7 de dec. de 2011

6 DECEMBRO, DÍA DA CONSTITUCIÓN

Os nenos e nenas de 5º e 6º conmemoran o DÍA DA CONSTITUCIÓN cunha votación. Simulan unha elección de diputados e senadores

5 de dec. de 2011

OS NENOS DE 3º EXPOÑEN NA BIBLIOTECA

Hoxe durante a hora de ler,un grupo de nenos e nenas de 3º, expuseron na Biblioteca o seu traballo de investigación sobre o mundo da castaña. Este traballo foi realizado ao longo do 1º trimestre.

27 de nov. de 2011

RECURSOS PARA O NADAL

Dende a CGEDLG achégannos unha morea de recursos para traballar este NADAL, Preme na imaxe para acceder a eles

18 de nov. de 2011

2ª SEMANA DA FROITA

Esta semana no recreo tivemos menú especial.
O luns : mandarina.
O martes : uvas.
O mércores : plátano.
O xoves : melón.
E o venres macedonia!

Poesías adicadas á froita:

CUATRO COMIDAS
Me gusta la leche tibia
Para desayunar.
Con galletas o tostadas
Y mermelada para untar.
Para la comida ensalada,
Carne o pescado, espinacas
O acelgas; y fruta fresca
Todo, sentado a la mesa.

poesía sobre alimentacion
En la merienda un bocata
Fruta o yogur con cereal.
Comparto todo con mis amigos,
Que invito a casa para jugar.
Para la cena pescado a la plancha
Otra ensalada y un rico yogur,
Y bien bañadito, a dormir temprano.
Así los niños cuidan su salud.
Autora: Nilda Zamataro

poesía sobre alimentacion

MACEDONIA DE FRUTAS
Una roja raja de sandía,
el dulce caramelo del melón,
la carne alba de madura pavía,
dorados trozos de buen melocotón;
unos gajos de naranja amarga,
con un poco de Kiwi que de el verde
y la suave carne de oronda manzana,
que entre tanta variedad nunca se pierde.
El plátano da sabor y consistencia
se entrecruza con los trozos de la pera,
ya sea de agua o la de conferencia,
y con algunas perlas de uva entera.
El mango, contundente y tropical,
fruta exótica allí donde la haya,
completará tan buen ceremonial
con el cálido sabor de la papaya.
Con esta combinación de fruta fresca
me ha quedado un postre delicioso
para ver si con ellas se refresca
el paladar del invitado más goloso.
Autor: José García Velazquez

14 de nov. de 2011

MAGOSTO 2011

Ao longo de toda a semana fixemos diversas actividades.
Os pequenos de infantil cantaron e recitaron para os maiores na Biblioteca.
O xoves tivemos unha festa moi DIVERTIDA (PINCHA PARA VER AS FOTOS 
                                                                                    NO BLOGUE DE DINAMIZACIÓN)

7 de nov. de 2011

MÚSICA E DEPORTE SON AS MELLORES ENERXIAS

Consulta a información sobre a acción solidaria do cantante HUECCO e deste videoclip na páxina da fundación "Dame vida"

6 de nov. de 2011

CIENCIA EN GALEGO

 PARA LER A NOTICIA E VER AS FOTOS ENTRA BLOG DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO COLE.

28 de out. de 2011

O SAMAÍN NO COLE

Aquí tendes unha mostra das actividades que durante toda a semana se estiveron a levar a cabo no colexio.
Agradecemento especial as familias. A EXPOSICIÓN DE CABAZAS FOI MAGNÍFICA GRAZAS A TODOS VOS.
      CONTO.Os  nenos e nenas do segundo e do terceiro ciclo, fixeron lecturas de contos de medo nas clases de Educación infantil. Pincha na palabra conto e poderás escoitalos.


                                                     


26 de out. de 2011

GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!


TODOS OS ACRÓSTICOS ESTÁN EXPOSTOS NA BIBLIOTECA E NO SEUS ACCESOS. RECOMENDAMOS QUE OS LEADES!

