20 de xuño de 2020

A nosa páxina no Faro da Escola

Outro curso máis participamos no Faro da Escola aínda que desta vez é un Faro moi diferente, xa que cada centro educativo elaborou unha única páxina para facer un xornal colectivo. 📄

Aquí vos amosamos a nosa páxina!

Tamén podedes enviar ao longo do verán as vosas creacións a escola@farodevigo.es e serán publicadas nas Novidades do Faro da Escola:

19 de xuño de 2020

DESPEDIDA!!!

Despois deste inusitado trimestre, chega o verán e con el o fin de curso e as merecidas  vacacións!

Desde aquí queremos APLAUDIR o voso esforzo e colaboración. Desexarvos un feliz verán e dicirvos que a pesar da distancia estamos ao "voso lado".  

Un abrazo moi especial aos nenos e nenas de 6º curso que se despiden do colexio e desexarlles moita sorte na súa nova andaina.

MIL GRAZAS!!!

18 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2020

Estades preparados para as vacacións? Aquí están as RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO VERÁN 2020:

GOZADE DO PRACER DA LECTURA!
BO VERÁN!

Booktráiler feito por Érika Grela Bello, de VAMPIRA DE BIBLIOTECA, escrito por Ledicia Costas e ilustrado por Víctor Rivas, editado por Xerais

16 de xuño de 2020

16.06.20 Hora de Ler na Distancia con... Elena e Noa (2ºE.P.)

Hoxe temos a Hora de Ler na distancia con... Elena, Noa e as súas mamás, Noelia e Ángeles.

Lembra: sempre, tanto na terra como no mar, RESIDUOS CERO!

15 de xuño de 2020

DIPLOMA RECREOS RESIDUOS CERO 2019-2020!

Acabamos de recibir un DIPLOMA DO MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA E RETO DEMOGRÁFICO pola nosa participación no programa de RECREOS RESIDUOS CERO 2019-2020 de Teachers for Future.

Moitas grazas por axudar ao planeta coas vosas pequenas accións como, por exemplo, traer a merenda e a auga en recipientes reutilizables e tentar empregar menos plásticos, usar o composteiro, tirar cada residuo no contedor axeitado...

PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE!

15.06.20 Hora de Ler na distancia con... Antía (1º EP)

Hoxe temos a Hora de Ler na distancia con... Antía.

MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!

13 de xuño de 2020

13.06.20 MINUTOS MUSICAIS!!

Despedimos as audicións  con "Qué vendrá" da cantautora francesa ZAZ.

Unha canción que nos invita a vivir o presente con optimismo. Ese é o noso desexo nestas vacacións de verán que agardamos sexan de agrado para todos e todas. Unha aperta moi forte.

"Qué vendrá, qué vendrá
Yo escribo mi camino, sin pensar, sin pensar
Dónde acabará
Qué vendrá, qué vendrá
Yo escribo mi camino
Si me pierdo es que ya me he encontrado y sé
 Que debo continuar"

FELIZ VERÁN!!!

12 de xuño de 2020

FIADEIRO 2020!!!

  SORPRESA!
 Aquí está o noso  FIADEIRO ESPECIAL 2020.
Gozade coa súa lectura. Entra nos enlaces e le os códigos qr!

Para descargar o pdf fai click FIADEIRO

12.06.20 Hora de Ler na distancia con... NEREA (3º E.P.) e NICO (6º E.I.)

Hoxe temos a Hora de Ler na distancia con... Nerea e Nico.

MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!

11 de xuño de 2020

10 de xuño de 2020

XUÑO: COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE

Unha pequena acción:

EVITA USAR BOLSAS PLÁSTICAS!

10.06.20 Hora de Ler na distancia con... Juan (6º EP)

Hoxe temos a Hora de Ler na distancia con... Juan.

Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

9 de xuño de 2020

PRÉSTAMO DE VERÁN!

Xa está aquí o verán, as vacacións e tamén o  PRÉSTAMO DE VERÁN DA NOSA BIBLIOTECA!

1.- Entra no catálogo picando na Belusiña da marxe dereita do blog
2.- Escribe un correo a esta dirección: prestamobibliomontemogos@gmail.com co teu pedido de libros, revistas, vídeos, música, xogos… Recorda un máximo de tres unidades. Antes do 16 de xuño de 2020.
En asunto non esquezas pór os teus datos (nome e apelidos).
Podes elixir “Préstamo Sorpresa” e Belusiña escollerá os documentos para ti.
3.- Recibirás un correo de resposta coa data de recollida.
FELICES LECTURAS!

XUÑO: COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE!

Agora que chega o bo tempo, reflexionemos como temos que coidar o medio ambiente. Ollade esta curtametraxe...

Cal é a súa mensaxe?
Recorda cando vaias a praia ou a un espazo natural, o lixo  para casa, mellor que tiralo ou deixalo nas papeleiras da praia que pode voar e acabar no mar.

09.06.20 Hora de Ler na distancia con... Raúl (3º EP)

Hoxe temos a Hora de Ler na distancia con... Raúl.

Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

8 de xuño de 2020

8 de xuño: DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS. WORLD OCEANS DAY

Hoxe celebramos o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS para recordar o papel dos océanos na nosa vida cotidiana. Son os pulmóns do planeta, unha fonte importante de alimentos e mediciñas e unha parte esencial da biosfera.
A saúde de todos e todas depende duns océanos limpos e saudables:

Cada ano aproximadamente oito toneladas de plástico van parar aos océanos. Isto supón un risco para a flora e a fauna mariña e tamén para os seres humanos, poderiamos atopar eses plásticos no noso prato. Si esto non se para no 2050 haberá nos océanos máis plástico que peixes.

