O xoves 21 de decembro celebramos o Festival de Nadal con panxoliñas, espectáculo de luz, representacións teatrais, bailes, humor...
Parabéns a todas e todos os artistas protagonistas do Festival de Nadal 2023!
A continuación, toda a comunidade educativa escoitamos as badaladas no pavillón, desexándonos un Feliz ano 2024!
Grazas á colaboración da ANPA Cabo Udravisitáronnos os Reis Magosde Oriente: Melchor, Gaspar e Baltasarcos seus respectivos paxes, para recoller as nosas cartas e facernos entrega dun fermoso agasallo.
Gozamos dunha fermosa xornada previa ás vacacións!
Os premios Sofía Novoa, da Deputación de Pontevedra, premiaron, na modalidade de Traballos Fin de Máster a Raquel Álvarez Martínez, por "Mulleres, Arte e Literatura: 3 vértices posibles dunha intervención didáctica promotora do desenvolvemento sostible na Educación Infantil". Investigación que relaciona a metodoloxía STEAM coa sostibilidade, o medio ambiente e a igualdade de xénero.
O noso alumnado de Infantil foi protagonista das actividades deste proxecto!
Tivemos a oportunidade de gozar con libros, científicos e literarios, relacionados cos diferentes campos e entrevistar a cinco científicas:
Susana Bastón, oceanógrafa, veciña de Bueu con raíces en Beluso.
Xa están aquí as recomendacións de lectura para este Nadal 2023!
Compartimos con todos e todas vós as GUÍAS DE LECTURAelaboradas pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, da que formamos parte.
Os libros, a música queren estar nas vosas cartas a Papá Noél e os Reis Magos!
Animádevos a mercar na nosa vila e nas súas librarías!
Grazas e parabéns a Mar Sanmartín Lorenzo, do CEIP P. Castrillón de Coiro, Cangas do Morrazo pola ilustración!
Viaxa co galego a universos paralelos. Desprega as páxinas...
Esta semana escoitaremos, durante o tempo de entrada, unha canción moi axeitada para estes días, Merry Christmas de Elton John e Ed Sheeran. Para Elton John é a segunda canción de temática navideña e a primeira para Ed Sheeran.
Merry Christmas é a primeira canción de temática navideña para Ed Sheeran e a segunda para Elton John.
Esta semana gozamos dunha lectura compartida, moi ben preparada, por rapazas voluntarias de 6º de Primaria: Lucía, Daniela, Sofía, Carmen, Rami, Elena, Saínza, Noa e Iria, coa colaboración de Saúl.
O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB
DE LECTURA PARA ADULTOS”.
É unha oportunidade para crear momentos especiais arredor
da lectura, compartir tempo e opinións,
Todas as persoas da comunidade estades convidadas a
participar.
Temos previstas xuntanzas periódicas a partir do mes de
xaneiro, probablemente os martes en horario de 18,15 a 19,30h. aproximadamente,
na biblioteca do colexio.
Se estades interesadas en participar no club, agradecémosvos
que cumprimentedes o formulario online https://forms.gle/TkBnn6oQYCC5ajmT9poñerémonos
en contacto convosco. A data límite para inscribirse será o 20 de decembro.
A primeira lectura será “Los ingratos” de Pedro Simón.
Ao longo desta semana gozamos na biblioteca das diferentes propostas presentadas para conmemorar o Día da Diversidade Funcional, intentando realizar actividades, xogos doutra maneira...
Iniciamos esta curta semana recordando que o 3 de decembro conmemoramos o Día da Diversidade.
Cada persoa ten as súas capacidades e os seus talentos. Somos diferentes. Somos especiais!
Esperámoste na biblioteca con diferentes propostas para ver o mundo con outros anteollos!
ElLangui creou o tema #NoHayLímites inspirándose no Manifesto da Fundación Adecco, unha declaración de principios e actitudes baseados no respecto e o valor da diversidade como principais bandeiras para alcanzar a normalización e inclusión social das persoas con discapacidade.
Para facer o videoclip, El Langui contou coa participación de Pablo Pineda, primeiro universitario europeo con síndrome de Down; Raquel Domínguez, deportista con discapacidade e Joan Pahísa, Diplomado e Doutorando en Enxeñería Informática, escritor e deportista de talla baixa.
“Ponte no lugar do outro e mírao de fronte, á mesma altura, sen cualificativos nin etiquetas”.
O luns 27 e o martes 28, todo o alumnado de Infantil e Primaria, tivemos a sorte de realizar obradoiros de iniciación á electrónica e a programación.
Construimos unha postal luminosa, cosemos un boneco e-téxtil, actividades con Scratch e coa placa Makey Makey. Desenvolvemos destrezas manipulativas como coser, debuxar, cortar, pegar da man de Paola Guimerans.
Paola Guimeráns é experta no campo dos e-téxtiles aplicados á educación. Licenciada en Belas Artes, cursou estudos de MFA Design and Technology no Parsons School of Design, Nova York, e traballou no NY Fashion Technology Lab. É Doutora pola Universidade Complutense de Madrid. O seu traballo propón novos métodos de ensino desde un enfoque multidisciplinar e desde as oportunidades artísticas emerxentes, ambos os ligados ao campo dos vestibles, e os e-téxtiles, nun marco cultural participativo e colaborativo propio da era dixital. É autora da plataforma de recursos PrototipadoLAB e fundadora da iniciativa Aula STEAM.
Esta semana escoitaremos Naos, unha muiñeira do grupo Boroa.
Boroa é un grupo de Ribeira liderado por Sabela Olivares na gaita, piano, pandeireta e voz acompañada por Suso Bello á guitarra e voz e Alberto millán ao baixo.
Boroa crea un mundo sonoro coa gaita como protagonista alén de fronteiras para achegarnos harmonías de diferentes xéneros musicais pasados polo filtro acústico: folk tradicional galego, swing, jazz manouche, ragtime...
O xoves 23 en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Bueu realizamos Obradoiros para concienciarnos dos diferentes tipos de violencia, do consentimento, de saber dicir non, de que non existen xoguetes diferentes para nenos e nenas, de que todos e todas podemos realizar todo tipo de traballos... Poñer en valor o respecto cara os demais.
Acompañados e acompañadas por diferentes persoas da comunidade educativa realizamos a IV Marcha contra a Violencia de Xénero e posterior lectura do manifesto escrito polo alumnado de 6ºde Primaria.