25 de out. de 2011

24 de out. de 2011

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS DUN XEITO ESPECIAL

Hoxe foi un día fermoso na BIBLIOTECA. Moitas grazas a todos por participar co voso ACRÓSTICO
Aínda faltan as fotos de algúns , pero irémolas incorporando pouco a pouco



18 de out. de 2011

TRABALLAMOS







 Estamos traballando moito para ter a tempo o noso ACRÓSTICO. 
Non vos olvidedes de preparar o voso
                                
                 Os nenos de infantil


OUTONO

VÉN ONDA NÓS O OUTONO
Vén onda nós o outono
dacabalo do aire;
PREME NA IMAXE
nos camiños da fraga                     
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas
estreando friaxe.
                           Ana Mº Fernández  

RECURSOS PARA O SAMAÍN , E O OUTONO : Grazas ao CEIP VICTOR SÁEZ

                        

17 de out. de 2011

MERENDAS RICAS E SAUDABLES!

Ao longo de toda esta semana, NON HAI QUE TRAER MERENDA, no cole temos unhas merendas estupendas!

13 de out. de 2011

LEMBRADE!

O 24 de outubro celebamos o día das Bibiliotecas escolares. Xa sabedes que vos esperamos co voso acróstico. A cambio recibiredes un bombón.
IMPRESCINDIBLE PARA RECIBIR O BOMBÓN É PRESENTAR UN TRABALLO BEN FEITO.
Grazas ao CEIP GUADIANA de Badajoz por compartir o seu traballo



 Pincha na imaxe para ver en pantalla completa

26 de set. de 2011

16 de set. de 2011

LA VENDIMIA - FRANCISCO DE GOYA Y LUCIENTES

Un joven sentado sobre una piedra y vestido de amarillo, como color símbolo del otoño, ofrece a una dama un racimo de uvas negras. Un niño ansía alcanzar el fruto brindado, reservado a los mayores. Junto a ellos aparece otra mujer en pie con un cesto de uvas, semejante a las alegorías clásicas de la diosa Ceres con frutas en la cabeza. Detrás, se encuentran unos vendimiadores junto a la viña que da paso al valle, coronado con la insinuación de unas montañas al fondo.
La vendimia es aquí, siguiendo una iconografía tradicional en la pintura occidental, alegoría del Otoño. Es una de las más bellas y difundidas composiciones de todas las series de cartones de Goya, en la que la estructura piramidal y los recuerdos de la estatuaria antigua en las figuras definen el estudio de la tradición artística clásica por parte del pintor. 

Es cartón para uno de los tapices destinados al Palacio de El Pardo



SE QUERES VELO MÁIS DE CERCA PINCHA AQUI E MÓVETE CO RATO POLO CUADRO

15 de set. de 2011

QUE BEN SOA!!

Ao longo de toda a semana sonou a música de Mozart á hora de entrar e a hora de saír ao patio.

Para escoitar máis pincha na foto

UN NOVO CURSO!!

Hola a tod@s. Xa estamos de volta.
 Agardanos un novo ano no que compartiremos  moitas experiencias,  risas, traballos, sorpresas...Coma sempre contamos coa vosa  participación e axuda !
                 
                        

                            

5 de xul. de 2011

FELICES VACACIÓNS

Suxestións para este verán:
  • Apagar o televisor
  • Pasear
  • Xogar
  • Ir ao cine
  • Ir ao teatro
  • Ir a praia
  • Ir ao monte
  • Visitar museos ( por exemplo Massó, Pontevedra,..)
  • Escoitar música
  • Visitar as bibliotecas públicas do noso concello, sobre todo a  de Beluso.
  • E non o esquezas:
  • le
  • le
  • le
  • le
  • le
  • le
  • le
  • Vémonos en setembro. Feliz verán!

COLABORADORES

MOITAS GRAZAS A TODOS OS COLABORADORES E COLABORADORAS POLA SÚA AXUDA.

UNHA CANCIÓN PARA A BIBLIOTECA

Belusiña 

Eu son a Belusiña si!
Neste colexio eu nacín.
Se ves comigo ata aquí
lerás os libros que eu lin.

Vén! A Belusiña é xenial!

Se ves aquí aprenderás.
Nun conto te meterás.
Na biblioteca ti estarás
e a Belusiña alí verás.

Vén! A Belusiña é xenial!

No recreo poderás quedar.
Os libros moito che axudarán
para os exames estudar.
E aquí isto vai rematar.

Vén! A Belusiña é xenial!

Autoras:  CARMEN GARCÍA GARCÍA (6º B) 

                          CARLOTA CASTRO ENRÍQUEZ (6º A)

 Grazas a estas dúas rapazas pola fermosa canción e tamén a todos @s moz@s de sexto pola súa colaboración e participación durante todos estes anos. Moita sorte no IES. Volvede a visitarnos.