E ti... que fas para coidar o océano que te rodea, no que te bañas, do que te alimentas, do que gozas todos os días do ano?

Ánimo entre todos conseguiremos OCÉANOS LIMPOS!

PROPOSTAS LECTORAS: 

PLASTICUS MARITIMUS. UNHA ESPECIE INVASORA, escrito por Ana Pêgo e Isabel Minhós Martins, ilustrado por Bernardo Carvalho e traducido por Celia Recarey. Publicado por Kalandraka.

XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR, escrito por Rosa Aneiros, ilustrado por Andrés Meixide, Premio Merlín de Literatura Infantil 2019. Editado por Xerais.

08.06.20 Hora de Ler na distancia con... Iria (6º EP) e Sara (3º EP)

Hoxe temos a Hora de Ler na distancia con... Iria e Sara.

Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas!

7 de xuño de 2020

Día 84: 07.06.20. MUSEO MASSÓ

Cada semana o Museo Massó sube ao seu blog unha receita de cociña!
Estas receitas pertencen a "libreta de receitas" de Amalia Bolibar que se conserva no Museo.
Proba a cociñar estes apetitosos almendrados.
Visita o blog:
http://museomasso.blogspot.com/2020/05/recetario-de-amalia-bolibar-almendrados.html

6 de xuño de 2020

Día 83: 06.06.20 MINUTOS MUSICAIS!!

Onte día 5 de xuño celebramos o "Día Mundial do Medio Ambiente" e o vindeiro luns 8 de xuño é o " Día Mundial dos Océanos"Dúas datas de especial importancia dentro do PDI de centro e máis tendo en conta a situación actual de crise humanitaria na que nos atopamos.
Unhas datas para reflexionar e tomar conciencia da importancia de salvagardar entre todos e todas o medio ambiente  e os océanos para poder vivir en harmonía.

Canción "Agua" interpretada por Manolo García y Elefantes para sensibilizar sobre a situación de desigualdade na que se atopan moitas persoas para acceder a este ben tan prezado e imprescindible.. Cada vez que  escoites, visualices  ou compartas estas canción, estarás colaborando coa túa gota de auga coa ONG Oxfán Intermón.Coidar o planeta é cousa de tod@s!!!

FELIZ SEMANA!

5 de xuño de 2020

BLOG DO ALUMNADO!

Está en marcha un blog para que todas as nenas e nenos do centro podades escribir, compartir, debater... sobre temas diversos sempre desde o respecto e a tolerancia, onde a palabra sexa o máis importante.
Recordade que o público ao que vai dirixido é de Infantil e Primaria.

Agora mesmo está funcionando un CLUB DO CAMBIO CLIMÁTICO VIRTUAL, que se ía celebrar no centro pero pola pandemia do coronavirus é virtual.

Animádevos a participar!

5 de XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O lema do Día Mundial do Medio Ambiente de 2020 é "A HORA DA NATUREZA"

A biodiversidade é a variedade de seres vivos no planeta. Existen aproximadamente oito millóns de especies na Terra, vivindo cada unha nun ecosistema único.
A biodiversidade é a base de toda a vida no planeta, sin ela a saúde humana corre perigo: auga limpa, aiare puro, alimentos nutritivos todo depende da biodiversidade.

Xogamos? Responde ao cuestionario para comprobar canto sabes sobre a biodiversidade:

https://www.worldenvironmentday.global/es/sabias-que/prueba-tus-conocimientos

 Visita o blog de Orientación para informarte da campaña Revitaliza, na que participamos no noso colexio da man do alumnado de 4º de Primaria.

Entra no blog de Infantil e goza cos seus traballos e cancións.

CONSERVAR A BIODIVERSIDADE É A MELLOR VACINA!

Día 82: 05.06.20 Hora de Ler na distancia con... Eva (6º EP)

Hoxe temos a Hora de Ler na distancia con... Eva.

Envíanos a túa lectura:

Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas!

4 de xuño de 2020

ENTREVISTA DO CONSELLO DE COOPERACIÓN BIBLIOTECARIA

Hoxe, na páxina web do "Consejo de Cooperación Bibliotecaria" está publicada a entrevista e o vídeo resumo do noso proxecto gañador do SELO CCB 2019 : "MUJERES Y CIENCIA" a partir do proxecto do curso pasado "Habelas hainas... Her Story" e a nosa participación na II Feira da Ciencia e Literatura.

https://www.ccbiblio.es/entrevistamos-a-ma-jose-barros-para-conocer-el-proyecto-mujeres-y-ciencia-ganador-del-sello-ccb-2019/

Parabéns a todas e todos por este magnífico traballo colaborativo!

Día 81: 04.06.20 Hora de Ler na distancia con... profe Eva.

Hoxe temos a Hora de Ler na distancia con... profe Eva.

Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas!

3 de xuño de 2020

Día 80: 03.06.20 Hora de Ler na distancia con... Xián (5º EI)

Hoxe temos a Hora de Ler na distancia con... Xián.

Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas!

2 de xuño de 2020

Día 79: 02.06.20 Hora de Ler na distancia con... profe Sole

Hoxe temos a Hora de Ler na distancia con... profe Sole.

Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

1 de xuño de 2020

Día 78: 01.06.20 Hora de Ler na distancia con... Óliver (3º EP)

Hoxe temos a Hora de Ler na distancia con Óliver de 3º de EP