CLUB DE LECTURA ADULTOS

 

 



 
Vémonos en setembro con LOS INGRATOS de Pedro Simón.

CURSO 2022-2023

O martes 23 de maio, pola tarde despedimos, por este curso, o Club de Lectura de Adultos cunha xuntanza arredor de A CULPA, escrito por María Solar, editado por Xerais.

Conversamos arredor dos personaxes do libro, do estraperlo, da emigración, da amizade, da fidelidade, da dependencia, do amor... 

Camiñamos pola novela imaxinando un final, final que non esperabamos e que nos deixou cunha pregunta no maxín diferente a que formulamos na primeira parte do libro.

Reflexionamos sobre a capacidade terapéutica da escritura, e sobre todo, compartimos tempo, amor pola lectura e risas.


    _________________________________________

É fantástico gozar do tempo compartido arredor da lectura!

Na xuntanza arredor da novela " O home que matou a Antía Morgade" conversamos do estilo narrativo da autora tan propio, dos temas que trata o libro, da adolescencia, do amor...  e sobre todo da VIDA.

Lectura, conversación, escoita activa, emoción, risas... son as bases do noso club!

Grazas por asistir! Vémonos pronto!




    _________________________________________________________












CURSO 2021-2022

Martes, 16 de novembro, data marcada no calendario para iniciar a nosa benquerida xuntaza arredor dun libro despois de moitos meses sen celebrar.
Que ganas de compartir tempo, lectura, charla, amizade arredor dun libro!
Con motivo do centenario do nacemento da escritora CARMEN LAFORET, comentamos a súa primeira novela NADA, gañadora do primeiro Premio Nadal en 1944. Traducida a varios idiomas. 


Xuntanza moi participativa onde comentamos ás nosas impresións, os símiles que atopamos, a súa estructura, as súas personaxes.
Na biblioteca está a vosa disposición a novela gráfica.

Foi marabilloso atoparse de novo!

Vémonos en xaneiro con DEIXÁDENOS REMAR de Ana Cabaleiro.
_________________________________________

AVISO IMPORTANTE:

Debido á alta incidencia de casos de Covid-19 e para extremar as precaucións, cambiamos a data da reunión do club de mañán día 11 de xaneiro para o martes 8 de febreiro ás 18,30 no local da biblioteca pública. 
Se a situación mellorase nestas 4 semanas poderiamos adiantalo. 
Si queredes podedes enviar algún comentario sobre "Deixádenos remar" e compartirémolo a través do blog. 

_______________________________________________

O martes 8 de febreiro tivemos reunión de Club de Lectura de adultos. 

Con moitas ganas de compartir tempo e lecturas, entre risas dialogamos arredor da novela de Ana Cabaleiro "Deixádenos remar", finalista do Premio Xerais 2020.

Ana Cabaleiro dálles voz ás protagonistas anónimas do cotián, traballadoras, opositoras, desempregadas, xubiladas, divorciadas, artistas ou viaxeiras.

A próxima lectura será "UN PAÍS CON TU NOMBRE" de Alejandro Palomas. 
Gozade coa súa lectura!
__________________________________

Martes, 8 de marzo, a mellor maneira de conmemorar o Día da Muller comentando UN PAÍS CON TU NOMBRE escrito por Alejandro Palomas!

Narrativa poética, palabras fermosas, adxectivos precisos e unha protagonista, Edith, moi especial pola súa idade, pola súa forma de ver o futuro, polo seu xeito de vivir, pola súa liberdade, por facer realidade o seu soño...
Recordounos que non debemos formular prexuízos, as relacións entre as nais e as fillas, o cheiro das nais, os presentimentos...

Pregúntate: CAL É O TEU SOÑO?

Fermosa tarde de 8M!

Próxima lectura: A CARTEIRA escrito por Santiago Lopo, editado por Xerais.

__________________________________________________


O martes 15 gozamos cun encontro literario coa escritora Ana Cabaleiro. Autora das novelas 
"Sapos e sereas", "As Ramonas" e "Deixádenos remar".

Compartimos o amor que sentimos pola literatura, a importancia do espazo que habitamos, o  noso humor. Falamos de viaxes, de historias de lugares...

Grazas Ana por estar con nós e por ser unha grande comunicadora!

______________________________________________

O martes 19 de abril, retomamos o Club de Lectura na biblioteca escolar! 

Que gran satisfacción poder recibirvos a todas no noso centro!