21 de xuño de 2011

NO VERÁN...UN LIBRO NA MAN!!

AQUÍ TENDES AS RECOMENDACIÓNS DO EQUIPO DA BIBLIOTECA PARA QUE LEADES MOITO DURANTE AS VACACIÓNS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN ALGUNHAS DAS NOSAS SUXESTIÓNS. BOAS LECTURAS E FELICES VACACIÓNS.
NON VOS OLVIDEDES:  NO VERÁN...UN LIBRO NA MAN!

1 de xuño de 2011

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

   Desde a BIBLIOTECA DO CEIP MONTEMOGOS unímonos á protesta das Bibliotecas Escolares galegas ante a previsible retirada de formadores específicos nos CEFORES.
    INFÓRMATE NO SEGUINTE ENLACE:
https://docs.google.com/document/pub?id=1ezgStaYKUzoU8n-r8kOjKCHlo8nHhD8lMn8QtLdryTs

31 de maio de 2011

MAÑÁN DE TEATRO E PREMIOS


   HOXE, DÍA 31 DE MAIO, PASAMOS UN DÍA ESTUPENDO ASISTINDO A OBRA DE TEATRO REPRESENTADA POR ALUMNOS DE DISTINTAS IDADES DO CENTRO TITULADA: " LA OTRA HISTORIA DE CAPERUCITA ROJA". FOI MOI DIVERTIDO, RIMOS MOITO.

  A CONTINUACIÓN, HOUBO ENTREGA DE PREMIOS DO "CONCURSO DE MARCAPÁXINAS" E DO "CONCURSO DEBUXA E FOTOGRAFÍA  O TEU COLEXIO".

   TAMÉN ASISTIMOS A REPRESENTACIÓN  DE "A ÁRBORE SABIA E A BALEA".

    FOI UN BROCHE DE OURO AO NOSO MES CULTURAL!!!!
  
  

30 de maio de 2011

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2011

Un  festival  moi  variado:
     Primeiro  o  recital  de  poesía  no  que  participou  todo  o  alumnado  do  centro.  Poemas  e  cantigas  referidas  ó  bosque.
   Logo  un  baile  a  cargo  das  "mociñas"  de  5º e 6º  que  entusiasmaron  a  todos.  Tanto   que  tiveron  que  repetilo.
   Por  último  o  plato  forte, "O  MAGO  CALI", ilusionou  a  todos  os  presentes.  Os  seus  trucos  sinxelos  e  vistosos  e  o  seu  humor  convenceunos  de  que  pertence  a  grande  canteira  de  magos  galegos.     Moi  asequible  para  os  nenos,  fíxonos  pasar  uns  nomentos MÁXICOS de  verdade.  Agradecemos  a  súa  visita  e  esperamos  que  non  sexa  a  última. Ata  pronto!

19 de maio de 2011

ANIMACIÓN Á LECTURA

    
      Dentro  das  actividades  da  XXIV  Semana  Cultural,  hoxe  recibimos  a  visita  de  Mario  Tomás.  Un  CONTACONTOS  para  todas  as  idades.
      Foi  un  pracer  escoitalo  e  os  alumnos  disfrutaron  un  montón.
      ATA  PRONTO.  AGARDAMOS  UNHA  NOVA  VISITA.
      MOITAS  GRAZAS.
 

CONCURSO MARCAPÁXINAS

Publicamos os finalistas e a gañadora do concurso de marcapáxinas.
Destacamos a gran participación e os fermosos traballos presentados. Ao xurado custoulle moito escoller  finalistas e  gañadora.
                      MOITAS GRAZAS  A TODOS

 TRABALLO  GAÑADOR

AUTORA: MARTA VIDAL - 5º

  

FINALISTAS



                          


                     

17 de maio de 2011

MAIO: MES DA LINGUA

HOXE, 17 de maio, é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adicado  a LOIS PEREIRO.

EU LEO
TI LES
EL/ELA LE
NÓS LEMOS
VÓS LEDES
ELES/ELAS LEN

4 de maio de 2011

2º CORRELINGUA DO MORRAZO. EN GALEGO SEMPRE SOMOS



   Hoxe  Belusiña  participou  no  2º  Correlingua  do  Morrazo.
Acompañou  aos  alumnos  de  Infantil, 2º, 3º e 5º na  marcha,  nos  xogos  e  na  pintura.
Pero  o  que  máis  disfrutou  foi  do  concerto  de TIC-TAC.
Agradecemos  a  PABLO  DÍAZ  que  nos  adicara  o  libro  de  cancións  que  temos  na  Biblioteca, aumentando  así  o  número  de  libros  firmados  por  autores  e  ilustradores  que  gardamos  coma  tesouros.
Os  nosos  parabéns  á  organización.
TODO  UN  ÉXITO.

