29 de nov. de 2020

MINUTOS MUSICAIS!


Nesta semana, na que conmemoramos o "Día Internacional das persoas con discapacidade" escoitaremos a canción de Magín Blanco "Todos somos capitáns", incluída no seu disco "A nena e o grilo nun barquiño de papel"Un canto á infancia, á superación e á inclusión.
 Disfrutade dela.

                                   
           
 FELIZ SEMANA A TODOS E TODAS!!!

27 de nov. de 2020

RECREOS NO BIBLIOLAB!


O laboratorio xa está aberto!

Durante os recreos para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria que voluntariamente queiran pasar un RECREO CIENTÍFICO.
Recorda as normas básicas de uso. 
O aforo permitido é de seis persoas. 
Consulta o horario.




A impresora 3D chega ao colexio!

Hoxe, 27 de novembro, chegou a primeira impresora 3D ao colexio da man da Asesoría de Bibliotecas Escolares ao formar parte, por segundo ano, do programa de Bibliotecas Creativas

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da primeira peza creada con ela . Se ao profesorado nos fixo ilusión ver a primeira peza, estamos desexando que o alumnado aprenda o seu manexo e vexa saír as súas creacións. 



26 de nov. de 2020

NOVO COMPOSTEIRO!

 Está instalado no patio un composteiro de maior capacidade para continuar reciclando os residuos orgánicos, xa que participamos no Programa REVITALIZA da Deputación de Pontevedra.

Fomos noticia:

 https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2020/11/26/montemogos-transforma-comedor-compost-25602131.html

https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-instala-un-novo-composteiro-no-ceip-montemogos-de-beluso/

Temos que conseguir o reto de RESIDUOS CERO! PARTICIPA!



 

25 de nov. de 2020

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada dedicada a facernos reflexionar sobre os distintos tipos de violencia que sofren miles de mulleres de todo o mundo. 

O día conmemora o asasinato das irmás Mirabal en 1960, coñecidas como "As Bolboretas": Patria, Minerva e María Teresa.

Nesta data fixemos a primeira "CONEXIÓN BIBLIOTECA" con Anxo e Xoel, de 6º de Primaria como encargados da presentación da videoconferencia en directo con todas as aulas do colexio e as familias. Durante a videoconferencia visionamos "O tempo das Bolboretas", un libro de produción propia elaborado por un grupo de alumnas e alumnos que xa están no Instituto e fixemos un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero.

Foi todo un reto! 

"O TEMPO DAS BOLBORETAS": 

 Nas aulas moi atentas e atentos:



Tamén participamos no I Concurso de lemas contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia con alumnado de 6º de Primaria con este lema:

Os libros dos expositores están agardando que os leades. Recordade, avisar á vosa profe que, con agarimo, volos prestará. 


 MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR NESTA INICIATIVA!


Máis información no blog de Orientación:

https://montemogosorienta.blogspot.com/2020/11/25n-dia-internacional-contra-violencia.html 



23 de nov. de 2020

MINUTOS MUSICAIS!!

Ao longo desta semana escoitaremos a canción "Chea de vida" da cantante galega  Guadi Galego.
Un  canto de empoderamento e optimismo a todas as mulleres, nesta semana na que celebramos o
 "Contra a violencia de xénero TOLERANCIA cero".


       
    Boa semana!!

20 de nov. de 2020

20 de novembro: DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno e a Nena o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos da Nena e o Neno en 1989. 

Podedes ler os Dereitos ilustrados por Quino, creador de Mafalda:

https://www.unicef.org/lac/historias/10-derechos-fundamentales-de-los-ni%C3%B1os-por-quino

Unha pequena bibliografía:


19 de nov. de 2020

O UNIVERSO E O SISTEMA SOLAR 4

 Continuamos coas exposicións orais do Sistema Solar polo alumnado de 5º de Primaria. Nesta ocasión son Álvaro e Xulián.

Prestade atención!!!


 

MOITÍSIMAS GRAZAS! PARABÉNS




18 de nov. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO

 O 16 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO MUNDIAL impulsado pola UNESCO co obxectivo de celebrar e coidar o patrimonio e a diversidade cultural.

O Patrimonio Mundial está constituído por todos os bens naturais e culturais que existen no mundo e que forman parte da riqueza e da herdanza de toda a humanidade: monumentos, cidades, paisaxes, arte, música, danza, linguas, ecosistemas, bosques, fauna, vexetación, montañas...

Visualiza este vídeo e reflexiona... ESTÁ NAS TÚAS MANS!


O Museo Massó acaba de incorporar a súa colección O HERBARIO DE ALGAS de E. BONNING, publicado no século XIX e feito por unha científica.

Gozade con este vídeo presentación:


O poeta FRANCISCO BRINES (Oliva, Valencia, 1932) é o autor galardonado co PREMIO CERVANTES 2020, galardón máis importante da literatura en español.

Francisco Brines é un poeta intimista da Xeración do 50 e  "maestro de la poesía española actual y magisterio reconocido por todas generaciones que le suceden" destacando a súa "aspiración de belleza e inmortalidad"

 


 


15 de nov. de 2020

MINUTOS MUSICAIS!

