19 de dec. de 2014

BO NADAL

  Dende a biblioteca do CEIP Montemogos dexesamos a todos unas Felices Festas.
BO NADAL!

 
BICOS E APERTAS. VÉMONOS NO 2015!


18 de dec. de 2014

CALENDARIO 2015

Este ano temos un calendario cheo de... CIENCIA!!! Si aínda non o tendes lembrade que podedes adquirilo no colexio ou nas librerías de Bueu e Beluso
Esperamos que vos guste!!!

17 de dec. de 2014

ESTE NADAL...UN LIBRO...OU DOUS!!!

O Nadal  é tempo de agasallos, e que mellor agasallo que un fermoso libro.

PARA OS PEQUENOS DE INFANTIL
 LECTURAS PARA PRIMARIA

GUÍA PARA ENSINO SECUNDARIO

12 de dec. de 2014

"PLATERO Y YO" cumpre 100 anos



Cúmprense cen anos da primeira publicación de 'Platero y  yo', a obra cumio de Juan Ramón Jiménez, na que o poeta de Moguer trazou un delicado canto á amizade e á vida, un atinado retrato do mundo rural na España de principios do século XX
FICCIÓN SONORA RNE
O actor Roberto Álvarez dá voz ao poeta Juan Ramón Jiménez, que nos narra en primeira persoa a súa relación de amizade con PLatero

11 de dec. de 2014

DON QUIJOTE ESCOLAR

A Real Academia Española edita unha versión escolar do gran clásico da literatura: "Don Quijote de la Mancha".

Esta publicación é o preludio das celebracións do bienio de CERVANTES

  • 2015: catro séculos da aparición da 2ª parte do Quijote.
  • 2016: 400 anos do falecemento do autor.

10 de dec. de 2014

DEREITOS HUMANOS. 365 DÍAS NO ANO

    O 1950 proclamase o 10 de decembro día internacioal dos dereitos humanos. Esta data coincide coa aprobación dous anos antes da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, un documento con 30 artigos básicos que definen os dereitos fundamentais tanto civís, como económicos, culturais, políticos e sociais “que nos unen como comunidade internacional baixo os mesmos ideais e valores”.


   A ONU recorda este 10 de dedembro de 2014 que  cada data do calendario é un Día dos Dereitos Humanos que nos pertence a todos por igual en todo momento”.

9 de dec. de 2014

UNHA LECCIÓN DE CIENCIA


    Hoxe, Marcos e Cris con sinxelos experimentos, amosáronlle aos máis pequenos principios científicos.
     Animamos a todas as familias a que colaboren.