29 de abr. de 2011

TERESA GONZÁLEZ COSTA

   Hoxe, venres 29 de abril, visitounos TERESA GONZÁLEZ COSTA, autora do libro:"A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS". Premio Merlín 2010.

   Pasamos un rato estupendo falando de moitas cousas. Sabemos que é actriz(notábase por como xesticulaba), profesora de teatro. Escribe poesías nas que reflexa o que lle pasa. Ilustrou algún dos seus libros. Fala varios idiomas, gústalle o xaponés.

   Por suposto, falamos do seu libro. Contounos anécdotas dos personaxes, dos seus nomes, dos inventos.

   O que máis lle gusta de gañar o Premio Merlín é a posibilidade de contacto cos nenos.

          MOITAS GRAZAS POR VIR AO NOSO COLEXIO!

23 de abr. de 2011

RECURSOS DÍA DO LIBRO

 Hoxe, 23 de abril, é o DÍA DO LIBRO.

ANÍMATE a celebralo con nós realizando algunha das actividades recompiladas por JULIA GONZÁLEZ do CEIP MESTRES GOLDAR. Moitísimas grazas por compartir estes interesantes recursos.


Lembra que no noso Colexio celebrarémolo os días 26, 27 e 28 de abril coa LECTURA COLECTIVA de "EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA" escrito por Miguel de Cervantes Saavedra.

FELICES LECTURAS!

22 de abr. de 2011

23 de abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor


As Bibliotecas Escolares non poden pararse, e menos neste mes de abril, que vén cargado de encontros, soños e actividade arredor do libro e da lectura. O vindeiro 23 de abril, aínda que sexa período vacacional, non pasa desapercibido. Este Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, é un día para reivindicar eses "lugares para a lectura" que construímos entre os lectores e os libros (calquera que sexa a forma que estes libros acaben tomando).
O poeta Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares Galegas cun fermoso texto, "O lugar da lectura", e a Consellería de Educación editou con el un marcapáxinas para celebrar este 23 de abril de 2011. Agradecemos a Carlos Negro as fermosas imaxes do seu texto, aproveitamos para poñer a bufanda colorada e saímos pasear pola fenda do espello.
MARCAPÁXINAS (dobrar en sentido lonxitudinal)

22 ABRIL, DÍA MUNDIAL DA TERRA.

Este planeta Terra é o noso fogar , COIDÉMOLO!!

12 de abr. de 2011

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

   Os días 7 e 8 de abril tiveron lugar en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Nós, como xa é o segundo ano no PLAMBE asistimos o venres 8.
   Inaugurou a xornada Xesús Vázquez, conselleiro de Educación. Foi un día moi interesante xa que houbo charlas, exposicións, obradoiros,...

   A clausura dos Encontros estivo a cargo de Xosé Neira Vilas,autor de "Memorías dun neno labrego", que celebra este ano o 50 aniversario da súa publicación.
  
 Entra como convidado neste enlace e atoparás información moi interesante:

PARABÉNS Á ORGANIZACIÓN
                                                                                 

10 de abr. de 2011

FERMOSO PASEO PARA UNHA TARDE DE SOL

As veces temos ao lado da casa lugares sorprendentes que nos pasan desapercibidos.Un destes lugares é o coñecido como Palacio de Lourizán, situado no lugar do mesmo nome, na carretera vella de Pontevedra, por detrás da Celulosa.

Altamente recomendable un paseo polos seus camiños admirando as árbores centenarias que lles dan sombra.


6 de abr. de 2011

UNHA MALETA CON SORPRESA


Estes días anda rulando polo cole unha maleta de cor azul.Cando chegue a vosa aula abrídea e disfrutade ...

¿TRES HAN DE SER?



Na nosa biblioteca xa temos ¿TRES HAN DE SER? escrito por DARABUC, quen tivo a amabilidade de adicarnos o libro con todo o cariño do mundo.

Desde o colexio Montemogos MOITAS GRAZAS.


