Amosando publicacións coa etiqueta Infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Infantil. Amosar todas as publicacións

4 de xuño de 2025

Visita á Ecogranxa Ríomouro

 As nenas e nenos de Infantil visitamos o pasado martes 3 de xuño a Ecogranxa Ríomouro en Poio.

O autobús e parte do prezo da excursión foron subvencionados pola Deputación de Pontevedra dentro do programa ambiental "Vive o Rural 2025".



Na ecogranxa interactuamos cos animais e participamos nos seus coidados, alimentándoos, peiteándoos, recollendo ovos...

Na horta, plantamos leitugas, sachamos, regamos e coñecemos o nome de diferentes plantas.

E tamén realizamos xogos colaborativos.

A merenda e a comida estaban riquísimas! E, por suposto, eran moi saudables!

Foi unha xornada moi especial e divertida!







24 de maio de 2024

Preparando as alfombras!

 Os nenos e nenas de Infantil están colaborando coa ANPA Cabo Udra na preparación de materiais naturais para a elaboración dunha alfombra floral para a festa do Corpus en Bueu.





Como nos gusta participar nas nosas tradicións!

21 de xuño de 2023

Teatro: A colleita de ratiño

Como despedida de ciclo e de curso o alumnado de 6º de Infantil, coa colaboración dos nenos e nenas de 5º de Infantil representaron unha adaptación do marabilloso álbum ilustrado: A colleita de ratiño.


Visita o blog de Infantil para gozar desta fantástica dramatización.

Parabéns a estes grandes actores e actrices pola súa actuación!

16 de xuño de 2022

As familias visitan o centro!

 Esta mañá familias do alumnado de Infantil e de novo ingreso estiveron coñecendo as instalacións do centro.

As nenas e nenos de 4º de Infantil guiaron as súas familias por todo o colexio e, xa na biblioteca, cantaron "Nadando sen parar" e contaron coa mesa de luz "Veo, veo" de Antonio Rubio, ilustrado por Óscar Villán, en editorial Kalandraka.


Os nenos e nenas de 5º de Infantil, dramatizaron e bailaron " A voda da pulga e o piollo" para todas as súas familias e, a continuación, realizaron unha ruta guiada.


Moitas grazas, familias por asistir!

Mil grazas rapazas e rapaces polas fantásticas representacións!
Foi un  momento moi divertido!

Dar a nosa benvida ao alumnado novo e as súas familias!