30 de out. de 2019

SAMAÍN PARTE III

Ao rematar o recreo, o alumnado de 5º de Primaria realizou unha exposición oral sobre a procedencia da tradición do Samaín e o Halloween.





As nenas e nenos de 1º contaron os seus MICRORRELATOS TERRORÍFICOS.




E rematamos bailando a canción de Mamá Cabra sobre o Samaín.
E... COLORÍN, COLORETE DA CHIMENEA SAE UN ESQUELETE.


SAMAÍN PARTE II

Coas portadas de contos e historias de medo o alumnado do centro elaborou estos fermosos photo-call: "Os esqueletos divertidos", "Corre corre, cabaciña", "Las dos brujas" e "Mortiña"
Podedes fotografarvose e gozar coa súa lectura.






TERRORÍFICOS!!
Recunchos de lecturas de medo:



SAMAÍN 2019. PARTE I

As familias participaron un ano máis na decoración do centro elaborando unhas fermosas cabazas, incluso algunhas con material de refugallo.
Mirade que fermosas!





MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES!!


28 de out. de 2019

OLGA CUERVO: CONTACONTOS

Esta foi unha mañá chea de sorpresas. O cole está "de medo": decoración de Samaín no salón, na entrada están as cabazas e tamén unha montaxe de photo-call e libros...

Despois do recreo gozamos coas historias que nos foi contando OLGA CUERVO, grazas a súa gran voz e a súa expresión corporal. Fomos piratas, lobos pasotas, escoitamos con atención a HISTORIA DA SÚA VIDA, COCORICO, UN BARCO DE VAPOR AZUL, ¡NO ES UN PAPAGAYO!
Que ben o pasamos!



 

 Moitas grazas á Editorial SM pola súa xentileza.

27 de out. de 2019

O SAMAÍN

    Esta semana na nosa escola festexamos O SAMAÍN,  entraremos no colexio ao ritmo da canción de MAMÁ CABRA.

                                                  Recordade:
SAPOS, BRUXAS E CURUXAS 
QUE ANDADES NESTE COLEXIO,
ARREDARE DE NÓS ESTES MEDOS
E ESPANTADE OS NOSOS PESADELOS!!!

25 de out. de 2019

PON UN LIBRO NA TÚA VIDA

Esta semana para festexar que o Xoves 24 de Outubro foi o Dia das Bibliotecas entramos no cole ao ritmo da canción PON UN LIBRO EN TU VIDA.


   GOZADE COA LECTURA!!!

24 de out. de 2019

CELEBRANDO O 24 DE OUTUBRO!

Menudo día!



Xogamos co BEE-BOT e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, coloreamos, lemos...  a pesar da choiva foi unha mañán moi divertida.

24 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO E DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O 24 de outubro é un día doblemente importante: DÍA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO E DÍA DAS BIBLIOTECAS.


 Recomendamos visionar os seguintes vídeos para reflexionar  sobre o papel da humanidade neste gravísimo problema.

 CAMBIO CLIMÁTICO

 TODO MENTIRA

 EL CAMBIO CLIMÁTICO

KIOTOEDUCA

21 de out. de 2019

V EDICIÓN DO FESTIVAL DE CINE SOBRE PROGRESO SOSTIBLE DE MADRID

O Festival de Cine Sostible:  Another Way Film Festival celébrase en Madrid do  24 o 27 de outubro  co lema ‘A veces, a una generación le toca hacer historia’
Another Way Film Festival

Para acercar o problema da crisis climática aos máis novos, o 25 de outubro  proyectarase gratuitamente o documental Fridays For Another Future, en 29 salas de cine de Madrid, Badajoz, Bilbao, Burgos, Cádiz, Córdoba, Fuengirola (Málaga), Pamplona, Salamanca, Sevilla, Toledo e Vigo.

Con este fin, os grupos de Juventud x el clima, a rama española de Fridays for Future, moderarán coloquios posteriores coa participación do público asistente.
Maís información en:  https://www.anotherwayff.com/

RECREO NA BIBLIO

Hoxe foi un recreo moi buliceiro na biblioteca: lemos, prestamos, coloreamos, investigamos, experimentamos, compartimos...






FORMACIÓN DE USUARIOS

O alumnado de 1ºinicou a Formación de Usuarios. Marcharon todos ledos cos seus novos Cadernos de Biblioteca.

 

MOITAS GRAZAS POLA ATENCIÓN!

19 de out. de 2019

PRIMEIRA CAMIÑATA ESPACIAL DE MULLERES

As estadounidenses Christina Koch e Jessica Meir realizaron por primeira vez unha camiñata espacial integramente feminina, cancelada en marzo pola falta de traxes espacias para mulleres.


18 de out. de 2019

OUTUBRO MES DAS BIBLIOTECAS

A BIBLIOTECA XA ESTÁ ABERTA!
Todas as persoas do cole visitamos a biblioteca pola mañán xa que hoxe foi o GRAN DÍA!
O alumnado de 6º presentounos o Proxecto deste curso, dándonos ideas para coidar o planeta.
Contáronnos a súa adaptación ao galego do conto:"EL VIAJE DE LOS PINGÜINOS", precioso álbum ilustrado de Satoe Tone publicado por  Editorial SM. 



PARABÉNS NENAS E NENOS DE 6º. FIXESTES UN GRAN TRABALLO!!
 Como todos anos iniciaron a súa andaina as Mochilas Viaxeiras e o alumnado novo do centro recibiu o seu carné:










 Belusiña agasallounos cun marcapáxinas cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS.
A LER, A CREAR, A EXPERIMENTAR, A VIVIR OS NOVOS ESPAZOS DA NOSA BIBLIOTECA 

CLUB DE REMO

      Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria disfrutou da visita de dous integrantes do CLUB MAR BUEU DE REMO.




                                
                                                  



PASÁMOLO XENIAL !!!