28 de feb. de 2020

PREGUNTA

Cal é o nome da escritora galega que estivo de aniversario esta semana?

RECITANDO A ROSALÍA!

Este venres 28 gozamos dun marabilloso acto poético: "RECITANDO A ROSALÍA" no parque Novas coa colaboración de diferentes personalidades do noso concello: alcalde, concelleiro, presidente da Fundación Novas, representantes de diferentes negocios locais, de asociacións, nais, alumnado voluntario de 6º... e o magnífico acompañamento musical de seis integrantes da Banda de Gaitas Manxadoira (Román, pai dun alumno, Antonio Solla, Julio, Florencio, Merchi, ex-alumna, e Lupe).
Recitaron e incluso cantaron poemas da nosa benquerida poeta.
Agasallamos aos participantes cunha flor e un marcapáxinas en forma de estrela cun poema, para recordar que a  HD 149143 leva o nome de Rosalía de Castro.




Máis fotos e información na páxina do concello de Bueu e no xornal Faro de Vigo.

Nas diferentes titorías recitamos e ilustramos poemas de Rosalía que están expostos nun lugar visible cara á Casa do Pobo e tamén en diferentes ubicacións de Beluso. Localízaos e envía a túa foto ao correo da biblioteca: biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com


O NOSO AGRADECEMENTO A TODOS E TODAS
 POR PARTICIPAR E ASISTIR A ESTE RECITAL!

24 de feb. de 2020

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro de 1837, naceu nunha casa do Camiño Novo (hoxe rúa Rosalía de Castro) en  Conxo (Santiago de Compostela) ROSALÍA DE CASTRO, escritora internacional que nos representa a todas e a todos os galegos. 
Curros Enríquez adícalle a nosa autora un poema: “Do mar pola orela / mireina pasar / na frente unha estrela / no bico un cantar”.

Ao longo desta semana conmemoraremos esta data ilustrando poemas de Rosalía nas titorías que colocaremos en diferentes ubicacións da nosa localidade creando un CAMIÑO DE POESÍA. Poderán visualizarse todos xuntos de camiño para a Casa do Pobo, onde está a Biblioteca Pública. O venres 29 será o gran día cun RECITAL POÉTICO: "ROSALÍA DE CASTRO"  a cargo de diferentes persoas da nosa contorna, no Parque Novas.
Para ir preparando o gran día, aquí podedes escoitar diferentes poemas (hai sorpresa final!).

"Dicen que no hablan las plantas"

SondeSeu interpreta: "Campanes de Bastabales" no seu álbum BEIRALÚA.

Carlos Núñez e Fernanda Cabral rapean: "Alborada"

"Castellanos de Castilla" versión da cantautora M J Pérez de Arzúa, fusionando a canción Malamente de Rosalía co poema de Rosalía.
Recuperando o noso canal de poesía: 3, 2, 1...POESÍA, estes marabillosos poemas:
 Máis vídeopoemas no canal de poesía do CEIP Montemogos.
FELIZ SEMANA DE ROSALÍA!
GOZADE COA POESÍA!

21 de feb. de 2020

ENTROIDO SOSTIBLE!

O tema elexido para o desfile de Entroido deste curso foi os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible facendo fincapé:













 Preciosas pancartas deseñadas polo alumnado, incluso con mensaxe:







Fantástico desfile polas rúas de Beluso arroupados por toda a veciñanza e coa colaboración da ANPA:







Cantamos as coplas, compostas nas distintas titorías, no salón de actos:







Unha pequena mostra das letrillas das coplas:













MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

20 de feb. de 2020

"A VACA QUE PUSO UN OVO"

Esta semana foi o turno para tres magníficos contadores de historias que fixeron gozar moito ao público de Infantil, 1º e 2º co conto "A VACA QUE PUXO UN OVO", álbum ilustrado escrito por Andy Cutbill, editado por Patas de Peixe. Unha historia sobre a inclusión, o respecto ás diferentes familias...
MOITAS GRAZAS A YOEL, HUGO E ASIER!
SODES FANTÁSTICOS!

18 de feb. de 2020

LEDICIA COSTAS: Conexión Macarrón

Hoxe tivemos a inmensa fortuna de que visitase a nosa biblioteca LEDICIA COSTAS, por xentileza de Faro da Escola. Estivemos conversando sobre o seu libro "CONEXIÓN MACARRÓN", resultando un coloquio moi dinámico e divertido con temas como os extraterrestres e a comida: croquetas, macarróns, gatos, ratas,... e sobre todo falamos das PALABRAS, dos xogos de palabras. 
Foi un verdadeiro pracer. 




MOITAS GRAZAS A LEDICIA POR VIR E A FARO DA ESCOLA POLA INICIATIVA!

14 de feb. de 2020

OS 3 RRR NO CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS

O alumnado de 4º curso de Primaria realizou unha marabillosa presentación titulada: OS 3 R NO CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS sobre a reciclaxe incidindo no uso do composteiro.
Ata nos explicaron un xogo co escornabot!

Máis información no blog de Primaria
MOITAS GRAZAS POLA EXPLICACIÓN E OS CONSELLOS!

"A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE"

Na biblioteca, Sabela, Sheila, Neves, Candela e Lucía dramatizaron unha fermosa historia titulada "A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE" escrito por Ella Burfoot, para o alumnado de Infantil, 1º e 2º. Asistimos a unha magnífica representación.


PARABÉNS RAPAZAS!
SEGUIDE ASÍ GOZANDO DOS LIBROS, A LECTURA E A REPRESENTACIÓN!

PREGUNTA

Le as entradas do blog desta semana e responde:
-Que escritora gañou o  PREMIO MATILDE BARES que concede o Concello de Bueu?

12 de feb. de 2020

A maleta de igualdade chegou ao cole!

Hoxe chegou a maleta de igualdade ao cole da man do CFR (Centro de formación e recursos de Pontevedra) e en cada corredor de infantil e primaria repartíronse os libros que son moi, moi interesantes. Algúns deles xa os temos na biblioteca do cole pero outros aínda non os temos e imos lelos, como...

Unha princesa en motocicleta
La increíble historia del mago del balón
Sir nenúfar, una gran historia de una rana diminuta.
El bello durmiente


BIBLIOLAB: COMO COMO?

Mércores?... Recreo...LABORATORIO!!!
Hoxe, unha experiencia para observar e esperar. 
Necesita tempo.


PREPARACIÓN:

 FORMULACIÓN DE HIPÓTESES:
TEMPO DE ESPERA:
QUE PASARÁ?