31 de mar. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co fin de promocionar os libros e a lectura.

Para celebrar este día fai un debuxo, ben bonito, do teu libro favorito e non esquezas pór o título. Envíao ao correo biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com antes do venres 3 de abril ás 12,00 horas e pronto o verás publicado.
ANÍMATE E PARTICIPA!

DÍA DAS ARTES GALEGAS

O día 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas que. este ano,  homenaxea ao arquitecto Domingo de AndradeA maior parte da súa obra pódese ver en Santiago, Lugo e Ourense. 

Algunhas das súas obras son: o tabernáculo da Catedral de Santiago, baldaquino da Capela do Santo Cristo da Catedral de Ourense e o do Altar Maior da igrexa do mosteiro de Oseira, o Pórtico Real da Quintana, a Torre do Reloxo, no convento de Santo Domingo de Bonaval (a fachada da portería, os cuartos e o claustro e a escaleira de caracol), a sala capitular e a sancristía da Catedral de Lugo...


O cartel conmemorativo foi realizado polo académico Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de Andrade obra de Felipe Criado e conservado na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. 

Día 16: 31.03.20 Hora de Ler na distancia con... Aitor (3º EP) e profe Manuel.

Hora de Ler na distancia con... Aitor de 3º de Primaria.



Hora de Ler na distancia con... profe Manuel.





Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

30 de mar. de 2020

Día 15: 30.03.20 Hora de Ler na distancia con... Rami (2º EP) e Sabrina

Hora de Ler na distancia con... Rami de 2º de Primaria.


Hora de Ler na distancia coa nosa auxiliar de conversa, Sabrina.




Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

29 de mar. de 2020

Día 14: 29.03.20 Hora de Ler na distancia con... Xián (5º E.I.) e a súa mamá.


Día 14: 29.03.20 Hora de Ler na distancia con... Xián e a súa mamá.


Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

28 de mar. de 2020

GaliciaLe: A plataforma de préstamo dixital en aberto

A Xunta de Galicia abre o seu catálogo dixital, con máis de 4500 obras, ao público.

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das Bibliotecas Públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

As obras poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electónicos.



ANÍMATE E GOZA COA CULTURA!

"APAGA A LUZ TODO IRÁ BEN"

Esta será a mensaxe colaborativa que o sábado 28 de marzo ás 20.30h, nos piden desde WWF para que nos sumemos a unha acción simbólica global.
Consiste en que lancemos en Código Morse (linguaxe universal) desde xanelas e balcóns utilizando a lanterna do noso teléfono, ou outra que teñamos na casa esta mensaxe: .- .–. .- –. .- / .-.. .- / .-.. ..- –.. / – — -.. — / .. .-. / -… .. . -. .-.-.
APAGA A LUZ TODO IRÁ BEN
Hai moitas aplicacións en Play Store e Apple Store donde podes descargar o código Morse para emitir utilizando a lanterna do teu teléfono.
Anímate e participa!

A SAÚDE DOS SERES HUMANOS 
ESTÁ CONECTADA 
COA SAÚDE DO PLANETA!


Día 13: 28.03.20 Hora de Ler na distancia con... Rodrigo (5º EI) e Miguel Ángel Alonso Diz!

Hora de Ler na distancia con... Rodrigo.




Hora de Ler na distancia con... Miguel Ángel Alonso Diz (e familia!) que quixo volver con nós para contarnos O soño de Esther.




Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

27 de mar. de 2020

27 de Marzo: DÍA MUNDIAL DO TEATRO

ARRIBA O TELÓN!
Hoxe celébrase o DÍA MUNDIAL DO TEATRO. O 27 de marzo de 1961 foi inaugurado en París o festival "Teatro das Nacións" que reúne a representantes de todos os países do mundo.

Os obxectivos deste día son promover esta forma de arte en todo o mundo e que as persoas tomen conciencia do seu valor.



Con todas e todos vós: 

Carlos Labraña, un dos dramaturgos máis premiados da Literatura Dramática infantil galega, co libro
A pequena compaña.


Anímate e crea títeres ou, na túa casa, representa unha pequena escena para sorprender a túa familia.

Na Hora de Ler na casa con... Violeta e Lois, cóntannos a súa historia dramatizada.


Actividades compartidas en:
- Rede Lectura

Tanxarina Títeres: "A Galiña Azul" 

Caramuxo Teatro: "Na casa", "Pío!

Mujeres con Ciencia: Valentina, para un público non tan infantil.

Teatro do Noroeste: "Animais de compañía".

- VOADORA EN EL SOFÁ: varios espectáculos.

 - Educateatro Producións, podes descargar as caretas dos seus espectáculos.

 - Mofa e Befa & Excéntricas.

Si queres ver máis actividades clica e entra no blog de Bibliotecas Escolares.

"UN TEATRO QUE SO PIDE OLLOS PARA VER E
 MANS PARA APLAUDIR"



Día 12: 27.03.20 Hora de Ler na distancia con... Violeta (2º EP) e Lois (6º EI)

Hora de Ler na distancia con... Violeta e Lois.

Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

26 de mar. de 2020

Día 11: 26.03.20 Hora de Ler na distancia con... Eva (6º EP) e profe Sole!

Hora de Ler na distancia con... Eva de 6º de Primaria.


E hoxe temos unha sorpresa moi grande, Hora de Ler na distancia con.... profe Sole!



Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

25 de mar. de 2020

SON DE PAXAROS

Nestes días de confinamento, observando polas fiestras, podemos ver que a primavera xa está aquí.
Escoitando as vosas lecturas de cando en vez trina algún paxariño, para gozar co seu cantar, toca a cada ave e a escoitarás.
Algúns deles conviven con nós, outros non porque son paxaros de río:



Esta páxina é do Museo Industrial do Ter ou MIT en Manlleu (Osona, comarca de Cataluña). Ten a súa sede nunha antiga fábrica de fiado. Organiza exposicións temporais e actividades diversas para dar a coñecer a zona e a biodiversidade do río Ter e os ríos mediterráneos en xeral.




Día 10: 25.03.20 Hora de Ler na distancia con... Iria (6º EP) e Miguel Ángel Alonso Diz, autor de Música no faiado

Hora de Ler na distancia con... Iria de 6º de Primaria.


E hoxe tamén está con nós... Miguel Ángel Alonso Diz co seu libro Música no faiado. É un libro de lectura recomendada para o alumnado de 5º e 6º de Primaria. 

Tiñamos previsto que Miguel Ángel viñera ao cole para estar con nós na biblioteca e, por se ao final non pode ser, invitámolo a ler no blog da biblio para nós. Nenas e nenos de 5º e 6º, ide a présa a polos vosos libros Música no faiado para seguir a lectura con Miguel Ángel!





Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

24 de mar. de 2020

"CONTOS CONTADOS" Editorial KALANDRAKA

Desde a Editorial Kalandraka chegounos unha invitación para acceder á sección da súa canle "Contos Contados" onde diariamente publicarán contos editados por eles ao longo destes anos: "A cebra Camila", "O coelliño branco", "Versos e viceversos", "Unha última carta"... contados por diferentes persoas.

Podedes comprobar que todos e todas formamos parte dunha cadea humana que ama os libros e a lectura.

Aproveita e goza coa lectura!

Aproveita e escribe un diario, unha carta, os teus pensamentos, os teus desexos...!


Seguro que te sentirás mellor!

Día 9: 24.03.20 Hora de Ler na distancia con... Sara (3º EP) e teacher Víctor.

Hora de Ler na distancia con... Sara de 3º de Primaria.




Hora de Ler na distancia con... teacher Víctor. 




Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

23 de mar. de 2020

Día 8: 23.03.20 Hora de Ler na distancia con... Óliver (3º EP)

Hora de Ler na distancia con... Óliver de 3º de Primaria.


Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

22 de mar. de 2020

22 de marzo: DÍA DA AUGA

Hoxe é o DÍA DA AUGA, é importantísimo concienciarnos sobre o coidado deste recurso imprescindible para a vida. 

O 40% da población mundial non ten acceso á auga potable.

Visualiza esta pequena explicación sobre o CICLO DA AUGA E A SOSTIBILIDADE:



Baila, canta, escoita esta canción de Macaco, Jorge Drexler, Joan Manuel Serrat titulada BLUE



"SEN OCÉANO, NON HAI VIDA. SEN AZUL, NON HAI VERDE" frase da oceanógrafa, bióloga e exploradora Silvia Earle, Premio Princesa de Asturias 2018.


RECORDA A AUGA É UN RECURSO ESCASO!

A unión fainos máis fortes

Todos xuntos, facendo todo con responsabilidade, conseguiremos o obxectivo común.

Día 7: 22.03.20 Hora de Ler na distancia con... Eva (6º EP) e profe Julia

Hora de Ler na distancia con Eva (6º EP). Onte foi o Día da Poesía, hoxe Eva le o poema Bailar de Ana María Fernández:



 Hora de Ler na distancia con... profe Julia.


Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

21 de mar. de 2020

21 de marzo: DÍA DA POESÍA

Hoxe é 21 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA , coincidindo co equinocio de primavera.

Le un poema para ti, para a túa familia,  para o teu entorno...

Anímate e crea ou copia un poema e fai o seu debuxo.

Visualiza os vídeopoemas no "Canal de Poesía: 3 2 1 poesía" creado hai uns anos no noso cole. Recoñecédesvos?



Día 6: 21.03.20 Hora de Ler na distancia con... Iria (6º EI) e Aixa (6º EP)

XA VOS AVISO: SON HISTORIAS QUE METEN MEDO! 😱

Hora de Ler na distancia con... Iria de 6º de Infantil. (Preme en "escoitar no navegador/browser").

 

Hora de Ler na distancia con... Aixa de 6º de Primaria.


Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

20 de mar. de 2020

Día 5: 20.03.20 Hora de Ler na distancia con... Daniela de 2º EP e profe Mireya.

Hora de Ler na distancia con... Daniela de 2º de Educación Primaria. 


