Amosando publicacións coa etiqueta Correlingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Correlingua. Amosar todas as publicacións

7 de maio de 2024

Correlingua 2024

 O martes 7 de maio celebramos, en Bueu, o Correlingua 2024!

 Na Praza Massó, os máis cativos participamos nunha sesión de xogos populares grazas ao Club Corredoiras, mentres os rapaces maiores realizaron unha marcha polas rúas do centro de Bueu acompañados por un grupo de gaitas de Hío.

A actriz Isabel Risco exerceu como mestra de cerimonias e un grupo de alumnos do IES Illa de Ons e do IES Johan Carballeira foron os encargados de dar lectura a un manifesto no que se expuxo a necesidade de coidar do noso idioma.

  • “Coidar unha lingua é como coidar unha árbore. É síntoma de intelixencia, respecto e responsabilidade. Apreciar o galego e interesarse por el só nos conecta con cousas boas”
  •  "Falar galego é conservalo e transportalo ao futuro. Fainos mellores. Fainos persoas respectuosas e atentas”
  •  “Nós, e ti tamén, temos o poder de levar o galego dende aquí até acolá”

O grupo A Gramola Gominola  foi o encargado do concerto final.




21 de maio de 2023

MInutos musicais!

Esta semana escoitaremos ao grupo Brais das Hortas, co seu espectáculo musical Consertasso na Horta que actuará na festa da lingua: Correlingua en Moaña.


 


A bailar!

Fala galego é a lingua que nos une!

11 de maio de 2013

"O GALEGO, A CHAVE DO MUNDO". CORRELINGUA 2013

    Un ano mais, alumnado do CEIP Montemogos, participou no Correlingua do Morrazo. 
   Nas diferentes titorías decoraron unhas camisetas, quedaron moi mariñeiras.
   Os máis cativos disfrutaron de xogos como a pita cega, pica parede, trompos, aros... e na confección do mural, mentres os maiores acompañaron a marcha polas rúas de Bueu.
      Logo todos asistiron a sesión de maxia e bailaron coas cancións de LUIS  PREGO.
 
UN DÍA MOI DIVERTIDO! 
    Nos diferentes blogues dos ciclos podedes ver o ben que o pasamos todos.
   
    A organización do Correlingua fixo un traballo excelente, MOITAS GRAZAS.