UN APOTEÓTICO MES DE MAIO!!!
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
31 de maio de 2018
RECITAL POÉTICO "Mª VICTORIA MORENO"
Rematamos o mes de maio"Mes das Letras" cun recital adicado a Mª Victoria Moreno, onde nenos e nenas de Infantil e Primaria subiron ao escenario para homenaxear á escritora e poeta cos seus versos.
30 de maio de 2018
XA TEMOS O NOSO FARO DA ESCOLA!!
Onte todo o alumnado e profesorado do colexio levou cadanseu "Faro da Escola". Acontecemento que todas e todos agardabamos con impaciencia.Se queredes botarlle unha ollada ahí o deixamos:
(Os espazos que aparecen en branco son os destinados a publicidade)
GÚSTANOS O NOSO FARO DA ESCOLA!!!
(Os espazos que aparecen en branco son os destinados a publicidade)
GÚSTANOS O NOSO FARO DA ESCOLA!!!
VISITA DOS VOLUNTARIOS LECTORES DO ILLA DE ONS !!
Onte , na Hora de Ler, catro Voluntarios Lectores do IES Illa de Ons de Bueu compartiron co alumnado de Infantil e 1º de primaria uns fermosísimos contos: "Xanardán e a becha", "Chocolata" e "O coelliño branco".
Quedamos todos e todas encantadas coa visita,sobretodo cando vimos que entre eles estaban dous ex-alumnos do colexio: Gisela e Aridane!
UN VERDADEIRO PRACER, AGARDAMOS REPETIR A EXPERIENCIA MÁIS VECES!!

29 de maio de 2018
AS FAMILIAS MERGÚLLANSE NA MÚSICA!!
O alumnado de Infantil,1º e 2º de primaria quixeron agasallar ás familias coa actividade realizada dentro da Semana Cultural "Mergullámonos na música".
A primeira hora da mañá, a biblioteca enchéuse de familiares que quixeron achegarse para ver aos seus fillos e fillas .
A primeira hora da mañá, a biblioteca enchéuse de familiares que quixeron achegarse para ver aos seus fillos e fillas .
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
PREMIOS FARO DA ESCOLA
Onte o alumnado de 2º,4º e 6º de primaria achegáronse ata Vigo - Xardíns do Pazo de Castrelos - á gala de entrega de Premios "Faro da Escola". Nesta terceira edición, participaron 48 colexios da provincia, o noso colexio é a primeira vez que traballamos neste proxecto didáctico, e dado o éxito obtido pensamos continuar o vindeiro curso.
O premio foi ter o noso periódico entre as mans e poder ler o que nel escribimos, ainda que tamén nos gustou moito acadar o 2º premio á Mellor fotografía polo photo call da portada!
Nesta semana recibiremos os periódicos para repartir entre todo o alumnado, profesorado e comunidade educativa. Agardámolos con impaciencia!!!
Se queres ver a noticia pincha nestes enlaces:
PARABÉNS POLO TRABALLO TAN BEN FEITO!!
24 de maio de 2018
MERGULLÁNDONOS NA MÚSICA!!!
Hoxe a biblioteca escolar convertíuse nun escenario acuático onde música ,bailes e cancións foron protagonistas.
O alumnado de Infantil, 1º e 2º de primaria interpretaron con moita maestría as pezas musicais traballadas na aula de música dentro do Proxecto de Centro"Móllate".
Comenzaron os de 6º de infantil coa música "ACUARIO" do compositor Saent-Saëns que, a modo de musicograma activo, nos mostraron as dintintas partes do tema cos personaxes do conto "O peixe Arcoiris".
Continuaron os nenos e nenas de 3º de infantil coa música de Antonio Vivaldi "A primavera".
Seguiron os de 5º de infantil coa canción "A margarida branca", unha canción que trata o tema da impportancia da auga para as prantas..
Remataron a actuación os nenos e neas de 1º e 2º de primaria respectivamente con dúas cancións de Mamá Cabra: "Nadando sen parar" e "Glu,glu,glu".

ESTIVERON FANTÁSTICOS!!!
XXXI SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS!
Onte, dentro da Semana Cultural e das Letras, tivemos unha actividade que vimos repetindo en outras edicións e que nos encanta a todos e todas: A visita do Obradoiro de Memoria da Casa do Pobo de Beluso que nesta ocasión nos leron uns contos populares e nos cantaron unhas cantigas moi ben cantadas.
A comntinuación o alumndo de tres anos agasallounos recitando o poema "Adiós ríos,adiós fontes"
e un grupo de "pandereteiras" do cole cantáronnos tres cantigas.
Como colofón ao acto, o alumnado "Voluntario" de 6ª de primaria representou para todos e todas o conto "O peixe Arcoiris" .
Hoxe , o alumnado de 4º,5º e 6º asistiron á charla "Navega con rumbo" impartida polo Colexio Profesional de Enxeñaría de Galicia (CPEIG).
e un grupo de "pandereteiras" do cole cantáronnos tres cantigas.
Hoxe , o alumnado de 4º,5º e 6º asistiron á charla "Navega con rumbo" impartida polo Colexio Profesional de Enxeñaría de Galicia (CPEIG).
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS E EN ESPECIAL AO GRUPO DO OBRADOIRO DE MEMORIA POR AGASALLARNOS CUNHA XORNADA TAN FERMOSA !
21 de maio de 2018
XXXI SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS
Continuamos coa celebración da XXXI Semana Cultural e das Letras galegas.
Hoxe tivemos dúas actividades interesantísimas. A primeira hora da mañán o alumnado de 5º e 6º de primaria gozaron coa charla sobre Microbioloxía que nos ofreceu Manuel Jiménez (Inspector Veterinario da Xunta de Galicia). Con el os nenos e nenas descubriron cando naceu a microbioloxía, que é, a importancia que ten no noso mundo cotián, quen foi Pasteur (pai da microbioloxía), o descubrimento da penicilina, a importancia das vacinas, da antisepsia...
MOITÍSIMAS GRACIAS POR COMPARTIR!!!
15 de maio de 2018
VISITA DE MARÍA CANOSA!
Hoxe visitounos a escritora María Canosa para falarnos de "O día que choveu do revés" (1º e 2º de primaria) e "A cazadora de estrelas"(3º e 4º de primaria), libros incluidos dentro do Plan Anual de Lectura .
Rematou asinando os nosos exemplares!!
MOITAS GRAZAS MARÍA, UN PRACER!!
13 de maio de 2018
SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS 2018!
Deixámosvos o programa para que lle botedes unha ollada e vos animedes a visitar as Exposicións que temos na Biblioteca "75 anos de O Principiño"(cedida por Loli Docampo,veciña de Bueu) e no corredor da biblioteca"Mulleres"(IES Paralaia de Moaña).
Ambas exposicións estarán no colexio ata finais de maio.
ESPERÁMOSVOS!!!
10 de maio de 2018
CABO UDRA!!
Hoxe, na Hora de Ler, os nenos e nenas de 3º de primaria expuxeron un traballo sobre Cabo Udra, lugar ao que imos ir de andaina o vindeiro luns como inicio da Semana Cultural e das Letras Galegas.
Faláronnos de que é unha ZEC (Zona de Especial Coidado), da súa paisaxe, da flora e da fauna que alí podemos atopar...Un traballo moi interesante que nos serve de guía para a nosa saída.
Faláronnos de que é unha ZEC (Zona de Especial Coidado), da súa paisaxe, da flora e da fauna que alí podemos atopar...Un traballo moi interesante que nos serve de guía para a nosa saída.
MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR!!!
5 de maio de 2018
CORRELINGUA 2018: A LINGUA NON PARA!
O pasado venres estivemos no Correlingua en Bueu, xunto a outros moitos colexios do Morrazo.
Baixo o lema "A lingua non para" o alumnado de primaria fixo a marcha pola lingua, mentras os nenos e nenas de Infantil realizaron un mural con cunchas. Quedou moi bonito!
Rematou a xornada coa actuación de Paco Nogueiras con "Radio Bule Bule", o seu último disco co que non paramos de bailar e cantar.

PASÁMOLO XENIAL!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)