Hora de Ler na distancia con... profe Mireya.




Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

19 de mar. de 2020

Día 4: 19.03.20 Hora de Ler na distancia con... Abel (5ºEI) e profe Manu

Hora de Ler na distancia con... Abel de 5º de Infantil.



Hora de Ler na distancia con... profe Manu.


Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

18 de mar. de 2020

Día 3: 18.03.20 Hora de Ler na distancia con... Carmen (2ºEP) e profe Julia

Hora de Ler na distancia con... Carmen de 2º de Primaria.




Hora de Ler na distancia con... profe Julia.


Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos os vosos arquivos! 

17 de mar. de 2020

DÍA 2: 17.03. 2020 HORA DE LER NA DISTANCIA con... EVA de 6º EP e Teacher Víctor


DÍA 2. 17.03.2020 

Ler na distancia con... Eva de 6º de E. Primaria



Ler na distancia con... Teacher Víctor - Happy St. Patrick's Day!





Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos os vosos arquivos! 

16 de mar. de 2020

HORA DE LER... na distancia

Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos os vosos arquivos! 

Aquí vos deixamos a primeira lectura feita por Vanessa, a orientadora do cole.




LE EN VOZ ALTA. CAMBIA O MUNDO

Ler a outros, ler con outros.

O pasado 16 de febreiro foi o Día Mundial da Lectura en Voz Alta, baixo o lema: LE EN VOZ ALTA. CAMBIA O MUNDO.

O poder da palabra que emociona, que fai pensar, que estimula a imaxinación, que esperta os soños, que favorece a comprensión.


Entra no Plano Nacional de Leitura de Portugal e goza coas súas actividades.


PASEOS VIRTUAIS

10 museos para visitar sin saír da casa.

Biblioteca Digital Mundial:mapas, textos, fotos, gravacións, películas de todos os tempos, en sete idiomas, as xoias e reliquias culturais de todas as Bibliotecas do planeta.

13 de mar. de 2020

SEMANA DA PRENSA

A semana do 9 ao 13 de marzo é a SEMANA DA PRENSA. Este curso buscamos noticias relacionadas co medio ambiente, a sostibilidade, o coidado do planeta, a igualdade,..
Na entrada poidemos observar unha pequena mostra de xornais noutros idiomas: inglés, francés, árabe, chino, galego, español,..
No blog de Infantil podedes ver unha recompilación de noticias.



12 de mar. de 2020

"CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES"

Un grupiño de alumnos e alumnas de 4º de Primaria leron historias dos libros: "CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES, 100 HISTORIAS DE MUJERES EXTRAORDINARIAS".
Moitas grazas pola vosa implicación!



11 de mar. de 2020

BIBLIOLAB: UN OVO NUNHA BOTELLA?!

Mércores...  RECREO ...  no laboratorio...

Paréceche imposible? Pois sí... Hoxe observamos, formulamos hipótesis, experimentamos como un ovo entraba nunha botella e o alumnado voluntario de 6º explicounos cientificamente o que sucedeu.




COMO NOS GUSTA A CIENCIA!

10 de mar. de 2020

SARA e ÁLEX: CONTACONTOS

Hoxe, na biblioteca, recibimos a SARA e a ÁLEX que, por xentileza da Editorial Kalandraka, fixeron que gozaramos con fermosísimos contos acompañados por unha cesta e un acordeón. Escoitamos: "A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella", "Ratos de viaxe", "Aínda nada!", "O can de Milu"...

Moitísimas gracias!

9 de mar. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O luns 9 de marzo, asistimos no Centro Social do Mar, en Bueu, a entrega de premios do certame: "A igualdade no traballo" organizado polo Concello de Bueu. 

Rapazas e rapaces do noso centro foron os encargados da declaración conmemorativa realizando unha performance na que nos fan reflexionar sobre os salarios, as profesións, os estereotipos, os micromachismos...



Exposición de bibliografía e cartel informativo sobre CONCEPCIÓN ARENAL.

6 de mar. de 2020

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 
No Concello de Bueu celebrouse este venres un pleno moi especial no que o alumnado dos centros educativos foi o protagonista.

O pleno estivo rexentado polo alcalde, Félix Juncal, a concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero e o vicealcalde, Julio Villanueva. Participaron  Rosana, Juan e Gabriela de 6º.

Ao remate do pleno entregáronse uns diplomas conmemorativos aos participantes.

O vindeiro luns, 9 de marzo ás 12.00 h, terá lugar no Centro Social do Mar un acto de entrega dos premios dos certames educativos de viñeta/ilustración e literario “A igualdade no traballo”, no que participará alumnado de diferentes cursos do noso colexio.


As rapazas e rapaces de Infantil realizaron estes debuxos reflexionando que todos e todas podemos ser o que nos propoñamos, sin importar nada máis.




4 de mar. de 2020

BIBLIOLAB: BURBULLEANDO

MÉRCORES... LABORATORIO!!
Hoxe mércores, recreo no laboratorio...
O alumnado voluntario de 6º de Primaria, amosou a experiencia BURBULLEANDO
Foi fantástico!