Nesta semana, que comeza có "Día Internacional para a Tolerancia" (16 de decembro) e remata co "Día  da Infancia"(20 de novembro), escoitaremos a canción "JERUSALEMA" interpretada polos artistas  africanos Master K e Nomcebo. Canción que se está facendo viral gracias á coreografía pegadiza e alegre do grupo de nenos e nenas de Masaka Kids Africana. ONG que acolle a nenos e nenas orfos de Uganda (a sida, a pobreza extrema e o conflicto civil que leva décadas vixente, fan que Uganda sexa o país con máis nenos e nenas orfos do mundo (máis de 2´4 millóns).

A danza é unha terapia para eles: «Bailamos pola risa, bailamos polas lágrimas, bailamos pola loucura, bailamos polos medos, bailamos polas esperanzas, bailamos polos gritos, somos os bailaríns, creamos os soños».Esta é a súa filosofía e así o fan saber na súa páxina web 


DISFRUTADE  DA MÚSICA E ANIMÁDEVOS A BAILALA!!!

13 de nov. de 2020

MAGOSTO 2020!

 Hoxe foi un día especial no noso cole, celebramos o MAGOSTO!

Respectando as medidas de seguridade, participamos nun magosto diferente, saímos ao patio e gozamos cos xogos populares: a mariquitilla (mariola), a petanca, os bolos, tragacastañas, circuítos mantendo o equilibrio cunha culler e unha castaña, tres en raia humano, tira ao círculo con castañas, coloreamos castañas para poñer nuns castiñeiros... 

Decoramos preciosas pedras para xogar á mariquitilla, chamadas mariquita, tella, pedra... Elaboramos as pelotas para a petanca, os bolos

As rapazas e rapaces de 4º de Primaria bailaron e cantaron o RAP DO MAGOSTO, de Paco Nogueiras, do seu álbum Brinca Vai!

Foi unha xornada moi moi divertida!

Na biblioteca, podedes escoitar este disco e ollar este precioso libro sobre os xogos populares:


Visita o blog de Infantil e Primaria !

12 de nov. de 2020

DÍA DAS LIBRARÍAS

 

O 13 de novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte.

Este é un bo ano para pór en valor as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. 

Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas.

Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. 

Librarías que son espazos de acubillo para alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.

E ti, de que libraría vés sendo? 

 

O SISTEMA SOLAR 3

 Continuamos, neste Mes da ciencia, coas exposicións orais sobre "O Sitema Solar" polo alumnado de 5º de Primaria.

Hoxe a quenda foi para Iria, Sheila e Neves, que  aproveitaron o bo tempo para mostrarlle no patio o seu traballo aos nenos e nenas de Infantil.



GRAZAS E PARABÉNS!!!!

10 de nov. de 2020

"O SISTEMA SOLAR" 2

 Carlota, Lucía, Asier e Hugo preséntannos o seu traballo de investigación sobre O SISTEMA SOLAR. Prestade moita atención!

 

PARABÉNS! MARABILLOSO TRABALLO!

Hoxe, aproveitando que o sol brillaba, relizaron unha magnífica presentación para os compañeiros e compañeiras de 2º no patio.

MIL GRAZAS!


9 de nov. de 2020

MINUTOS MUSICAIS!

 Nesta semana de San Martiño e de Magosto ,"Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto", escoitaremos unha canción do disco "13 Lúas". Trátase dun CD e DVD no que o ciclo do ano aparece como eixe para incorporar as doce cancións que están incluídas nesta obra. Cadansúa fai referencia a un mes do ano e as súas especificidades dentro das tradicións galegas.         


                                                     BOA SEMANA!!

8 de nov. de 2020

"O SISTEMA SOLAR"

 O alumnado de 5º de Educación Primaria inicia, esta semana, unha serie de Exposicións Orais sobre O SISTEMA SOLAR apoiándose nas maquetas realizadas.

 

          Moi bo traballo Candela e Sabela! Parabéns!

3 de nov. de 2020

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA 2020

O mes de novembro é moi especial porque é o MES DA CIENCIA.

No manifesto escrito por Xurxo Mariño di:

"Está en todas partes. Dentro do teu ordenador, no microondas e na neveira da cociña, en todos os medicamentos que tomamos de cando en vez, nos instrumentos de medición que hai nos hospitais, nas lámpadas que dan luz cando marcha o Sol, no motor do coche e do patinete eléctrico... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos..."

Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares comparten unha recompilación de recursos relacionados coa ciencia:

Recompilación de materiais de ciencia en galego.

Libros informativos en galego.

Ven á nosa biblioteca e goza coa lectura de libros de ciencia, ficción e non ficción!

Esperámoste!












 


2 de nov. de 2020

"ANIMAIS"

 As nenas e os nenos de 2º de Primaria representaron cantando, en LINGUA DE SIGNOS, o conto ANIMAIS, escrito por Antonio Rubio e ilustrado por Óscar Villán, editado por Kalandraka.

Fermosísima representación que nos fala da importancia da amizade!

MOITÍSIMAS GRAZAS AMIGAS E AMIGOS!




MINUTOS MUSICAIS!

 Retomamos a Beethoven, esta semana escoitaremos o 1º movemento da 6ª SINFONÍA tamén chamada "PASTORAL" estreada en decembro de 1808 xunto ca famosa 5ª Sinfonía .

A Pastoral é unha obra "programática"  na que Beethoven, gran amante da natureza, quere transmitir os seus sentimentos inspirados nos seus paseos polo campo, dos que tanto gustaba.


 Como curiosidade, decir que na película "Fantasía" de Disney podemos escoitar un anaco desta sinfonía. Aquí vos deixamos o video:
      
DISFRUTADE DA MÚSICA DE BEETHOVEN.BOA SEMANA!!