31 de xan. de 2022

CONTACONTOS POLA PAZ

 O alumnado de 6º seleccionou entre a bibliografía da Paz diferentes historias para contar a todas as titorías no seus espazos.

Foi unha HORA DE LER diferente e moi divertida!

Como nos gusta escoitar historias!



Está nas túas mans que a violencia desapareza! 

Máis no blog de Infantil.

30 de xan. de 2022

MINUTOS MUSICAIS

 Esta semana escoitaremos "TERRA" canción coa que o trío galego "TANXUGUEIRAS" se presentou ao  Benidorm Fest. Unha canción que ,a ritmo de muiñeira, empodera a nosa cultura e a nosa lingua e di que non hai fronteiras para elas.

 Terra é unha canción escrita nas distintas linguas oficiais de España, aínda que o  galego é o fío conductor entre todas elas.

 A pesar de non quedar seleccionadas para representar a España no Festival de Eurovisión, para nós son as GAÑADORAS!!

                      

                                             FELIZ SEMANA!!!!

28 de xan. de 2022

Día da Paz e Non Violencia!

 Hoxe celebramos o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E NON VIOLENCIA que cada 30 de xaneiro desde 1964 conmemora a morte de Mahatma Gandhi.

Gandhi foi un pacifista que defendeu a non violencia e o diálogo.

Como el dixo 

"NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO"

Pero... que é a paz?

O alumnado de 6º de Primaria compartiu un mural onde explicaron o seu significado.

A PAZ É RESPECTAR E AMAR!

 

Relacionado co Proxecto documental deste curso: A MEMORIA DO NOSO, bailamos e cantamos  todos xuntos a danza "O xogo da carrasquiña".


Todas as titorías decoraron con debuxos, palabras, frases... PARAUGAS DE PAZ. Están preciosos cubrindo a entrada do cole.


Coidemos a Paz, fomentemos o diálogo!

Goza coa lectura do álbum ilustrado "PALABRAS CON CORAZÓN", realizada polo alumnado de 6º de Primaria, escrito por Kate Jane Neal, editado en Cubilete (Bruño). Está a túa disposición na biblioteca.

Coas palabras dialogamos,

coas palabras sentimos,

coas palabras transmitimos,

as túas palabras teñen un gran poder!

A Biblioteca Escolar ten a palabra!

Recreos na biblioteca

 Vivan os RECREOS CREATIVOS na biblioteca!


Todo é posible con IMAXINACIÓN!

27 de xan. de 2022

Palabras con corazón!

A Biblioteca Escolar ten a palabra!

Coas palabras dialogamos,

coas palabras sentimos,

coas palabras transmitimos,

as túas palabras teñen un gran poder!

...

Escoita "PALABRAS CON CORAZÓN", unha lectura do alumnado de 6º de Primaria do álbum ilustrado que está a túa disposición na biblioteca, escrito por Kate Jane Neal, editado en Cubilete (Bruño).




 Preciosa lectura!



 

23 de xan. de 2022

MINUTOS MUSICAIS

 Nesta semana, final do mes de xaneiro, na que celebramos o día da Paz, escoitaremos a canción  «What a Wonderful World» interpretada por músicos da fundación Playing for Change.

 Unha canción cunha mensaxe  optimista  e con esperanza nun  futuro mellor. Estreada polo músico e cantante de jazz Louis Amstrong en 1967.


 FELIZ SEMANA!!!

 

21 de xan. de 2022

Contacontos: A CEBRA CAMILA

As nenas e nenos voluntarios de 6º de Primaria, Sabela, Neves, Candela e Álvaro prepararon o conto "A cebra Camila".

O mércores gozaron da sesión de contacontos o alumnado de Infantil e o venres 1º, 2º e 3º de Primaria.

 




Aquí vos deixamos unha gravación do conto por si queredes volver a escoitalo:


MOITÍSIMAS GRAZAS POR CONTAR E POR ESCOITAR!


Club de lectura: INVISIBLE

 Iniciamos este segundo trimestre, os dous clubs de 6º,  coa lectura de INVISIBLE, escrito por Eloy Moreno.



16 de xan. de 2022

VISITA AO HOTEL DE BICHOS

Os nenos e nenas de 6º de Infantil visitaron o noso HOTEL DE BICHOS.

Poidemos observar e ser observados por lagartos, abellas... 

Foi unha experiencia emocionante!



MINUTOS MUSICAIS

Nesta semana celébrase o "DÍA INTERNACIONAL DO ABRAZO" (21 de xaneiro).
Desde o 2020, por mor  da pandemia, as apertas quedaron reducidas, sobre todo  naquelas persoas que non son conviventes. É por iso que, desde aquí vos animamos a que manifestedes os vosos desexos de abrazar ás persoas queridas, familiares e amigos, xa sexa cun xesto ou con palabras agarimosas. Ao menos ata que poidamos voltar retomar este hábito tan saudable. Porque está demostrado, ABRAZAR é bo para a nosa saúde.

Como audición, deixámosvos unha fermosa canción de Magín Blanco que nos fala disto: "RUMBA DAS APERTAS".



FELIZ SEMANA!!!



10 de xan. de 2022

Cambio de data Club de Lectura de Adultos

 AVISO IMPORTANTE:

Debido á alta incidencia de casos de Covid-19 e para extremar as precaucións, cambiamos a data da reunión do club de mañán día 11 de xaneiro para o martes 8 de febreiro ás 18,30 no local da biblioteca pública. 
Se a situación mellorase nestas 4 semanas poderiamos adiantalo. 
Si queredes podedes enviar algún comentario sobre "Deixádenos remar" e compartirémolo a través do blog. 

A próxima lectura será "UN PAÍS CON TU NOMBRE" de Alejandro Palomas.
Gozade coa súa lectura!

9 de xan. de 2022

MINUTOS MUSICAIS

 Estamos xa de volta, despois das vacacións de Nadal, con moito ánimo e alegría e, como  non , coas nosas audicións semanais.

Comenzamos cun clásico xa destas datas, a "Marcha Radetzky" do compositor Johan Strauss pai.

Na actualidade é moi coñecida porque todos os  1 de xaneiro a Orquestra Filarmónica de Viena remata o seu concerto de Aninovo con esta  obra. Durante a súa interpretación a audiencia aplaude ao compás e o director xírase ao público no canto de facelo coa orquestra.


         FELIZ SEMANA!!!

5 de xan. de 2022

Feliz Noite de Reis!

Estades preparados para esta noite máxica?

Oxalá se fagan realidade os vosos soños.



EL REGALO QUE YO QUIERO

Yo no deseo un regalo
que se compre con dinero.

He de pedir a los Reyes
algo que aquí no tengo:
pido dones de alegría
y la canción de un jilguero,
y la flor de la esperanza
y una fe que venza el miedo.

Pido un corazón muy grande
para amar al mundo entero.

El regalo que yo quiero.

GLORIA FUERTES