Autor: Santiago Lopo

Desesperada ante unha situación laboral precaria, a protagonista de «A carteira» acepta un contrato temporal para repartir o correo na periferia dunha cidade que non coñece, nun barrio afastado que ela mesma denomina «Algures». A través dos seus ollos, Santiago Lopo mergúllanos na Galicia urbana e fainos partícipes de todas as dificultades ás que esta traballadora se enfronta no seu día a día.Cun abano de personaxes sorprendentes, o humor, a intriga e a denuncia social mestúranse nunha trama orixinal narrada de forma directa que nos apreixará dende a primeira páxina.





Comentamos arredor da precariedade laboral, a soidade, a necesidade de falar e ser escoitado, o valor das palabras...
Resultou unha tarde amena con moitas risas arredor dunha historia.


Próxima lectura poesía coa nosa poeta MÍRIAM FERRADÁNS e o seu fermosísimo poemario: AGOSTO.

____________________________________

 Martes 10 de maio, AGOSTO 

Esta tarde de maio, na nosa reunión do Club de Lectura de adultos, participamos nun Encontro coa POESÍA, con Míriam Ferradáns para comentar o seu poemario AGOSTO.

Doce poemas en formato "plaquette" editados por Apiario. Unha preciosa e coidada edición!

Gozamos coas fermosas palabras de Míriam. Dialogamos sobre a importancia da poesía, sobre a narrativa poética ou a poesía narrativa, sobre cambiar conciencias...

Camiñamos cara a POESÍA!

O noso máis grande agradecemento por facer que desexemos MÁIS POESÍA!!!



Próximo martes 31 de maio comentaremos  AZUCRE, escrito por Bibiana Candia e publicado por pepitas.



Rematamos o club de lectura de adultos por este curso.

Estivemos comentando AZUCRE, escrito por Bibiana Candía e publicado por Pepitas de Calabaza. É a súa primeira novela onde nos conta un feito histórico case descoñecido da emigración do século XIX, a escravitude de xóvenes galegos nas plantacións de cana de azucre en Cuba.

Podedes escoitar unha entrevista a autora en: https://www.rtve.es/play/audios/historias-de-papel/bibiana-candia-azucre/6388580/

Documental histórico de rtve: https://www.rtve.es/television/20151002/gallegos-esclavos-listas-feijoo/1230930.shtml



Vémonos o próximo curso con "EL VERANO QUE MI MADRE TUVO LOS OJOS VERDES" de Tatiana Tîbuleac.


MIL GRAZAS POR COMPARTIR TEMPO, RISAS E LECTURAS!
___________________________________________

CURSO 2019/2020
15 de marzo 2020 TEMPO DE CONFINAMENTO, TEMPO DE CORENTENA, TEMPO DE CORONAVIRUS...
Para abril de 2020 tiñamos programado no noso club dúas lecturas moi especiais: AGOSTO, poesía con Míriam Ferradáns e O ÚLTIMO BARCO escrito por Domingo Villar.
Agora estamos na casa, si queredes facer algunha aportación escribide ao correo biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com




"Foi a confusión dos homes quen lles otorgou o nome aos tulipáns...
Así comeza "Agosto", o último libro de Miriam Ferradáns, no que os tulipáns van facendo de fío conductor nun poemario cun carácter  moi narrativo.
Unha lectura cunha intensidade e contención que non deixa indiferente.









"A muller alta deixou de ler e deitouse boca arriba,cos ollos pechados,sentindo nas pálpebras o escintileo do sol..."
Con este comenzo Domingo Villar bríndanos un thriller , ambientado na nosa costa, da man do xa coñecido inspector Leo Caldas.










________________________________________________________________________________


O martes 3 de marzo conversamos no noso Club de Lectura sobre  INFAMIA,  novela escrita  por Ledicia Costas e publicada por Xerais. 

Unha novela que nos pareceu dura, narra unha historia que bebe nunha noticia nacional que vén de estar de actualidade e ata que punto, non falar de algo deixa de existir.
Intercambiamos opinións e quedamos a espera da súa continuación.

MOITAS GRAZAS POLO TEMPO E AS HISTORIAS COMPARTIDAS NO CLUB DE LECTURA!








_________________________________________________________________




Marabilloso e divertido encontro con Arantza Portabales!
GRAZAS Arantza pola túa presenza, polas risas e polos consellos lectores! 
GRAZAS por descubrirnos á artista  Celeste Garrido!
GRAZAS, MIL GRAZAS pola túa disponibilidade! 

