Iria López acompañada por Sofía realizaron unha exposición oral para concienciarnos do importante que é coidar o planeta, reducindo, reciclando e reutilizando os recursos limitados.
Grazas pola vosa presentación!
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
Iria López acompañada por Sofía realizaron unha exposición oral para concienciarnos do importante que é coidar o planeta, reducindo, reciclando e reutilizando os recursos limitados.
Grazas pola vosa presentación!
Iniciamos esta semana, 5 de xuño, co Día Mundial do Medio Ambiente, centrado en buscar solucións para a contaminación por plásticos. Todos e todas somos parte da solución non empregando plásticos dun so uso e reciclando.
O xoves 8 celebramos o Día Mundial dos Océanos, os océanos cubren máis do 70% do planeta, producen máis do 50% do osíxeno. Son fonte de vida, sustento da humanidade e doutros organismos. Habitamos un planeta oceánico.
Debemos concienciarnos de que somos parte do problema e parte da solución.
Escoitaremos a Maná, grupo mexicano de rock, coa súa canción Onde xogarán os nenos?
Debemos parar xa a contaminación!
REIMAXINA, RECREA, RESTAURA!
Cada tres segundos, o mundo perde unha superficie de bosque equivalente a un campo de fútbol.
Restaurar os ecosistemas significa previr, deter e revertir: pasar de explotar a Natureza a curala.
Só con ecosistemas saudables podemos mellorar o medio de vida das persoas, contrarrestar o cambio climático e deter o colapso da biodiversidade.
Hoxe lánzase o "DECENIO DAS NACIÓNS UNIDAS SOBRE A RESTAURACIÓN DOS ECOSISTEMAS" (2021-2030) coa edición do "Manual de restauración dos ecosistemas, unha guía práctica para sanar ó planeta".
Proporciona pautas prácticas para restaurar oito tipos de ecosistemas: bosques, terras de cultivo, pastizales e sabanas, ríos e lagos, océanos e costas, turberas e montañas.
E ti, que podes facer para ser da xeración reimaxina?
COIDA O PLANETA,
É A CASA COMÚN DE TODAS E TODOS!
https://unenvironment.widen.net/s/fbjbmplrnb/ecosystem-restoration-playbook-spanishv3Escoita este poema de Jordan Sanchez: