29 de feb. de 2024

Teatro As alumnas

 Despois de ler, no club de lectura de persoas adultas, a obra dramática As alumnas escrita por Paula Carballeira, este martes 27 de febreiro asistimos a súa representación teatral no Teatro Principal en Pontevedra.

Foi representada por Culturactiva Producións. Dirección Fina Calleja. Elenco: Anabell Gago e Mónica Camaño.

Grandes aplausos para unha gran representación!!


 

Conversando con Andrea Maceiras!

No club de lectura de 6º de Primaria, Os Belulectores, recibimos a visita de Andrea Maceiras, autora do libro Alma de Elefante, por xentileza da editorial Xerais.

Con ela viaxamos polo sueste asiático e descubrimos que hai moitas maneiras de viaxar lendo, escribindo, debuxando...

Dialogamos arredor do seu libro, de que hai cousas pequenas que son fortes e cousas grandes que son delicadas, de que todas e todos temos o noso lugar no mundo.

E ti... De que animal tes alma?

Grazas Andrea por compartir as túas experiencias con nós!

Intentaremos seguir o teu consello: "Non deixedes de LER"




 

Axudando na biblioteca!

 Voluntarias de biblioteca buscaron recursos para o comedor. Deseñaron un cartel precioso!


Grazas a todas pola vosa axuda selando, etiquetando, ordenando, contabilizando, creando...

28 de feb. de 2024

Voluntariado na biblioteca!

Rapazas voluntarias selando, poñendo etiquetas... Colaborando na biblioteca!


  

 

Mil grazas!

Lecturas compartidas!

Durante a Hora de Ler, as rapazas e rapaces de 2º de Primaria compartiron lecturas fraternales coa clase de 4º de Infantil. 

Foi unha experiencia fantástica!

Como nos gusta compartir lecturas!


26 de feb. de 2024

Conversando con Xavier Estévez!

 Esta mañá, por xentileza de Faro da Escola, recibimos a visita do escritor Xavier Estévez na nosa biblioteca para dialogar sobre o seu libro "A memoria dos pingüíns". Tamén comentamos outros títulos seus que nos gustan moito "Avións de papel", "O corazón da maxia".

Respondeu a todas as nosas preguntas arredor do libro, do seu proceso creativo.

Comentounos que se basea en situacións reais, que incluso algúns dos seus personaxes existen na realidade. "Resultou ser unha charla motivadora para a vida".

Animounos a subir na escaleira das lecturas para entender o mundo e coñecernos mellor.

Mil grazas Xavier por compartir tempo e lecturas!




Día de Rosalía 2024

 23 de febreiro: Día de Rosalía De Castro, poeta de referencia da nosa literatura.

Fantásticas actividades para conmemorar esta data sinalada: creatividade artística, recitado, voluntariado, obra de teatro, actuación musical...


 

- Camiños de Poesía

Cada titoría elixiu un poema que ilustrou colaborativamente. O fío condutor foi a cociña, as comidas que aparecen nos poemas da nosa poeta universal: os zonchos, a limoada, os boliños do pote...

Todas estas ilustracións forman Camiños de Poesía do que podedes gozar en diferentes localizacións da nosa parroquia. En Rúa Nova de Arriba, en Bon de Arriba e Bon de Abaixo, en Area de Bon, en Cabo Udra, na igrexa, en Cabalo, na Praia de Beluso e todas xuntas ao lado da Casa do Pobo, na biblioteca pública.


Grazas aos voluntarios e voluntarias de 6º de Primaria pola súa colocación!

Anímate a buscar as diferentes ubicacións!

Parabéns a todas e todos polas ilustracións e polo ben que recitades os poemas de Rosalía!


 --Representación teatral: Rosalía
Dentro do Programa Lectura e Familias, Noelia e Ángeles, mamás de Elena e Noa, crearon unha peza teatral musical, Rosalía, na que nos van narrando, dun xeito moi ameno a vida e obras de Rosalía con música moi actual.
Foi representada por alumnado voluntario de 6º de Primaria.
Gozade da súa actuación e magnífica dirección visualizando este vídeo:
 

 





Parabéns por esta magnífica dramatización!

--Actuación musical: Novos Ventos
A parte musical correu a cargo do grupo Novos Ventos que interpretou diferentes temas de música tradicional: unha alborada, un pasodobre, unha muiñeira... 
Este grupo ten as súas raíces no noso cole, xa que parte dun grupo de música e baile que iniciou a súa andaína no noso centro, levando o seu ben facer por toda Europa durante a década dos oitenta.
Algúns dos seus compoñentes actuais formaron parte da iniciativa.

VIVA ROSALÍA!

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA!

25 de feb. de 2024

Minutos musicais!

Última semana de febreiro con 29 días por ser ano bisiesto!

Febreiro mes de Rosalía, da lingua materna, das enfermidades raras... 

Escoitaremos Sementeira, canción do grupo folk Fuxan os Ventos.


"A terra arada e labrada 

só quere ser sementada"

Manuel María 

Feliz semana que iniciamos en febreiro e acabamos en marzo!

20 de feb. de 2024

Lendo "A memoria dos pingüíns"

 Esta semana durante o club de lectura, despois de comentar a parte lida estivemos compartindo a experiencia de lectura en silencio todas e todos xuntos.

Foi unha experencia moi bonita!









Club de Lectura de persoas adultas

Na próxima xuntanza do club falaremos arredor dunha obra de teatro, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023.

Anímaste a vir?



18 de feb. de 2024

Minutos musicais!

 Esta semana na que conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, 23 de febreiro, escoitaremos durante uns minutos durante a entrada ao grupo do Morrazo chamado Astarot cunha versión moi especial do poema Adiós ríos, adiós fontes.

A banda quixo render homenaxe desde o mundo do rock a autores que marcaron a Literatura en lingua galega, como Rosalía de Castro, Federico García Lorca,  Xela Arias ou Celso Emilio Ferreiro, entre outros.

  ASTAROT son :
Juán A. Antepazo – Voz principal
Carlos Gandón – Guitarras e voces
Carlos Rodal – Baixo
Nano Vikendi – Guitarras e voces
José M. Piedra - Batería


Espéranos unha semana con moitas sorpresas... Estades preparados e preparadas? 

Feliz semana!

9 de feb. de 2024

Entroido 2024!

Moito deporte e diversión neste venres de Entroido!

Recibimos no salón de actos á comparsa de Bueu Os Mulos. Músicos de orella que nos amenizaron con cinco pezas.



Na merenda degustamos doces típicos desta época: orellas, filloas, chulas...

A continuación preparámonos cos nosos disfraces. Traiñeiras, mergulladores, taekwondo, natación, ximnasia rítmica, tenis de mesa, xadrez. Todas e todos xuntos desfilamos ao son da percusión dos compañeiros e compañeiros de 6º de Primaria polos corredores e polo pavillón onde cantamos as letras das comparsas escritas nas titorías.


Rematamos bailando ao ritmo da música de Entroido!

Grazas ás familias por acompañarnos e a ANPA Cabo Udra pola decoración tan colorida e festiva da entrada!!


8 de feb. de 2024

Boniface Ofogo e Marc Taeger

 Esta mañá (Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria) escoitamos dúas fermosas historias da man de Boniface Ofogo e gozamos da creación artística de Marc Taeger.

Boni Ofogo compartiu o seu novo libro O elefante que perdeu o seu ollo, coa reflexión  final de que debemos manter sempre a calma. Ao mesmo tempo, Marc Taeger debuxou o precioso elefante protagonista e explicounos o motivo das cores empregadas.

Tamén escoitamos O león Kandinga, historia que nos fixo pensar do importante que é compartir.

Moitas grazas a Boni, a Marc e a editorial Kalandraka por esta inesquecible sesión de contacontos!







Ata pronto!!



Mandados de Entroido 5

 


7 de feb. de 2024

Visita de Boniface Ofogo!

Este xoves, por xentileza da editorial Kalandraka, visita a nosa biblioteca Boni Ofogo.

Boniface Ofogo procede dunha aldea do interior de Camerún. Estudou Filoloxía Hispánica. Foi mediador intercultural no Concello de Madrid e, desde 2005, dedícase a percorrer escolas, bibliotecas e centros sociais relatando historias. 

 Actuou por toda España (Maratón de Contos de Guadalaxara, Fórum das Culturas de Barcelona, Festivais de Oralidade de Jaca e Elxe) e numerosos países: Francia, México, Cuba, Brasil, Costa Rica, Colombia, Arxentina, Cabo Verde, Marrocos…

É especialista en fábulas, lendas, mitos e tradicións de África.

Entre os seus contos están África negra, Una vida de cuento, O león Kandinga, que forma parte da tradición oral dos bantú, A paso de Tartaruga, O elefante que perdeu o seu ollo, ilustrado por Marc Taeger...


 

Que gran sorpresa!

Mandados de Entroido 4

 


6 de feb. de 2024

Club do Mar Bueu

 O martes 6 de febreiro, os nenos e nenas de Infantil, visitamos o Club do Mar de Bueu e o Museo Massó relacionado co proxecto documental deste curso.

Percorremos as instalacións do Club do Mar de Bueu, remamos e diferenciamos entre traiñeira, traiñeiriña e batel. Tamén soubemos que as embarcacións deste club levan por nome diferentes estados do mar: Maruxía, Mareira, Viruxe, Xifral...

Grazas a Valente e Adrián polas súas fantásticas explicacións e por acompañarnos durante a visita.


A continuación, en grupos, visitamos dúas salas do Museo Massó. Gozamos dunha fantástica visita!



Mandados de Entroido 3

 


4 de feb. de 2024

Minutos musicais!

 Semana de Entroido!

A bailar, a sorrir con Carlinhos Brown e a súa canción Maria Caipirinha.

Carlinhos Brown é un músico, cantante e produtor musical brasileiro. O seu estilo musical mestura reggae  e percusión tradicional brasileira. A súa música é sinónimo de festa, de diversión.

É un artista comprometido co seu pobo. Desenvolve grandes proxectos sociais na favela de Candeal en Salvador de Bahía, Brasil.

A bailar para espantar a tristeza!

2 de feb. de 2024

Mandados de Entroido 1

 Próxima semana... Semana de Entroido!!

Estás preparada? Estás preparado?

Anímate a participar cos mandados de Belusiña!!