Para ler relatos curtos:

____________________________________________

O martes 21 de xaneiro, conversamos sobre a novela de Manuel Jabois: MALAHERBA. Unha historia que nos traslada á Pontevedra dos anos oitenta. O libro está cheo de anécdotas que nos fan rir e provocan unha reflexión sobre a infancia, a adolescencia, a soidade, as drogas, a familia... As veces é unha reflexión amarga.

https://elpais.com/autor/manuel_jabois_sueiro/a  Si queres ler artigos publicados por Manuel Jabois no xornal El País.
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR ESTE TEMPO DE ANIMADAS CONVERSAS!
_______________________________________________ 


O martes 26 de novembro reunímonos as integrantes do Club de Lectura de Adultos na Biblioteca. Comentamos BELEZA VERMELLA de Arantza Portabales. Editorial Galaxia. Novela policiaca, que mantén o interese ata a última páxina. Os seus personaxes non nos deixaron indiferentes, destacando, sobre todo, un personaxe secundario.

Comentarios:
  •  "Outra gran novela de Arantza Portabales. Destaca a profundidade humana das personaxes das súas novelas. Nunca deixan indiferentes aos lectores, identifícanse na vida real e despertan fondos sentimentos" Ana
  •  "O libro gustoume moito. Paréceme que a escritora xogou moi ben coas personaxes durante toda a novela mantendo a intriga ata o final. Moi ben escrito e que te engancha desde o principio"  Esther
 MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!
____________________________________________
 Este martes 22 de outubro, iniciamos o CLUB DE LECTURA DE ADULTOS, nunha semana moi especial. Empezamos co libro SENLLEIRAS de Antía Yáñez, libro proposto na última xuntanza do curso pasado.

Resultou  unha xuntanza moi fluida, donde comentamos o libro, os seus personaxes, a estructura e tamén expresamos a nosa opinión.

Un comentario:
"Transmitirlle a miña máis sinceira felicitación a autora pola súa obra, pareceume incríble. Deses libros que non podes deixar de ler e que te calan dende o principio ata o final.

Por desgraza o tema escollido para a trama é deses que doen, deses que fan pensar, deses que che poñen a pel de galiña, deses que forman parte do pasado pero tamén do presente (e esperemos que cada vez menos do futuro), deses que doen por ser demoledores.

Ler esta obra debe axudarnos a empoderarnos máis como mulleres, a aprender que temos que ser máis fortes, que temos que facernos valer (porque valemos, e moito)... pero tamén que temos que ser máis observadoras, máis empáticas e menos cómplices. E que nesta loita debemos implicarnos todas e TODOS, porque non todos os homes son coma os que aparecen na trama.

Este é un libro contra o machismo, a violencia, as imposicións, o sometemento, a anulación persoal, o maltrato... É un libro que fai reflexionar sobre todo o camiño que aínda nos queda por andar. Pero tamén axuda a crear un espírito reivindicativo, de loita, de non deixarse estar (ou polo menos a min mo transmite).

Grazas pola obra, por ser muller e por escribir sobre temas tan nosos". Sara.

GRAZAS POR FORMAR PARTE DESTA AVENTURA LECTORA!

......................
CURSO 2018/2019

O pasado 9 de outubro iniciou a súa andaina o club de lectura de adultos co libro  " EL CUENTO DE LA CRIADA" da escritora canadiense Margaret Atwood, autora galardonada co Premio Príncipe de Asturias ás Letras en 2008.
Comentamos a actualidade desta novela distópica, narrada en 1ª persoa, do peligro dunha sociedade deshumanizada, do pensamento único e como nun click podemos perder a capacidade de decidir. 

....................................................................


O segundo encontro do club foi o 13 de novembro na biblioteca. O libro elexido para a ocasión foi "MUJERES" de Eduardo Galeano. Os textos proceden de distintos libros do autor. Máis de 150 relatos breves,  fermosos, poéticos  donde se narran as accións individuais ou colectivas de mulleres que loitaron pola súa dignidade. 
Galeano é un dos primeiros  escritores feministas. Un gran narrador oral e artesano da linguaxe.
"Del miedo al morir nació la maestría de narrar", frase final do texto inicial "Sherezade"



....................................................................................


O MARTES 15 de xaneiro tivemos xuntanza do club de lectura de adultos para comentar o libro    "LA RIDÍCULA IDEA DE NO VOLVER A VERTE" de Rosa Montero. Mezcla da biografía de Marie Curie e as vivencias da propia autora. Reflexionamos sobre a vida, a dor e a esperanza.


..........................................................................................


O MARTES 12 de febreiro, estivemos conversando arredor do libro "BESTA DO SEU SANGUE" , premio Xerais 2018, escrito por Emma Pedreira.
A novela parte da idea de que Romasanta, o lobishome ourensán, fora unha muller. É unha obra moi lírica, estructurada en pequenos textos, sen secuencia temporal...
Conversamos sobre os asasinos en serie, a licantropía,..
É un verdadeiro pracer celebrar estas xuntanzas.