 

1 de abr. de 2011

ENTROIDO 2011

Aínda que un pouco tarde,xa están aquí as fotos do Entroido.Esperamos que as disfrutedes



CONTACONTOS

Co gallo do DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, hoxe no noso colexio vixitounos o BARDO ABELARDO. Pasámolo MOI BEN cantando e bailando co seu espectáculo "OS C@NTOS DO BARDO ABELARDO". Grazas por vir a celebralo con nós!

28 de mar. de 2011

BIBLIOTECAS... IMAXINARIAS

Artigo no blog da BIBLIOTECA NACIONAL (si viaxades a Madrid é un gran acerto visitala) sobre BIBLIOTECAS IMAXINARIAS.

Precioso sobre todo si che gusta a lectura e os libros!
http://www.bne.es/webapp/verPostBlog.htm?idPost=68&urlCms=/es/ComunidadBNE/Blogs/index.html

27 de mar. de 2011

2 de abril: DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

"O libro lembra": 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil


O libro lembra. Este é o título do texto da escritora estonia Aino Pervik que serve para conmemorar a data do nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril, e que desde hai xa anos (1967), a IBBY (International Board on Books for Young people) promove como Día Internacional do Libro Infantil, co fin de estimular a creación e difusión de libros de calidade para nen@s e moz@s, e promover a lectura entre a xente máis nova. 
Cada ano, esta organización encarga un texto e unha ilustración para o cartel conmemorativo a autores dun país distinto. Nesta ocasión, Aino Pervik e Jüri Mildeberg proceden de Estonia e agasállanos con unha imaxe exquisita e unha visión do libro como testemuña dunha época e dun lugar. 
Grazas á OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) e á sección galega, GALIX, podemos acceder ao tríptico que presenta o texto de Aino Pervik nas catro linguas do Estado, e disfrutalo en galego. 

26 de mar. de 2011

BIBLIOTECA NACIONAL

PARA OS MAIORES DA CASA. UNHA VERDADEIRA XOIA

Preme na imaxe para acceder

21 de mar. de 2011

21 DE MARZO

O luns 21 de marzo...  triple celebración:

DÍA DA POESÍA

DÍA DA ÁRBORE

CHEGADA DA PRIMAVERA

ACHÉGATE POLA BIBLIOTECA E RECITA OU ESCOITA UNHA POESÍA.

18 de mar. de 2011

SEMANA DA PRENSA


DURANTE TODA A SEMANA TRABALLAMOS XORNAIS
- O TEMPO
- PORTADA E CONTRAPORTADA
- NOMES DE XORNAIS
- SECCIÓNS
- PARTES DUNHA NOTICIA
- PÉS DE FOTO
FIXEMOS UN AMPLO SEGUIMENTO DA NOTICIA DA SEMANA "O TERRREMOTO DE XAPÓN". OS NENOS DE  MONTEMOGOS MÁNDANLLE  UN BICO  MOI  GRANDE  E UNHA FORTE  APERTA  AOS  NENOS  XAPONESES.

15 de mar. de 2011

LIPDUB

   Se un rato divertido queres pasar mira este lipdub feito polo IES A Fonsagrada onde se nos conta a historia dun libro esquecido, que percorre o centro ata a biblioteca.
   
   É un xogo no que hai que recordar a CDU mediante a asociación de imaxes, números e cores.

10 de mar. de 2011

SEMANA DA PRENSA

Anímate a ler xornais:
  De todo o mundo.      
  De Galicia.
                                         
  Si queres deixarnos algún comentario dunha noticia que che interese, estaremos encantados de publicalo

6 de mar. de 2011

TALLER DE DISFRACES

Dende as aula de Cabalo achégannos esta mostra de disfraces. A ver si vos atopades nalgunha foto. Pinchade na imaxe para acceder

27 de feb. de 2011

BELUSIÑA RENPONDEU ÓS NENOS DE CABALO


LERON A CARTA DE BELUSIÑA E EXAMINARON A MOCHILA COS LIBROS QUE LLES PREPAROU.
ESTABAN ENCANTADOS.

20 de feb. de 2011

CARTA DENDE CABALO

  O venres 18, chegounos unha carta dos nenos de Cabalo.
Solicitan moita información para as súas investigacións, do bosque, dos cabalos, da toponimia da zona, etc.
  Pronto lles enviaremos un montón de libros. Mentres poden consultar algúnha das páxinas que propoñemos dende a biblioteca, que falan dos bosques.
  Calquera que necesite consultar algún tema pode escribirnos ou pasar pola biblioteca.

  Gracias amiguiños de Cabalo.