓ.

"AS EMPREGADAS NA INDUSTRIA CONSERVEIRA"é o título da exposición sobre as mulleres empregadas na conserveira Massó.

A programación do Museo está accesible no blog  https://museomasso.blogspot.com/. Poderás ver:
  • Reproducción en pdf e aplicación multimedia do catálogo editado por Massó Hermanos S.A. en 1924, testimonio do traballo feminino na industria conserveira.
  • Vídeo divulgativo. Acceso dixital ao calendario 2020 editado por Xerais sobre este tema.
  • Elaboración dun puzle dixital realizado a partir da portada da revista Industria Conservera de marzo de 1939 coa imaxe dunha empregada, deseñado por Manuel Torres.

Na páxina do Museo podemos ler:

"O Museo Massó encóntrase instalado nas naves industriais da antiga conserveira Massó Hermanos, nas inmediacións do porto de Bueu, na ría de Pontevedra e en pleno corazón da península do Morrazo.  A idea de crear un museo foi suxerida por Guillermo Marconi durante a visita que realizou en 1928 á Fábrica de conservas Massó. No domicilio da familia quedou sorprendido pola colección de instrumentos de navegación, documentos e libros antigos, obxectos curiosos e maquetas de barcos históricos. Seguindo o seu consello, os irmáns Massó levantaron unha planta sobre o máis antigo edificio da fábrica, e en 1932 nacía o Museo Massó.
Co tempo, os testemuños das factorías conserveira e baleeira e a actividade pesqueira foron completando o perfil do museo. En 1994, despois do peche da fábrica, o museo foi adquirido pola Xunta de Galicia. Hoxe no Museo Massó convive o patrimonio marítimo e industrial co espírito erudito do coleccionismo doutra época."