Amosando publicacións coa etiqueta FIC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FIC. Amosar todas as publicacións

22 de set. de 2023

Festival Internacional de Cinema de Bueu 2023

 O martes 19 de setembro, todas e todos gozamos de curtametraxes axeitados a nosa idade dentro da programación FIC en Bueu.

Foi moi divertido! O Cine é a 7ª Arte.





21 de set. de 2022

FIC Bueu 2022

 Esta mañá de martes, as nenas e nenos de Infantil e Primaria asistiron á proxección das curtametraxes do FIC (Festival Internacional de Curtametraxes) de Bueu no Centro Social. 

Visualizamos curtas de varios países ( Francia, Alemaña, Países Baixos, EEUU, Bélxica...) con temática diferente, por exemplo, solidariedade, medo, contaminación, amizade, convivencia, superación, medio ambiente...







 
Antes de asistir á visualización debuxamos e ao regresar ao centro valoramos as curtas.





Foi unha experiencia de cine!



13 de set. de 2019

Festival de Curtametraxes Bueu 2019

Hoxe, venres, asistimos á proxección de varias curtametraxes dentro da programación do FIC Bueu 2019.
Resultado de imaxes para fic 2019 bueu
Infantil visualizou nove curtas moi divertidas e diferentes https://www.ficbueu.com/irmandade/
1º, 2º e 3º asistiron a sete curtas con moito humor e maxia https://www.ficbueu.com/infantil/  
Visitaron o Museo Massó e participaron no obradoiro "En busca do tesouro".
4º, 5º e 6º  gozaron de seis magníficas curtas https://www.ficbueu.com/xuvenil/






 
Podedes visualizar máis fotos na páxina de facebook do FIC.

GRAZAS OS ORGANIZADORES E VOLUNTARIOS DESTE FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL.