31 de xan. de 2020

CONTOS POLA PAZ 3

Durante a Hora de Ler un grupo de voluntarios de 6º dramatizaron dous contos: CERCA e NECESITO UN ABRAZO para o alumnado de Infantil.





DÍA DA PAZ 2020

Conmemoramos este día con diferentes actividades:
-O alumnado de 5º de Primaria presentou o seu traballo de investigación "AKAMASOA, A CIDADE QUE XURDIU DO LIXO. PEDRO OPEKA". En diferentes cursos realizaron pequenos traballos de investigación.


-Actividade colectiva, un mural con veleiros con mensaxes de YOU CAN CHANGE THE WORLD, TI PODES CAMBIAR O MUNDO.


-Cantamos  a canción de María Fumaça: O VELEIRO VERDE
-Exposición de Bibliografía:

TI PODES CAMBIAR O MUNDO!

30 de xan. de 2020

MÚSICA POLA PAZ


  Dende o ano 1964 celébrase cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nesta data conmemórase a morte de Gandhi, a quen curiosamente non lle foi nunca concedido o Premio Nobel da Paz.
  Esta semana escoitamos a canción O VELEIRO VERDE  de María Fumaça.


                                                     GOZADE COA MÚSICA!!!

29 de xan. de 2020

CONTOS POLA PAZ 2

As rapazas e rapaces de 3º e 4º de Primaria, durante a Hora de Ler, estiveron na biblioteca escoitando aos seus compañeiros de 6º que lles contaron dúas preciosas historias.

Carla, José Ángel e Andrés emocionáronnos con A viaxe das bolboretas escrito por Paula Carbonell e ilustrado por Chené Gómez editado por OQO, onde os protagonistas fannos valorar a amizade e o compañerismo.



Eva, Brais e Juan contaron: A historia do touro FERDINANDO, escrito en 1936 por Munro Leaf e ilustrado por Robert Lawson que nos anima a non xulgar polas apariencias; traducido por Xesús Fraga na editorial kalandraka.


BIBLIOLAB: OBRADOIROS NO LABORATORIO

Si queres observar, experimentar... hoxe no laboratorio estarán as voluntarias e voluntarios de 6º dispostos a colaborar contigo

Foi un recreo fantástico! Viva a CIENCIA!








Realizamos dúas experiencias. Queredes máis? Estade atentos ao próximo obradoiro...

28 de xan. de 2020

CONTOS POLA PAZ 1

O martes 28, tres rapazas de 6º, Iria, Ainhoa e Aixa contaron para 1º e 2º de Primaria o conto titulado "ABRÁZAME" escrito por Simona Ciraolo. editado por sm.
Un precioso álbum ilustrado que narra unha historia preciosa sobre o cariño, a soidade e a necesidade de apertas.

Moitas gracias por estar tan atentos e atentas a esta preciosa historia!

27 de xan. de 2020

PREGUNTAS

1.- En que hemisferio está situada a Antártida?
2.- Aquí estamos en inverno, en que estación están na Antártida?
3.-En que data foi liberado o campo de concentración de Auschwitz? Día-Mes- Ano

75 ANOS DA LIBERACIÓN DE AUSCHWITZ

Iniciamos a SEMANA POLA PAZ E NON VIOLENCIA cun aniversario moi especial, hoxe 27 de xaneiro hai 75 anos da liberación do Campo de Concentración de Auschwitz (Oświęcim, Cracovia. sur de Polonia).


Un campo de concentración é unha instalación destinada a recluír persoas pola súa oposición a un réxime político, pola súa etnia ou relixión ou pola súa orientación sexual.


Durante a Segunda Guerra Mundial construíronse máis de 15.000 campos de concentración e exterminio ao longo e ancho de todo o territorio controlado pola Alemaña nazi. Auschwitz era un complexo formado por diversos campos de exterminio. Tiña capacidade para 400.000 prisioneiros. Ao longo dos cinco anos que permaneceu aberto, máis de 1.300.000 persoas foron enviadas alí, morrendo o 90% delas.
Auschwitz é o símbolo do terror e o Holocausto.

TODA LA MAGNITUD DEL CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE AUSCHWITZ, documental CNN en español





24 de xan. de 2020

CONEXIÓN ANTÁRTIDA

Esta mañán o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º realizou unha vídeo-conferencia coa Base Científica española da Antártida. Mantiveron unha charla moi didáctica con Joan que, amablemente, respondeu as preguntas sobre o seu traballo diario, anécdotas e curiosidades... Falamos tamén da actividade científica que se leva a cabo.


Agradecémoslle a Álvaro,  pai de Mara, que nos puxera en contacto con Joan. E, por suposto, a Joan pola súa disponibilidade e amabilidade.

24 DE XANEIRO: DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

A educación é a clave para o desenvolvemento sustentable e o crecemento humano.

Cando se adoptou a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, a comunidade internacional recoñeceu que a educación é esencial para o éxito dos seus 17 obxectivos.
O Obxectivo número 4 de Desenvolvemento Sustentable ten como obxectivo “garantir unha educación de calidade inclusiva e equitativa e promover oportunidades de aprendizaxe permanente para todos” 
https://www.un.org/es/observances/education-day


Hoxe, 24 de xaneiro é o "DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN", sin educación non hai futuro.

A educación proporciona as capacidades e coñecementos críticos necesarios para converternos en cidadáns empoderados, capaces de adaptarse ao cambio e contribuír á sociedade.
 
 "A educación non é preparación para a vida; a educación é a vida en si mesma"  Jhon Dewey

23 de xan. de 2020

Dramatización "SETE RATIÑOS CEGOS"

O mércores 22, o alumnado de 6º de Infantil deleitounos cunha magnífica adaptación do libro "SIETE RATONES CIEGOS" un marabilloso álbum ilustrado escrito por Ed Young.
Podedes escoitar o conto no blog de Infantil.
MOITAS GRAZAS A ESTOS FANTÁSTICOS ACTORES E ACTRICES.
PARABÉNS!

22 de xan. de 2020

CAFÉ LITERARIO CON FERNANDO MIRANDA

O martes 21 de xaneiro, as nenas e os nenos de 1º de Primaria entrevistaron a FERNANDO MIRANDA na cafetería O Couto.
Fernando é propietario dunha libraría en Bueu e promotor de encontros literarios.
Encantoulles a experiencia e, como non, os agasallos que lles fixo Fernando: o libro "Un Ronsel de Ardora", a pequena biografía de Angeles Alvariño que xa deron boa conta da súa lectura e uns fantásticos pomperos.








                                     
MOITAS GRAZAS FERNANDO POR PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE E A CAFETERÍA O COUTO POR DEIXARNOS O SEU ESPAZO PARA ESTA CHARLA TAN ESPECIAL!

CHEA DE VIDA

   Esta semana entramos no cole ao ritmo da canción de GUADI GALEGO "CHEA DE VIDA".
  Guadi Galego comezou a súa formación de música dende moi nova. Dende o ano 1997 foi gaiteira, pianista e vocalista no grupo Berrogüetto.


 GOZADE COA MÚSICA!!!

21 de xan. de 2020

Rede de apoio á lectura

O alumnado voluntario da Biblioteca Escolar está a desenvolver unha labor moi importante apoiando ao alumnado de 1º e 2º na lectura. A través desta colaboración, a Hora de Ler transfórmase nun tempo de interacción e de axuda entre o alumnado.

10 de xan. de 2020

Lectura de manuais na Biblioteca Escolar

Paso a paso, LENDO as instruccións, hoxe a biblioteca convertiuse nun marabilloso obradoiro. A través da cooperación, o alumnado de 6º de Primaria foi quen de montar unha mesa de luz e unha mesa con motor para o recuncho BIBLIOMAKER.






PREGUNTA DA SEMANA

  • QUE É UNHA ECLIPSE?

10 DE XANEIRO: ECLIPSE LUNAR

Hoxe iniciamos no Club de Lectura de 6º o libro escrito por Ricardo Gómez: "OJO DE NUBE" editado por sm. Que casualidade! A vida do pobo indio protagonista está moi influenciada pola Lúa!

E neste lusco e fusco será a primeira eclipse penumbral de lúa deste 2020. Será visible en África Oriental, Asia, Oceanía e case toda Europa. Ademais, a deste venres é a primeira Lúa chea do ano, coñecida popularmente como "Lúa do Lobo" ou "Lúa vella". Antigamente críase que nesta data os lobos comunicábanse máis forte, a maior distancia e que saían a cazar con maior voracidade.

Unha eclipse sucede cando a Lúa sitúase aliñada co Sol e a Terra, de forma que o noso planeta proxecta a súa sombra sobre ela e escurécea. En función de como o noso satélite cruza a sombra do noso planeta prodúcese un tipo de eclipse ou outro. De feito, a sombra que o noso planeta proxecta está formada pola umbra e a penumbra. A umbra é a zona na que a luz do Sol queda totalmente bloqueada pola Terra. Na penumbra, en cambio, só unha parte da luz solar queda tapada.
Que é unha eclipse penumbral? Unha eclipse penumbral é unha eclipse lunar que ocorre cando a Lúa mergúllase por completo no cono penumbral da Terra sen tocar a umbra (a sombra escura).  As eclipses deste tipo apenas son perceptibles.

 GOZA OBSERVANDO O FIRMAMENTO ESTE ATARDECER!

7 de xan. de 2020

ANA MERINO: PREMIO NADAL 2020

Como cada ano desde 1944, tivo lugar una das últimas tradicións de cada Nadal, coincidente desde fai máis de sete décadas co Día de Reyes.
Un ano máis, fallouse o Premio Nadal, o galardón literario máis antigo do noso país. A gañadora desta 76ª edición foi a poeta e narradora Ana Merino (Madrid, 1971) que resultou vencedora pola súa novela O mapa dos afectos, o intimista relato das vidas de varios habitantes dun pequeno pobo estadounidense onde se entrecruzan toda clase de emocións.  Entre os galardonados  atópanse autores da talla de Carmen Laforet, Rafael Sánchez Ferlosio, Carmen Martín Gaite, Ana María Matute ou Miguel Delibes.

6 de xan. de 2020

"EL REGALO QUE YO QUIERO"

Nesta noite máxica soña, le, escoita, recita...

EL REGALO QUE YO QUIERO
Yo no deseo un regalo
que se compre con dinero.
He de pedir a los Reyes
algo que aquí no tengo:
pido dones de alegría
y la canción de un jilguero,
y la flor de la esperanza
y una fe que venza el miedo.
Pido un corazón muy grande
para amar al mundo entero.
El regalo que yo quiero.

GLORIA FUERTES 

Neste segundo trimestre POESÍA SEMPRE POESÍA