29 de nov. de 2013

"CULTURGAL"... PARA O FIN DE SEMANA


      

 2013 vaise desenvolver no Pazo da Cultura de Pontevedra  os dias 29 e 30 de novembro e 1 de decembro. 
Encontros con escritores, microtalleres, títeres, obradoiros, animación, contacontos...

Programa Culturgal 2013

   O acceso xeral á Feira é gratuíto.

27 de nov. de 2013

PINTORES DO NOSO ENTORNO: XOSÉ Mª BARREIRO

Iniciamos na biblioteca as actividades arredor de Xosé Barreiro un coñecido pintor natural de Forcari e afincado na parroquia de Cela.



Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria presentaron aos compañeiros un traballo en power point no que explicaron a vida e obra do pintor.




EXPOSICIÓN NO VESTÍBULO DO COLEXIO.

VIDA E OBRA DE XOSÉ Mª BARREIRO

25 de nov. de 2013

25 de novembro día internacional contra a violencia de xénero.

Hoxe na biblioteca lemos o conto de "Arturo e Clementina". O mellor recurso para erradicar a violencia é a educación.

 O colexio participou o concurso  do CIM. Óscar Gómez Brión de 6º
de E.P. obtivo unha mención especial.                                                                          
Traballos presentados

DON PEDRO O PROFESOR.

O pasado venres, 22 de novembro xubilouse DON PEDRO  profesor no colexio de Beluso durante 40 anos.
A comunidade educativa agradeceulle a sua labor de tantos anos dándolle o seu nome ao salón de actos do centro.Foi un acto moi  emotivo onde os alumnos e os compañeiros lle amosaron o seu cariño e lle desexaron os mellores desexos para o futuro.Esperamos que non nos esqueza e nos visite a miúdo
MOITAS GRAZAS PROFE POLA TÚA DEDICACIÓN. 













22 de nov. de 2013

QUE FACER ESTE FIN DE SEMANA?


EXPOSICIÓN

Fauna na obra de Ruibal
Data: do 4 de Outubro ao 23 de Novembro de 2013
Horario: De luns a venres de 17:30 a 20:30 h. Sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 h
A exposición reune máis de cincuenta obras do artista pontevedrés,tamén podemos contemplar as súas esculturas.




CONCERTO

Concerto de Santa Icia
Data: 23 de Novembro de 2013
Horario: 20:00
 Concerto de Santa Icia a cargo da Banda de Música de Salcedo. 
Gratuito


TEATRO

Mario - Os sábados, conto - Actividades para Rapaces
Lugar: Biblioteca Pública Juan Compañel - Vigo
Data:23 de Novembro de 2013
Horario: 12:00
Matapiollos. Mario é un rapaz que sempre está aburrido pero, un bo día, atopa algo que esperta a súa curiosidade...
Gratuito

21 de nov. de 2013

"É DÍFICIL IMAXINAR UN MUNDO SEN EDUCACIÓN" (Malala Yousafzai)

20 Novembro: Día Mundial dos Dereitos dos Nenos e das Nenas:

  • Mesa-exposición de libros relacionados co tema.
  • Investigamos a MALALA YOUSAFZAI.
  • Lectura e proxección dos libros:
    • "OS NOSOS DEREITOS" (Maria Joao Carvalho) para Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria.
    • "LA ESCUELA SECRETA DE NASREEN"(Jeanette Winter) para 2º e 3º ciclos. Presentación e lectura feita polo alumnado de 6º de Primaria.



19 de nov. de 2013

ELENA PONIATOWSKA, PREMIO CERVANTES 2013

   O  Premio Cervantes 2013 concedeuselle  a Elena Poniatowska , autora de máis de 40 libros, é unha das máis destacadas periodistas e escritoras mexicanas, moi vinculada con temas sociais. 
   Naceu en París no 1932, ten o título de princesa por ser tataraneta do último rei de Polonia. Con 10 anos a familia estableceuse en México, nacionalizouse no 1969. Di que é "máis mexicana que o mole".

     Só catro mulleres recibiron este galardón nos seus 38 anos de historia: as españolas María Zambrano (1988) e Ana María Matute (2010) e a cubana Dulce María Loynaz (1992). Este Cervantes con nome de muller coincide co Nobel 2013 a Alice Munro
   Entre os galardóns de Poniatowska estánRómulo Gallegos no 2007 por "El tren pasa primero", o Biblioteca Breve no 2011 por "Leonora", o  Alfaguara de novela no 2001 con "La piel del cielo".


"As mulleres son as grandes olvidadas da historia. Os libros son a mellor forma de rendirlles homenaxe"

18 de nov. de 2013

DORIS LESSING

 
Doris  Lessing, gañadora do premio   Príncipe de Asturias no ano 2001 e do Nobel no 2007, autora  de máis de medio cento de libros  foi narradora, poetisa, ensaista e intelectual comprometida coa vida  e a literatura.

   Lessing  (nacida no 1919 en  Irán) finou hoxe aos 94 anos.
  A súa obra máis coñecida é "El cuaderno dorado" (1962), obra cume da literatura feminista.

15 de nov. de 2013

FIN DE SEMANA...SUXESTIÓNS


TEATRO



Os Axóuxeres
Lugar: Multiusos das Pozas - Mos
Data: 17 de Novembro de 2013
Horario: 12:00
Os Axóuxeres é unha iniciativa dirixida á xente miúda da casa, na que se celebra unha festa da música, dos xogos e das palabras

Gratuito. A pesar de ser de balde, require reserva previa



CURSOS Y SEMINARIOS

1+1 = 11? - Obradoiros infantís para público familiar
Laboratorio das Artes (1º andar
Datas: del 16 al 17 de Novembro de 2013
Horario: Sábado e domingo de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00
Para nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de persoas adultas 

Gratuito

CONCERTOS


Concerto aniversario - Os Alegres
Data: 16 de Novembro de 2013
Horario: 19:00
Concerto aniversario de "Os Alegres" e homenaxe aos gaiteiros. Organizado pola agrupación folclórica "Os Alegres".

Gratuito

12 de nov. de 2013

MAGOSTO 2013

Amenceu un día espléndido e por fin poidemos celebrar a festa do Magosto que levabamos días esperando e que tivemos que aplazar por mor da choiva.
Temos que dar as GRAZAS aos homes e mulleres da asociación CORREDOIRAS que nos acompañaron e xogaron con nóns compartindo o seu saber. GRAZAS.


8 de nov. de 2013

QUE FACER NO FIN DE SEMANA DE SAN MARTIÑO?

        Do 09/11/2013 ao 11/11/2013, San Martiño (Bueu)
 
   Os vindeiros días 9, 10 y 11 de Novembro e Bueu  vistese de gala para celebrar as festas en honor ao seu patrono, San Martiño. Durante estas xornadas os mais novos poden disfrutar de actividades e dun magosto o día 9 na carpa das Lagoas.

XVIII CARREIRA PEDESTRE SAN MARTIÑO
                                                                              
Domingo, 10 de Novembro do 2013                                              
 
 
Exposición:
 Pintura da pontevedresa Beatriz López, "Érase una vez... Mis sueños"
·         Data: 01/11/2013 ata 15/11/2013

·         Lugar: Sede Turismo Rías Baixas. Praza Santa María. Pontevedra.

 Horario: de luns a venres de 9:00 as 20:00; sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e das 16:00 as 19:00; os domingos de 10:00 as 14:00h.
ENTRADA GRATUITA


 

7 de nov. de 2013

SEMANA DA CIENCIA

Con motivo o día 5 de Novembro do DÍA DA CIENCIA EN GALEGO a BIBLIOTECA encheuse durante toda esta semana de sorpresas científicas.
Os alumnos e alumnas de 6º expuseron os seus traballos sobre " Disco de Newton: a composición da luz branca". "O aparello respiratorio nos seres humanos".
As presentacións resultaron moi interesantes. Moitas grazas a todos.
Aquí vos deixamos una mostra das actividades.



4 de nov. de 2013

"CORRE, CORRE CABACIÑA " VIDEO

Parabéns aos actores e actrices.

SAMAÍN

Rematamos as actividades da semana do SAMAÍN. Aquí vos deixamos una morea de imaxes das actividades que fixemos ao longo da semana,