20 de xuño de 2014

FELICES VACACIÓNS!

Dende a biblioteca, Belusiña deséxavos unhas felices vacacións e boas lecturas.
 Estas son as nosas recomendacións para o verán:

 

17 de xuño de 2014

A PRIMAVERA!

A música de Vivaldi serviunos de inspiración para "as nosas obras de arte".


12 de xuño de 2014

EXPOSICIÓNS ORAIS

Ao longo deste mes, estamos  realizando as exposicións dos traballos relacionados co proxecto "pint-ARTE".

Esta semana, os nenos e nenas  de 5º e 6º de Infantil , expuxeron os seus traballos a toda a comunidade educativa sobre :"A pintura na prehistoria" e "Joan Miró".

UN TRABALLO EXCELENTE!!
MOITAS GRACIAS POR COMPARTILO!!


11 de xuño de 2014

ALICIA BORRÁS

A visita de Alicia foi todo un éxito!
Primeiro , co seu libro "O señor corpo quere xogar"para Ed.infantil, invitounos a cantar, bicar, abrazar, acariñar...



Despois, cos nenos e nenas do terceiro ciclo,falou do seu libro  "Nata y chocolate" .Un libro que nos fai reflexionar sobre a amistade, o respeto, a autoestima...En fin, un libro que recomendamos ler nestas vacacións próximas a chegar.


Prometeunos volver para falarnos da súa última novela "Nata y chocolate invencibles".
Dámoslle as gracias pola sua visita chea de agarimo e sinceridade.

GRACIAS!!





9 de xuño de 2014

ALICIA BORRÁS SANJURJO

Este martes, 10 de xuño, visítanos ALICIA BORRÁS SANJURJO, por cortesía da Editorial XERAIS.

Naceu en Vigo onde traballa como profesora de teatro, actriz de dobraxe e escritora. Ten publicados, entre outros, os libros:
  • ·        “Nata y chocolate” (2010)
  • ·        Coa súa obra “Versos graciosos, sabrosos y jugosos” quedou finalista do Premio Lazarillo de Creación literaria.
  • ·        “O señor Corpo quere xogar” (Xerais, 2013) é o seu último libro publicado.



7 de xuño de 2014

CONTOS EN CADROS

Ao longo deste mes, os nenos e nenas de 4º de primaria están expoñendo , para todo o alumnado, o seu traballo "CONTOS EN CADROS".

Un fermosísimo libriño de relatos curtos a partires dun cadro. Deixámosvos unha mostra das súas exposicións.




6 de xuño de 2014

UN GRAN APLAUSO!

   A actuación dos alumnos do CEE XOAN XXIII  de Cangas mereceu un gran aplauso!
   A posta en escena dunha adaptación do conto CINCENTA deixou ao alumnado e profesores do centro impresionados.
 Emotiva, orixinal, fermosa...Toda unha lección de profesionalidade e compañerismo.

MOITÍSIMAS GRACIAS POR COMPARTIR CON NÓS UNHA XORNADA INESQUECIBLE!

 Agardámosvos ansiosos para a próxima obra.















5 de xuño de 2014

PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DAS LETRAS 2014

  O escritor irlandés John Banville foi nomeado Premio Príncipe de Asturias das Letras 2014

   Nacido en Wexford (Irlanda) no 1945  está considerado como un dos grandes da literatura contemporánea.
   Ao longo da súa carreira recibiu o Premio Booker no 2005 coa novela  El Mar, que tamén gañou o Irish Book Award como mellor novela do ano. No 2011 recibiu o Premio Franz Kafka.
Autor de novela negra baixo o seudónimo de Benjamin Black:  El secreto de Christine (2007), El otro nombre de Laura (2008), En busca de April (2011), Muerte en verano (2012) y Venganza (2013).
  Na súa novela La rubia de los ojos negros  reaparece o detective Philip Marlowe, creado por Raymond Chandler.