28 de mar. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!

Este luns día 29 de marzo é o "Día Mundial do piano". Esta iniciativa do pianista alemán Nils Frahm celébrase dende 2015 o día 88 de cada ano, un número símbólico que representa a cantidade de teclas que ten este instrumento. A proposta musical para esta semana será Chopin, un dos máis grandes pianistas de todos os tempos. Disfrutade cun dos nocturnos máis coñecidos e fermosos: Nocturno Op. 9, Nº 2.

                                                           

                                                           BOA SEMANA!!!

26 de mar. de 2021

Encontro con Eva Mejuto

Hoxe, da man da Editorial Xerais, o alumnado de 2º e 3º de Primaria tivo un encontro virtual fantástico coa escritora Eva Mejuto con motivo do seu libro "Dez gatiñas viaxeiras". 

Ademais da videoconferencia coa autora, á cita non faltaron algunha das súas gatiñas viaxeiras e o seu canciño.




24 de mar. de 2021

Encontro de 1° de Primaria con David Rodríguez

Hoxe o alumnado de 1° de Primaria tivo un encontro con David Rodríguez, autor de Superavoa, un libro cheo de tenrura e de humor. 



23 de mar. de 2021

A escritora Antía Yáñez con 5° de Primaria

Hoxe, da man de Faro de Vigo, o alumnado de 5° de Primaria tivo un encontro con Antía Yáñez, autora do libro "PLAN DE RESCATE".

Antía falou da súa obra e resolveu ao alumnado dos colexios participantes as dúbidas e inquedanzas sobre o libro.



21 de mar. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!

Nesta semana de marzo na que xa dou comezo a primavera e celebramos o Día da Poesía  escoitaremos a canción titulada "Astros, fuentes y flores" interpretada pola cantante portuguesa Anabela e o músico  Carlos Nuñez. Unha fermosa versión do poema homónimo de Rosalía de Castro.


Deixámosvos tamén o poema recitado pola actriz Aitana Sanchez Gijón


FELIZ SEMANA!!!


3 2 1 POESÍA

 21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

A poesía é unha expresión lingüística da humanidade, practicada ao longo de toda a historia, en todos os continentes e en todas as culturas.

Visualiza o noso CANAL DE POESÍA e goza coa súa interpretación!

CANAL DE POESÍA



 

RIMA XXI (BÉCQUER, poeta español do século XIX)

¿Qué es poesía?, dices mientras clavas
en mi pupila tu pupila azul.
¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?
Poesía… eres tú.



Le POESÍA e xoga coas PALABRAS.



21 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

 "REFORESTACIÓN FORESTAL: UN CAMIÑO Á RECUPERACIÓN E O BENESTAR"

Hoxe celébrase o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES, un evento da ONU para pór en valor as áreas forestais do planeta.

Os bosques limpian, en secreto, as nosas augas, filtran o noso aire, protéxennos do cambio climático, proporcionan alimentos, medicinas e combustibles...

Restaurar un bosque é moito máis que coidar a Natureza. É construír un mundo mellor para a saúde de todas e todos.




16 de mar. de 2021

21 de marzo: DÍA da POESÍA

 O 21 de marzo, coincidindo co inicio da primavera, celébrase o DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

ANÍMATE:

14 de mar. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!

Continuamos con audicións adicadas a mulleres destacadas na música, nesta ocasión as protagonistas son : Edith Piaf  coñecida como "O pequeno pardal", lenda da "chanson française" do século XX  con "Je ne regrette rien" Ella Fitzgerald   coñecida como "Lady Ella", a raíña do Jazz, con "Summertime".




                BOA SEMANA!!!

Hai un ano...


 Que te dirías a ti mesma/mesmo hai un ano...?


12 de mar. de 2021

"MARUXA"

As nenas e nenos de 6º de Infantil dramatizan, dun xeito moi fermoso, o álbum ilustrado "MARUXA"


Precioso álbum ilustrado que narra como Maruxa, cansa de facer o pan todos os días, decide dar unha lección a Pepiño e mostrarlle que o traballo na casa é cousa de dous.

Humor, reflexión e un sorriso móstranos como se fai o pan e a procedencia dos seus ingredientes.

Texto de Eva Mejuto, ilustracións de Mafalda Milhôes é a adaptación dunha canción tradicional polaca. Está editado por OQO editora.
Este libro foi seleccionado como un dos mellores libros de cociña do mundo nos premios Cookbook Gourmand Award 2014.

MOITAS GRAZAS AMIGUIÑOS 
POR RECORDARNOS QUE 
TRABALLO E DESCANSO SEMPRE EN COMPAÑÍA.



10 de mar. de 2021

"EU TEÑO ALGUÉN NO MEU CORAZÓN"

 Os nenos e nenas de 4º de primaria adican a canción "Eu teño alguén" de María Fumaça, en lingua de signos, a todas as mulleres que levamos no corazón.

FELICIDADES A TODAS!!!

FERMOSO TRABALLO, MOITAS GRAZAS!!!

9 de mar. de 2021

Os soños poden facerse realidade: 8 de Marzo.

Hoxe, 8 de marzo, tivemos unha nova Conexión Biblioteca na que Xavi e Yanira de 6º de Primaria nos presentaron a exalumnas futbolistas. Queredes coñecelas?

https://www.youtube.com/watch?v=hfm62OnjM68


Tamén nos presentaron a Eva e Ariane, dúas futbolistas que nos transmitiron que os soños poden facerse realidade e queremos que as coñezades:



E, para rematar, escoitamos o conto "Cuando las niñas vuelan alto" relatado polo alumnado de 3º de Primaria.

https://www.youtube.com/watch?v=mEF_5tWTs28



Grazas, a todas as persoas participantes por transmitirnos a necesidade de acadar a igualdade entre xéneros.










8 de mar. de 2021

8 de marzo: DÍA DA MULLER

 Cada 8 de marzo conmemoramos o DÍA DA MULLER para recordarnos que a igualdade,

a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos para avanzar cara

a unha sociedade máis xusta, pacífica e sostible.

Ponte a proba con este genially:

https://view.genial.ly/603d148ddbdb4b0d14453228/interactive-content-mulleres-futbolistas

COMPROMÉTETE COA IGUALDADE DE XÉNERO!

O sexo non determina as capacidades persoais porque:

Todas e todos somos capaces.

Todos e todas somos esenciais.

Todas e todos somos importantes.

Todos e todas somos imprescindibles.

Todas e todos somos responsables.

Todos e todas somos diferentes.

Todas e todos somos iguais.

A IGUALDADE É TAREFA DE TODOS E TODAS!

FORMAS PARTE DA XERACIÓN IGUALDADE!

FELIZ DÍA DA IGUALDADE!



7 de mar. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!

 Nesta semana, na que celebramos o "Día Internacional da Muller", escoitaremos dúas cancións da man de dúas cantantes galegas de éxito : "Matriarcas" de Guadi Galego e "Eu non son fada nen princesa" de SÉS. Cancións cunha mensaxe de empoderamento á muller.



          BOA SEMANA!!