             GRAZAS POR COMPARTIR O VOSO TEMPO!!

.......................................................................


O martes 12 de marzo CHARLA- COLOQUIO con EVA MEJUTO  autora de "MEMORIA DO SILENCIO"  publicada en Xerais agora a principios de 2019.
Esta  historia  desenrolase en Galicia durante a II Guerra Mundial, durante o verán de 1943. Destacan unhas mulleres bravas e valentes: as irmáns Touza (que axudaron a fuxir por Ribadavia a xudeos)  e  Frieda, inspirada en Frieda Belinfante , a primeira directora de orquestra holandesa. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade.
Foi unha tarde moi histórica e divertida.






Moitas grazas pola vosa participación!!

...................................................................................................................

  

  O martes 14 de maio, tivemos a última reunión deste curso, nela conversamos arredor do libro "La trenza", escrito por Laetitia Colombani e publicado pola editorial Salamandra. 
Encantounos a todas. O personaxe que máis desenrolamos foi o de Smita, muller que sobrevive recollendo os excrementos dunha casta superior na India. Resignada á sua condición, está decidida en cambio a que a súa filla non siga os seus pasos: a pequena irá a escola e a súa vida será digna, inda que para elo Smita teña que desafiar as normas establecidas. Tres historias entrelazadas nun mundo globalizado.

La trenza 

    Moitas grazas pola vosa participación!!

 .............................................


 Esperámosvos o curso que vén co libro "SENLLEIRAS" escrito por Antía Yánez, aínda que os vosos fillos e fillas baixen para o instituto podedes asistir. 
Formades parte da nosa comunidade educativa. 
Entre nós creouse un lazo invisible moi especial...

 DISFRUTADE DUN VERÁN MOI LECTOR!!!!

 



-----------------------CURSO 2017/18----------------------


Hoxe tivemos o gusto de ter entre nós a María Reimóndez, autora da última lectura do Club de Lectura para este curso:"A dúbida".
Gañadora do Premio por Entregas da Voz de Galicia no ano 2014, "A dúbida", escrita en clave de denuncia, aborda os abusos sexuais desde a ollada dunha muller. Unha novela que nos somerxe na profundidade psicolóxica da protagonista con mestría , que pretende facer xustiza e mostrar esperanza ás victimas.



Despois de intercambiar opinións sobre a novela e debatir sobre o tema, María firmou os nosos libros

MOITÍSIMAS GRACIAS MARÍA POR COMPARTIR O TEU TEMPO E FACERNOS PENSAR !!

---------------------------------------------------------------


A terceira lectura do Club "Deixa a túa mensaxe despois do sinal" de Arantza Portabales, editada por Galaxia encantounos a todas!
Unha historia coral de catro mulleres que merece a pena acercarse a ela.

O próximo mércores 11 de abril estará connosco  ARANTZA PORTABALES para falar do seu libro!! Xuntaremonos na biblioteca do colexio ás seis da tarde. Estades todas e todos convidados a compartir con nós este encontro.

Chegou o día e Arantza achegouse ata a nosa biblioteca para falar da súa novela "Deixa a súa mensaxe despois do sinal": de como lle xurdiu a idea, dos personaxes , da súa menira de escribir ... e tamén da súa traxectoria como escritora, dos microrrelatos, da súa próxima novela...



En fin, unha tarde moi intensa e divertida!
GRAZAS ARANTZA!!


---------------------------------------------------------------

O segundo libro escollido para o noso Club de Adultos foi "Esperando a Mister Bojangles" do autor francés Olivier Bourdeaut ,editado por Salamandra.
Unha historia orixinal, tenra  e conmovedora no seu final que non deixa indiferente ao lector.
Desde aquí recomendamos a súa lectura!


---------------------------------------------------------------

Onte iniciamos as xuntanzas do "club de lectura" para adultos. Este ano a lectura escollida para o comenzo foi "Septiembre puede esperar" da escritora pontevedresa Susana Fortes.


Un encontro moi agradable, no  que comenzamos escoitando a Leonard Cohen e rematamos cunha  escena de Blade Runner, onde todas compartimos pareceres, descubrimentos, curiosidades...

Agardamos poder estar coa autora en Bueu en próximas datas (28/29 de decembro-pendente de confirmación).

GRACIAS POLA PARTICIPACIÓN E ENTUSIASMO!!


Ningún comentario: