Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

26 de feb. de 2024

Día de Rosalía 2024

 23 de febreiro: Día de Rosalía De Castro, poeta de referencia da nosa literatura.

Fantásticas actividades para conmemorar esta data sinalada: creatividade artística, recitado, voluntariado, obra de teatro, actuación musical...


 

- Camiños de Poesía

Cada titoría elixiu un poema que ilustrou colaborativamente. O fío condutor foi a cociña, as comidas que aparecen nos poemas da nosa poeta universal: os zonchos, a limoada, os boliños do pote...

Todas estas ilustracións forman Camiños de Poesía do que podedes gozar en diferentes localizacións da nosa parroquia. En Rúa Nova de Arriba, en Bon de Arriba e Bon de Abaixo, en Area de Bon, en Cabo Udra, na igrexa, en Cabalo, na Praia de Beluso e todas xuntas ao lado da Casa do Pobo, na biblioteca pública.


Grazas aos voluntarios e voluntarias de 6º de Primaria pola súa colocación!

Anímate a buscar as diferentes ubicacións!

Parabéns a todas e todos polas ilustracións e polo ben que recitades os poemas de Rosalía!


 --Representación teatral: Rosalía
Dentro do Programa Lectura e Familias, Noelia e Ángeles, mamás de Elena e Noa, crearon unha peza teatral musical, Rosalía, na que nos van narrando, dun xeito moi ameno a vida e obras de Rosalía con música moi actual.
Foi representada por alumnado voluntario de 6º de Primaria.
Gozade da súa actuación e magnífica dirección visualizando este vídeo:
 

 





Parabéns por esta magnífica dramatización!

--Actuación musical: Novos Ventos
A parte musical correu a cargo do grupo Novos Ventos que interpretou diferentes temas de música tradicional: unha alborada, un pasodobre, unha muiñeira... 
Este grupo ten as súas raíces no noso cole, xa que parte dun grupo de música e baile que iniciou a súa andaína no noso centro, levando o seu ben facer por toda Europa durante a década dos oitenta.
Algúns dos seus compoñentes actuais formaron parte da iniciativa.

VIVA ROSALÍA!

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA!

18 de feb. de 2024

Minutos musicais!

 Esta semana na que conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, 23 de febreiro, escoitaremos durante uns minutos durante a entrada ao grupo do Morrazo chamado Astarot cunha versión moi especial do poema Adiós ríos, adiós fontes.

A banda quixo render homenaxe desde o mundo do rock a autores que marcaron a Literatura en lingua galega, como Rosalía de Castro, Federico García Lorca,  Xela Arias ou Celso Emilio Ferreiro, entre outros.

  ASTAROT son :
Juán A. Antepazo – Voz principal
Carlos Gandón – Guitarras e voces
Carlos Rodal – Baixo
Nano Vikendi – Guitarras e voces
José M. Piedra - Batería


Espéranos unha semana con moitas sorpresas... Estades preparados e preparadas? 

Feliz semana!

22 de mar. de 2023

Camiños de Poesía 2023!

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, 23 de febreiro,  cada titoría elixiu un poema que ilustrou colaborativamente. O fío condutor foron as herbas, as flores, as plantas... que aparecen nos poemas. 

Un ano máis creamos Camiños de Poesía:

 

21 de marzo, Día da Poesía, as alumnas e alumnos voluntarios lectores de 6º de Primaria sairon a colocar Camiños de Poesía.




Sempre Rosalía!

Mil primaveras máis para a Poesía!


9 de mar. de 2023

Sempre Rosalía!

Todo o alumnado investigou sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro. Lemos poemas da bibliografía seleccionada exposta nos diferentes recunchos.

O alumnado de 6º de Infantil participou na convocatoria da AELG con este precioso mural collage con palabras fermosas sobre unha fermosa camelia, unha das flores favoritas de Rosalía.


#cumpriuseAxustiza

23 de feb. de 2022

DÍA DE ROSALÍA 2022

185 anos do nacemento de Rosalía!

A primeira hora as nenas e nenos de 6º presentaron as actividades conmemorativas do DÍA DE ROSALÍA. 

Recitaron o poema ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES, escoitamos a Alborada e plantamos no noso horto pensamentos (a flor favorita de Rosalía).

Como en anos anteriores, colocamos por Beluso "Camiños de Poesía"

Este ano ilustramos o poema  "Adiós ríos, adiós fontes" da obra Cantares Gallegos.



Precioso traballo colaborativo! 

As nenas e nenos de 5º de Infantil realizaron un stop motion con palabras fermosas e pensamentos.

26 de feb. de 2021

ALBORADA!

 Rematamos a semana adicada a Rosalía de Castro cun traballo colaborativo realizado polo alumnado de 5º e 6º de Primaria sobre o poema ALBORADA de Cantares Gallegos.

FERMOSO TRABALLO. MIL GRAZAS!

23 de feb. de 2021

DÍA DE ROSALÍA 2021

24 de febreiro: Día de Rosalía De Castro, poeta de referencia da nosa literatura.

Conmemoramos esta data tan especial ilustrando marcapáxinas e poemas para CAMIÑOS DE POESÍA, poemas ubicados en diferentes lugares de Beluso. Se atopas algún, podes enviar unha foto, que publicaremos no blog, ao correo biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

 

Grazas ao alumnado voluntario de 6º de Primaria por colocar os poemas elaborados nas diferentes titorías e por repartir co mBot os marcapáxinas como verdadeiros amigos invisibles!



As nenas e os nenos de 4º EI decoraron e bailaron con Rosalía. Visita o blog de Infantil.

Agasalla cun libro en galego e unha flor ás persoas queridas!

28 de feb. de 2020

RECITANDO A ROSALÍA!

Este venres 28 gozamos dun marabilloso acto poético: "RECITANDO A ROSALÍA" no parque Novas coa colaboración de diferentes personalidades do noso concello: alcalde, concelleiro, presidente da Fundación Novas, representantes de diferentes negocios locais, de asociacións, nais, alumnado voluntario de 6º... e o magnífico acompañamento musical de seis integrantes da Banda de Gaitas Manxadoira (Román, pai dun alumno, Antonio Solla, Julio, Florencio, Merchi, ex-alumna, e Lupe).
Recitaron e incluso cantaron poemas da nosa benquerida poeta.
Agasallamos aos participantes cunha flor e un marcapáxinas en forma de estrela cun poema, para recordar que a  HD 149143 leva o nome de Rosalía de Castro.




Máis fotos e información na páxina do concello de Bueu e no xornal Faro de Vigo.

Nas diferentes titorías recitamos e ilustramos poemas de Rosalía que están expostos nun lugar visible cara á Casa do Pobo e tamén en diferentes ubicacións de Beluso. Localízaos e envía a túa foto ao correo da biblioteca: biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com


O NOSO AGRADECEMENTO A TODOS E TODAS
 POR PARTICIPAR E ASISTIR A ESTE RECITAL!

9 de feb. de 2020

FEBREIRO, MES DE ROSALÍA

 A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro, neste mes de Febreiro, concretamente o día 24 fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora.
 É por iso que esta semana entraremos no cole ao son da canción ROSALÍA PEQUENIÑA de Uxía Xenlle. 

                                                    Animádevos a ler a súa obra!!!

25 de feb. de 2019

RECITANDO POLA RÚA

O venres, o alumnado do Voluntariado de 6º, saiu a recitar e a agasallar o poema "Paseniño, paseniño" de Rosalía de Castro pola rúas de Beluso a todas as persoas que íamos atopando.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, que durante estos anos nos está resultando moi educativa.
Colocamos na rúa os carteis coa conmemoración do Día de Rosalía e o poema "Campanas de Bastabales"




























É MARABILLOSO COMPARTIR POESÍA!!
GRACIAS A TODOS E A TODAS POR ESCOITARNOS!!