29 de dec. de 2021

"O BUEU QUE SOMOS", calendario

O concello de Bueu acaba de editar un calendario cun total de quince láminas do artista local e exalumno do noso centro Josuha Xanbreo para poñer en valor o patrimonio do noso pobo.

Destaca efemérides relacionadas con datas relevantes tanto de mulleres e homes da historia de Bueu, como outras de nivel galego e mundial que fan fincapé en valores como o respecto polo medio ambiente, a igualdade, a cultura, o deporte...

Podes descargalo de balde na páxina do Concello. (Preme na ligazón) 


Parabéns Josuha polas fermosas ilustracións!

23 de dec. de 2021

MÍRIAM FERRADÁNS: gañadora do Premio Fernández del Riego

 A nosa benquerida escritora e exalumna MÍRIAM FERRADÁNS acaba de gañar o XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego polo seu artigo DALIAS publicado en Nós Diario. Para a súa lectura preme no título.

Un artigo onde nos descubre un costume da xente da illa que cada 31 de outubro sae de Bueu en barco con flores para poñer no cemiterio de Ons. 

"... Cando era nena pensaba que as illas eran flotantes e que estaban ancoradas á terra por cordas xigantes polo de evitar que fuxisen mar adentro...

Que sorte ter unha Illa ancorada á terra!"


MOITÍSIMOS PARABÉNS!
FERMOSO AGASALLO DE NADAL!

Dalias, flores:




Bo Nadal!

Todas as persoas do CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 

desexámosvos un Bo Nadal e un ano novo cheo de éxitos e felicidade!

19 de dec. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!

 A audición desta semana na que todos e todas estamos ansiosos pola chegada das vacacións e do Nadal, escoitaremos a panxoliña "FESTEXANDO O NADAL".


                              FELIZ SEMANA E FELICES FESTAS!!

16 de dec. de 2021

GUÍAS DE LECTURA NADAL 2021

Compartimos con vós a GUÍA DE LECTURAS DOS EQUIPOS de DINAMIZACIÓN da LINGUA GALEGA DO MORRAZO: 

MERGULLÁNDONOS NO GALEGO

Nela atoparedes recomendacións lectoras para Infantil, Primaria, Secundaria e persoas adultas.

Grazas a Fernanda Patricia do IES As Barxas, de Moaña, polas ilustracións.

O mellor agasallo... UN LIBRO!

Felices lecturas!



 


15 de dec. de 2021

LEDICIA COSTAS e BERTA DÁVILA

Ledicia Costas foi galardonada co Premio Merlín de Literatura Infantil coa súa obra "O NENO DE LUME".

Berta Dávila, pola súa banda, obtivo o Premio Xerais de Novela e o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con "OS SERES QUERIDOS""UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR".

ANÍMATE A LER ALGUNHA DAS SÚAS NOVELAS!

NORABOA ÁS PREMIADAS! 



13 de dec. de 2021

" A FOLLA AZUL"

Rematamos a lectura de " A FOLLA AZUL" un libro que nos gustou moitísimo a todas e todos e a ninguén deixou indiferente. 

Animádevos a participar nun Club de Lectura é unha experiencia fantástica!




12 de dec. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!

 Nesta última semana de trimestre, escoitaremos a panxoliña de Iván Vale "CHEGOU O NADAL". 

                                         ANIMÁDEVOS A CANTALA!!!


                                                FELIZ SEMANA!!!

5 de dec. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!

Nesta semana, a audición que propoñemos é a Marcha do Ballet "O Crebanoces", un ballet en dous actos con música do compositor ruso Tchaikovski. É un dos ballets máis representados e coñecidos.

 Todo un  clásico no  Nadal!!


FELIZ SEMANA




4 de dec. de 2021

3 DE DECEMBRO: Día internacional da Diversidade Funcional

DERRUBANDO LÍMITES!

Cada día desta semana estivemos traballando diferentes capacidades con actividades, xogos, dinámicas, lecturas...

O luns, os nenos e nenas atoparon na entrada do centro unha pregunta: QUE PASARÍA SE...? 

Cada día foise unindo unha imaxe de discapacidade física, intelectual, visual, auditiva, mudez... 

O obxectivo da proposta foi concienciar ao noso alumnado a través do diálogo e poñéndose no lugar dos demais.

O venres 3, DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL, o mural estaba completo. Nas imaxes podían ler os códigos QR coa información dos protagonistas da semana: Joaquín Rodrigo, Susana Rodríguez... e a mensaxe:

CON ESFORZO PODEMOS LOGRAR GRANDES METAS!





3 de dec. de 2021

EL NATURALISTA COJO, capacidades diferentes


Nesta semana en que conmemoramos o Día da diversidade funcional, os nenos e nenas de 2º de primaria abrimos a ventana máxica de internet para coñecer a unha persoa excepcional que nos deixou completamente abraiados: Manu Sobrino, El Naturalista Cojo.

Antes de coñecelo, e logo de averiguar que un naturalista é unha persoa que ama e estuda a natureza, a profe fíxonos a seguinte pregunta: 

-"Se un naturalista ten que ir polo monte, polas beiras dos ríos, achegarse a unha marisma... Será quen de facelo se ten que desprazarse en cadeira de rodas?" 

Naturalmente, todos e todas respondemos axiña con un sonoro:

- "Nooooon!!! É imposible!!"

Claro: hai pedras, costas, obstáculos no camiño... 

Se aínda é difícil ás veces para nós camiñar por eses lugares, como poderiamos facelo con cadeira de rodas? 

O que non sabiamos nese momento é que era Manu quen nos ía dar a verdadeira resposta a esta pregunta... E deixounos sen palabras!

As fermosas imaxes obtidas tras horas e horas de observación deste incansable naturalista en diversas paraxes naturais marabillábannos. 

Ante os nosos ollos desfilaban fermosísimos instantes da vida salvaxe: un corvo mariño soleando a súa plumaxe trala pesca diaria, a pequena píllara das dunas que protexe ás crías finxindo estar ferida para desviar a atención dos depredadores, a impresionante aguia pescadora, o picapeixe, os impresionantes lagartos arnais, o pícaro raposo ou a acrobática lontra facían saír exclamacións de admiración en todos nós. 

Pero o que máis nos abraiou foi a forza de Manu: non só a forza dos seus fortes brazos, entrenados día a día para superar baches, pedras e polas caídas nas sendas que percorre, senón a forza da súa vontade.

El sempre di: "La vida te pone obstáculos; los límites los pones tú". E nestes vídeos descubrimos a súa fortaleza persoal, o seu constante espírito de superación, e tamén a arma secreta que a todos e todas nos dá un inmenso poder: a solidariedade! Porque vendo a Manu percorrer a ruta dos muíños do Folón e do Picón, nun primeiro experimento de ruta inclusiva, puidemos comprobar como coa axuda dos demais non hai barreiras nin obstáculos posibles. 

Grazas, Manu, por ensinarnos tantas cousas!



Escribindo cartas a  Manu: