Amosando publicacións coa etiqueta Cuarentena. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cuarentena. Amosar todas as publicacións

16 de maio de 2020

Día 62:16.05.20 MINUTOS MUSICAIS!!!


Esta semana dedicada ás Letras Galegas propoñemos como audición "MILONGA DE AQUÍ" da cantautora galega María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés. Un canto á vida e á liberdade moi necesario nestes tempos que vivimos. Disfrutade dela.

RETROUSO
"E quero bailar ao ritmo
Do que vive ilusionado 
E coa voz do silenciado
Cantar quero con paixón
       Coa querenza e coa emoción
   Da que non pretende nada
    Máis que seguir namorada
         Mentres quede corazón"(SÉS)

       MOI BOA SEMANA!!!

9 de maio de 2020

Día 55: 09.05.20 MINUTOS MUSICAIS!!

Esta semana propoñemos  dúas audicións, a primeira "Canta por el clima" relacionada  ca III Feira da Ciencia e da Literatura,que tería lugar hoxe -sábado 9 de maio- en Bueu. 


     
E a segunda "Los abrazos prohibidos" como homanaxe aos traballadores e traballadoras da sanidade pública. Unha canción do grupo Vetusta Morla con fins solidarios na loita contra o coronavirus e que conta ca participación de varios artistas.Todos os beneficios económicos que xenere serán doados ao Consello Superior de Investigacións Científicas(CSIC) para contribuir á investigación sobre o Covid-19.


  BOA SEMANA!!!!

2 de maio de 2020

Día 48. 02.05.20 MINUTOS MUSICAIS!!

Esta semana a audición musical está relacionada co "Día do libro"(23 de abril) e o"Día da danza"(29 de abril).Estamos a falar do ballet clásico  ¨Don Quixote¨ Composto por Ludwig Minkus e representado por vez primeira no Teatro Bolsoi de Moscú no ano 1869.
O ballet, en tres actos, está baseado na novela de Cervantes, e en particular no episodio narrado no capítulo XIX da segunda parte, na que se relata os amoríos entre o barbeiro Basilio e a xoven Quiteria (Kitri no ballet), ademais das aventuras de Don Quixote e Sancho arredor da xoven parella.
Déixovos o final do primeiro acto, espero que o disfrutedes:
     BOA SEMANA!!!

29 de abr. de 2020

DÍA MUNDIAL DA DANZA!!!

Hoxe 29 de abril conmemórase o "DÍA MUNDIAL DA DANZA".
Para festexar esta data achegámosvos esta actividade que propoñen desde o Salón Virtual .
Unha achega ao baile tradicional galego e do mundo (Portugal, Brasil)...que podemos facer desde as nosas casas acompañados do grupo Pesdelán. O espectáculo terá lugar ás 12:00 h., así que, xa sabedes, a partir das doce a bailar!
Entra neste enlace https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/ou a través doutras canles habituais do salón: Facebook ou Instagram .



ANIMÁDEVOS!!!

21 de mar. de 2020

Día 6: 21.03.20 Hora de Ler na distancia con... Iria (6º EI) e Aixa (6º EP)

XA VOS AVISO: SON HISTORIAS QUE METEN MEDO! 😱

Hora de Ler na distancia con... Iria de 6º de Infantil. (Preme en "escoitar no navegador/browser").

 

Hora de Ler na distancia con... Aixa de 6º de Primaria.


Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

19 de mar. de 2020

Día 4: 19.03.20 Hora de Ler na distancia con... Abel (5ºEI) e profe Manu

Hora de Ler na distancia con... Abel de 5º de Infantil.



Hora de Ler na distancia con... profe Manu.


Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas!