28 de feb. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!

 Nesta primeira quincena de marzo, adicaremos as audicións musicais a mulleres que destacaron e destacan no mundo da música.

Comenzamos esta semana con dúas voces imprescindibles na historia da música: Aretha Franklin (Coñecida como a raíña do soul) e Billy Holiday (Unha das máis grandes do Jazz). 

Escoitaremos dúas cancións emblemáticas : "Respect" que se convertiría nun himno feminista e "Strangers fruit" un himno en contra da segregación racial, considerada como a primeira canción protesta interpretada en público.




                                              BOA SEMANA!!!


26 de feb. de 2021

ALBORADA!

 Rematamos a semana adicada a Rosalía de Castro cun traballo colaborativo realizado polo alumnado de 5º e 6º de Primaria sobre o poema ALBORADA de Cantares Gallegos.

FERMOSO TRABALLO. MIL GRAZAS!

23 de feb. de 2021

DÍA DE ROSALÍA 2021

24 de febreiro: Día de Rosalía De Castro, poeta de referencia da nosa literatura.

Conmemoramos esta data tan especial ilustrando marcapáxinas e poemas para CAMIÑOS DE POESÍA, poemas ubicados en diferentes lugares de Beluso. Se atopas algún, podes enviar unha foto, que publicaremos no blog, ao correo biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

 

Grazas ao alumnado voluntario de 6º de Primaria por colocar os poemas elaborados nas diferentes titorías e por repartir co mBot os marcapáxinas como verdadeiros amigos invisibles!



As nenas e os nenos de 4º EI decoraron e bailaron con Rosalía. Visita o blog de Infantil.

Agasalla cun libro en galego e unha flor ás persoas queridas!

21 de feb. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!

 Nesta semana adicada á nosa benquerida Rosalía de Castro a audición será a versión cantada, na voz de  Uxía, do  fermoso poema "ALBORADA", un poema no que Rosalía canta a un novo día, un novo sol, un novo tempo de alegría e esperanza...

O poema aparece no final do seu libro "Cantares Gallegos", libro que escribiu inspirándose en cantigas populares. Sen embargo coa Alborada fai o proceso inverso, escribe o poema pensando nunha música. Así o especifica ela mesma nunha nota o pé da páxina “A mais grande dificultade qu’achey prá escribir esta alborada foy o meu deseyo de que sahise nún todo arregrada á música…

¡Arriba
todas, rapaciñas do lugar,
que o sol
i a aurora xa vos vén a despertar!
¡Arriba!
¡Arriba, toleirona mocidad,
que atru-
xaremos—cantaremos o ala... ...!!!



16 de feb. de 2021

VIDEO LIBRO "CANDO SOA A BUGUINA"

 Os nenos e nenas de 6º de Primaria comparten con todos a lectura do libro "Cando soa a buguina" de Henrique Rivadulla Corcón, publicado por Xerais.

MOITAS GRAZAS!

 

14 de feb. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!

 Nesta semana de San Valentín  escoitaremos a canción "Love is in the air" (O amor está no aire), un clásico da música disco do cantante John Paul Young, todo un éxito no ano 1978!


BOA SEMANA!!


12 de feb. de 2021

ENTROIDO 2021!

 Este ano 2021 pasamos un Entroido diferente e moi moi emocionante.

Axudámoslle a Belusiña creando pareados nas titorías para disfrazarnos cada día: 

 "O luns en pixama viremos. E unha sesta botaremos"

  "Que mañá martes non che esqueza traer algo na cabeza"

 "O mércores un calcetín de cada cor debes traer, e este Entroido será o mellor"

 "O xoves traeremos unha alxibeira ou calquera cousa na cintura, para que así luzamos neste día de leria toda a nosa natural fermosura"

 "Neste ano 2021 todos disfrazados sen faltar ningún"













MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!
 
"Cando era pequeno, os nenos e as nenas de cada lugar de Beluso, nos disfrazabamos de mudados (con roupa vella que había pola casa) e iamos a pedir polas casas unha chuliña, cambiando a voz para que non nos recoñeceran. Era moi moi divertido, todosxuntos comiamos ao final todo o que nos daban: chulas, filloas, orellas, galletas... " (testimonio dun pai de 4º de Infantil)

10 de feb. de 2021

11 de febreiro: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Desde o ano 2016, a Asamblea das Nacións Unidas, estableceu esta data para promover o empoderamento e a participación plena e equitativa das mulleres e das nenas na Ciencia e a Tecnoloxía.

  • Belusiña proponvos este RETO. Entra nos seguintes enlaces e participa:

 https://view.genial.ly/60105fa03ac19c0d8615cd85/interactive-image-11-de-febreiro-dia-da-muller-na-ciencia

Memory: https://view.genial.ly/6011bee10f83110d86b0e64a/game-memory-mulleres-na-ciencia

  • Ven pola biblioteca e xoga cos escornabots.


  • Escoitade con atención ao alumnado de 4º de Infantil expoñendo a biografía de ANN MAKOSINSKI:

  • Este ano unímonos o movemento #No More Matildas da Asociación  de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT). 

         Pequenas biografías de investigadoras neste Anexo para os libros de texto.

  • A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña realizou un pequeno vídeo no que participan científicas e investigadoras para dar visibilidade aos seus traballos.
  • Este ano 2021 está adicado á científica galega Jimena Fernández de la Vega, xenetista. Foi a primeira muller licenciada en mediciña pola Universidade de Santiago e unha gran investigadora.
  • Bibliografía: 


E a ti, que che gustaría INVENTAR?



 


 



 


 


9 de feb. de 2021

New English Books

O voluntariado de 6º de Ed. Primaria presenta os novos libros en inglés que temos no colexio. Xa están na biblioteca do cole e nas bibliotecas de aula. Enjoy!

 

8 de feb. de 2021

MUSEO MASSÓ: MASSOMAKION

 O Museo Massó difunde esta proposta para xogar na casa: MASSOMAKION. (Pincha e segue as instrucións no blog do Museo)

A partir das figuras xeométricas que compoñen o Stomakion de Arquímedes,  poderás compoñer, como se fose un tangram, catro figuras que forman parte dos deseños de catro marcas que comercializou a conserveira Massó Hermanos S.A.

Se precisas máis información sobre "O deseño gráfico na colección do museo Massó" solicita este libro na túa biblioteca. 

 


7 de feb. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!

 Nesta semana de Entroido, a pesar de non ser coma os anteriores anos, non queremos perder o bo humor e a alegría que traen estas datas. para elo propoñemos a seguinte audición "La vida es un carnaval" interpretada pola cantante cubana Celia Cruz, coñecida como "A raíña da salsa".

Unha canción que invita a vivir a vida con alegría e optimismo: "Todo aquel que piense que esto nunca va a cambiar, tiene que saber que no es así, que al mal tiempo buena cara, y todo pasa.”


                  Gozade da música!!

4 de feb. de 2021

PLANTANDO ÁRBORES!

Plantando árbores, sementando futuro!

Esta mañán, grazas a que o tempo deu unha tregua, plantamos todos os cursos árbores. 

En África unha árbore é un símbolo de PAZ. O venres os voluntarios e voluntarias de 6º déronnos a coñecer a unha gran muller chamada WANGARI MAATHAI: A MULLER ÁRBORE e o MOVEMENTO CINTURÓN VERDE. Ela dicía que todos temos que plantar unha árbore e coidar e repectar os bosques.

                                                                         
       

Sabedes que árbores plantamos?
Lede estes versos de Rosalía de Castro, conteñen unha pista :

"Vino unha mañán de orballo,
á mañecida,
durmindo ó pe dun carballo,
enriba da herba mollida."



MIL GRAZAS Á COMUNIDADE DE MONTES POR CONTRIBUÍR
NESTA PLANTACIÓN!
Agora toca agardar... observar... ter paciencia... 

2 de feb. de 2021

Coñecendo a Cubetto

Hoxe, Cubetto, un novo robot da biblioteca do colexio, chegou á aula de 4º de Infantil. Cubetto conta cun panel con frechas, o que facilita o seu uso polo alumnado máis novo. 

Coa axuda das mestras, o alumnado foi quen de facer chegar a Cubetto ao castelo, ao barco, á montaña... 

Ás veces non chegaba a onde queriamos que chegara por ter colocada unha frecha de máis ou de menos e había que cambiar a orde no panel.



CANTANDO IMAGINE!

 Marabilloso traballo colaborativo arredor da canción de John Lennon con ilustracións de 4º de Primaria e voces de 3º, 5º e Brais de 6º.

Parabéns!

Visita o blog de inglés: The World of English Beluso.